Skip to Content

Bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023

O sábado 10 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.

Modifícanse os prazos e o procedemento de xestión das solicitudes.

O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

Nunha 1ª Fase preténdese realizar as comprobacións económicas.
As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.

Nunha 2ª fase informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede.
Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.

Máis información na seguinte ligazón:

Portada - Becas y ayudas para estudiantes | Ministerio de Educación y Formación Profesional (becaseducacion.gob.es)

 

Comunicación conxunta das Consellerías de Educación e Sanidade

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.

O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España. Moitas grazas pola súa colaboración. 

fin_de_recomendacion_de_mascaras_nos_patios_.pdf (xunta.gal)

Proceso de admisión 2022-2023

CALENDARIO

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 1 ata o 21 de marzo.

A solicitude será única segundo o modelo Anexo II. Hai 3 vías de presentación: 

OPCIÓN 1

Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro. https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

OPCIÓN 2

Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.


IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

OPCIÓN 3

CubrIr a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G-20222023.pdf

Entroido

Boa tarde familias: 

Informamos de que o próximo 25 de febreiro festexaremos o Entroido. 

O venres 25 o alumnado poderá vir disfrazado do que desexe (disfrace libre). 

Durante esa semana do 21 ao 24 teremos os mandatos do meco que están relacionados co proxecto do centro, as olimpiadas e paraolimpiadas. Adxuntamos un documento cos mandatos. 

 

Gracias

Un saúdo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut