Skip to Content

Vendima en Educación Infantil

Álbum: Curso 2021/2022 -> Vendima en Educación Infantil

Talleres sobre os cambios na adolescencia.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Talleres sobre os cambios na adolescencia

Consello Escolar

Lembráde que o luns 22 de novembro son as votacións ao Consello Escolar. 

O horario é o seguinte: 

-Persoal de Administración e servizos: 12.00 h

-Profesorado: 16.00 h

-Pais, nais e titores/as legais do alumnado: 9.00 a 10.00 h; de 13.30 a 14.30 h; de 17.00 a 17:45 h. 

 

Consello Escolar.

Hoxe, 11 de novembro do 2021, remata o prazo de presentación de candidaturas ao consello escolar. 

Prensa na escola

Prensa-Escuela é unha aposta de La Voz de Galicia, para que o xornal chegue á escola e se converta nun elemento pedagoxico no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria está gozando deste proxecto. 

Obxectivos para o alumnado:

  • Sexan capaces de usar a prensa como un recurso didáctico que facilite o desenvolvemento das súas actitudes e destrezas persoais, tales como a creatividade, a educación para o lecer, o estudo do medio e a inserción en grupos e servizos sociais, así como toda clase de opcións das que o xornal se fai eco cada día nas súas páxinas.
  • Aprendan a ler a prensa, a expresar libremente a súa opinión, a debater en grupo e a desenvolver o seu sentido crítico.
  • Teñan acceso ao mundo dos medios de comunicación e coñezan a súa organización e desenvolvemento, así como a súa influencia na sociedade.
  • Implíquense, cando sexa posible, na solución dos problemas que o xornal publica a diario.

Para más información: 

https://www.prensaescuela.es/gl/

 

Álbum: Curso 2021/2022 -> Prensa na escola
Distribuir contido


by Dr. Radut