Skip to Content

REBORRADIO 

 

PINTORES E OBRAS

Neste enlace poderás encontar información sobre miles de autores e as súas obras.

 A   WIKIPEDIA da pintura.

                                            

8 de Marzo DÍA DA MULLER

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller , dende a Biblioteca

recomendamos algunhas lecturas que poden dar lugar á reflexión:

"O PAÍS DOS MANDÓNS " e " O SEGREDO DE FLORA".

       

      No País dos Mandóns  uns   cantos 

  mandan  sobre   o resto e non  permiten 

  que as  nenas, as mamás ou as   avoas,

  xoguen, saian ou traballen fóra das súas

  casas. 

 

                   

No Segredo de Flora  ,Flora ten un segredo fantástico, aprendeu unhas

palabras máxicas que a axudan a non sentir enfados nin ganas de pegar:

         “1,2,3 o enfado polas mans. 

                         1, 2, 3 o enfado polos pés. 

                                      1, 2, 3,o enfado xa se vai. 

                                                               1,2,3 o enfado xa o botei” 

 

 

 

EL INCREIBLE NIÑO COMELIBROS

Escuha esta historia sobre lo que le ocurre al protagonista de

" El increible niño comelibros" .

 

 

 

"Os Fillos Do Mar" unha lectura para adultos.

Dende a biblioteca recomendámosvos a lectura de " Os fillos do mar", do escritor Pedro Feijoo (Vigo 1975).

"Os fillos do mar " a primeira novela deste escritor, foi finalista do prestixioso Premio Xerais de Novela 2011 e gañadora do Premio Literario "Arcebispo Juan de San Clemente" 2013,sendo un fenómeno literario en Galicia , con cinco edicións completas en menos dun ano, e clamor unánime por parte da crítica e público.

 

                                 

                                                                    Pedro Feijoo

O escritor se nutre dos rincóns e edificios da cidade de Vigo para ambientar a súa obra, que relata unha peculiar busca do tesouro de Rande por parte dos nazis.

 


UN POUCO DE POESÍA

Recurso moi interesante para empezar a traballar a rima.

Se picas na imaxe, estes cinco xenios da literatura te ensinarán a compoñer as túas propias poesías.

 

 

Xavier P. Docampo premiado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) acordou outorgar ao escritor Xavier P.Docampo o galardón "Escritor na súa Terra - Letra E" neste 2014.

Mestre xubilado ,actor de teatro , autor e director de guións para cine,radio e vídeo e tamén co-autor das series Canles e Labia de libros de texto para o ensino en Lingua Galega , publicados por Xerais.

Autor dunha extensa obra narrativa , ten traducidos boa parte dos seus títulos nas linguas peninsulares.

Entre as súas obras para un público infantil e xuvenil están:Cando petan na porta pola noite,(Xerais 1994),  O armario novo de Rubén (Xerais 1989), A nena de auga e o príncipe de lume (Xerais 1990-2012), A casa do porco bravo e Roxelio e a couza (Xerais 1991); Adelaida, Henrique e demais familia (1996); Nube de neve (2000), ¿Víchela, víchela? (2001), Os ollos de Ramón (2001); A decisión de Valerio (Xerais, 2005)

                                         

 

 

Contos con PICTOGRAMAS

Os contos con pictogramas, son contos nos que se sustitúe algunha palabra por unha imaxe que significa o mesmo. Este é un recurso que favorece a concentración e estimula a imaxinación dos primeiros lectores.

Propoñemos unha lectura en familia desta colección de contos con pictogramas.

 

                                          

Charlie y la fábrica de chocolate de Roald Dahl

Seguindo o itinerario lector, os alumnos e alumnas de 6º están a ler

"Charlie y la fábrica de chocolate" de Roald Dahl.

Este vídeo mostra un fragmento desta obra levada ao cine.

 

Fíxate nos   cambios que observas despois de ler o capítulo 

correspondente.

 

 

Día da Ilustración en Galicia

O goberno galego escolleu o 30 de xaneiro como Día da Ilustración por ser o aniversario do nacemento de Afonso  Daniel Rodríguez Catelao, " pai da ilustración galega ".

Destaca así  a importancia do deseño e a ilustración no libro e na lectura, e tenta poñer en valor o sector da ilustración en Galicia.

 Miguelanxo Prado,  gañador do Premio Nacional de Cómic 2013, foi o autor do cartel que conmemora o Día da Ilustración 2014.

 

 

                        

 

 

30 DE XANEIRO : DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro, se celebra en todo o mundo o   Día escolar da Paz e non

violencia, ainda que esta  debe  ser unha " celebración"   para todos e cada

un dos días do ano.

  Con algunha destas lecturas, recomendadas polo equipo de biblioteca,

  podemos   empezar a traballar pola Paz e non violencia.

           

                             

                                                                                                 

 

                           

 

 



by Dr. Radut