Skip to Content

Días non lectivos

O martes día 7 de decembro e o xoves 9 de decembro sí haberá clases lectivas

O lunes 6 de decembro, o mércores 8 e o venres 10 de decembro non haberá clases lectivas.

Un saúdo.

Videoclip "Chama e denúnciao xa"

O CEIP de Bormoio-Agualada conmemora o 25 de novembro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O videoclip foi gravado e realizado pola equipa de Velaísca (concretamente Matías Zelarayán e Antía Vázquez). O alumnado interpretou "Chama e denúnciao xa" e gozou moito coa actividade. O profesorado e o persoal non docente tamén participaron. Gracias a eles e a elas, Agualada é un lugar especial.

Para acceder ao vídeo premer na imaxe.

O noso patio

Temos un parque novo para Educación Infantil.

Que ben o pasamos!

Álbum: Curso 2021/2022 -> O noso patio

Espectáculo navideño

O luns 20 de decembro do 2021, o alumnado de Educación Infantil e Primaria fará un pequeno espectáculo navideño no Concello de Coristanco para as familias. Será pola mañá. 

Máis adiante, vos informaremos das condicións. 

Gracias pola vosa colaboración. 

 

Máscaras

Hoxe, 29 de novembro do 2021, enviaremos unha autorización conforme a que aceptades a entrega de 5 máscaras hixienicas, de acordo coa ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22. 

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-081121-0001_gl.pdf

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut