Esta semana almorzamos POP

Michael Joseph Jackson, nado en Gary, Indiana o 29 de agosto de 1958 e finado nos Ánxeles o 25 de xuño de 2009, máis coñecido simplemente como Michael Jackson, foi un cantautor, actor, músico, bailarín e home de negocios estadounidense. Chamado o Rei do Pop,a súa contribución á música, ó baile, á moda, xunto coa súa publicitada vida persoal, fixeron del unha figura da cultura popular durante catro décadas.

Debutou na música profesional a carón dos seus irmáns como membro dos Jackson 5 en 1968, e comezou a súa carreira en solitario en 1971. A comezos dos anos 1980, Jackson converteuse na figura dominante da música popular. Os vídeos musicais das súas cancións, como "Beat It", "Billie Jean", e "Thriller", considéranse rompedores das barreiras raciais e transformadores do medio nunha arte e nunha ferramenta de promoción. A popularidade deses vídeos axudou a elevar á fama a MTV, daquela unha canle relativamente nova. Con vídeos como "Black or White" e "Scream", continuou a innovar no medio ó longo da década de 1990, ademais de forxarse unha reputación como artista das xiras mundiais. A través das actuacións nos escenarios e nos vídeos, Jackson popularizou unha morea de complicadas técnicas de baile, como o robot e o moonwalk, ós cales el deu nome. O seu distintivo son e estilo influíron en numerosos artistas de hip hop, post-disco, R&B contemporáneo, pop e rock.

FONTE: https://es.wikipedia.org/wiki/Mike_Oldfield

 

Michael Gordon Oldfield, nado en Reading (Berkshire) o 15 de maio de 1953, é un músico solista multinstrumental e compositor inglés. O seu estilo é moi amplo, e varía entre o rock ou rock progresivo, a música étnica ou de raíz, a clásica e a electrónica