Esta semana almorzamos BB King

Riley B. King, nado en Itta Bena, Mississippi, o 16 de setembro de 1925, e finado en Las Vegas o 14 de maio de 2015, foi un cantante e guitarrista de blues.

Nado nunha cachoupa nunha plantación de cotón preto de Berclair, foi criado pola súa avoa materna Elnora Farr en Kilmichael. Adquiriu unha cultura musical básica no coro de gospel da igrexa baptista desa localidade. Traballou como condutor de tractores.

Comezou de guitarra no Famous St. John's Quartet en Inverness, tocando en igrexas e en radios comarcais.

En 1947, B. B. King gravou con RPM Records en Los Angeles. Un dos seus descubridores e produtores foi Sam Phillips, quen máis adiante fundou a fundamental Sun Records.

En febreiro de 1952, acadou o seu primeiro número un no Billboard Rhythm and Blues co tema 3 O'Clock Blues; a partir de aí encadeou unha serie de sucesos de vendas, todos eles ligados ao blues e caracterizados polo xeito singular de tocar a súa guitarra Lucille. Asemade, emprendeu xiras con numerosas actuacións por todo o país. Chegou a crear o seu propio selo discográfico: Blues Boys Kingdom. Máis adiante gravou para ABC, MCA, Reprise/Warner Bros. e Virgin/EMI.

Moi recoñecido polas novas figuras brancas do Rock e do Blues, dende Elvis Presley a U2, pasando polos The Rolling Stones e Eric Clapton, acadou un premio Grammy polo tema The Thrill is Gone, gañou sona internacionais con espectáculos por todo o mundo, incluída Galicia e pertence ao Blues Hall of Fame e ao Rock and Roll Hall of Fame.

FONTE: https://gl.wikipedia.org/wiki/B.B._King