Fondo Solidario de Libros de texto e axudas para libros e material escolar para o curso 2022/2023

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 

                                                                                                                   

BENEFICIARIAS
As familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

 a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).

No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma EDIXGAL con libros electrónicos.

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e EE.

 

Cálculo da renda per cápita da unidade familiar: sumar os recadros 435 e 460 da declaración ou declaracións e dividir entre o número de membros da unidade familiar. Aquelas familias que non fixeron declaración da renda correspondente ao ano 2020 deben ter en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT. No caso de que algún membro da unidade familiar teña recoñecida algunha discapacidade (igual ou superior 33%), dito membro computa por dous.

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: do 19 de maio ao  22 de xuño (ámbolos dous inclusive) 

As solicitudes presentaranse:

  1. Por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)
  2. De xeito presencial no centro (pode descargar o impreso no enlace que figura máis abaixo).

MOI IMPORTANTE: tanto para ter dereito ás axudas como para acollerse ao fondo solidario é obrigatorio devolver no centro os libros correspondentes ao Fondo Solidario do curso 2021/2022 ao remate do presente curso escolar, agás os cursos de 1º e 2º de EP, por ser de carácter funxible.

Para máis información ou calquera dúbida preguntar chamando ao teléfono 881 930 322

AdxuntoTamaño
AnexoI.pdf1.61 MB
AnexoII.pdf990.25 KB