Skip to Content

Recitamos a Rosalía no seu día.

Deixámosvos a ligazón ao blog da biblio para que poidades ver o vídeo coas vosas participacións na conmemoración do Día de Rosalía. Agardamos que gocedes co seu visionado. Moitas grazas a todos e todas e feliz finde!

 

http://anosabiblio.blogspot.com/2021/02/dia-de-rosalia.html

Plan de Continxencia e Horario Espello

Xuntamos o Plan de Continxencia do centro, que inclúe á súa vez o Horario Espello. Estes documentos están actualizados a novembro de 2020 e reflicten cal sería a organización do colexio de vernos obrigados a recurrir ó ensino virtual. Aclarar que o Horario Espello estaría en funcionamento unicamente no caso de peches temporais. Queda á vosa consulta e estamos aquí para calquera dúbida ou aclaración.

PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID19 - PLAN DE CONTINXENCIA - PLAN DE ACOLLIDA

Poñemos á vosa disposición o Plan de Adaptación ao Contexto COVID-19, o Plan de Continxencia e o Plan de Acollida do noso centro, documentos actualizados en base á última normativa publicada pola Consellería.

 

CAFI | Consellería de Educación, Universidad y Formación Profesional

REUNIÓNS INFORMATIVAS PRINCIPIO DE CURSO 2020/2021 COS TITORES/AS

Debido á situación de excepcionalidade que vivimos, as reunións de inicio de curso das familias cos titores/as, realizaranse os días 7 e 8 de setembro para que poidan estar informadas de todas as medidas que se están tomando para a seguridade dos seus fillos e fillas. Por iso é moi importante a asistencia.

As datas e horarios son os seguintes:

4º E.I. (3 anos)  Luns 7 ás 10:00 h.

5º E.I. (4 anos)  Luns 7 ás 11:00 h.

6º E.I. (5 anos)  Luns 7 ás 12:00 h.

             1º E.P.  Martes 8 ás 12:00 h.

             2º E.P.  Martes 8 ás 13:00 h.

             3º E.P.  Martes 8 ás 10:00 h.

             4º E.P.  Martes 8 ás 11:00 h.

             5º E.P.  Martes 8 ás 11:30 h.

             6º E.P.  Martes 8 ás 10:45 h.

IMPORTANTE!!!

Só poderá asistir un proxenitor/a ou representante por alumno/a, debido ás restricións de números de persoas en reunión, que as autoridades sanitarias teñen decretado na nosa cidade. 

A persoa que asista deberá vir con máscara e un bolígrafo para cubrir a folla de actualización de datos que se dará e asinar a declaración responsable. Os que envíen a algún representante, entregarán eses documentos no centro, a través do alumno/a, o primeiro día de clase. A listaxe de material darase nesta reunión.

Para calquera aclaración, poden chamar ao 981 248796 en horario de 9 a 14h. Lembramos que esta canle de Whatsapp só é para que o colexio envíe este tipo de avisos, non se contestarán ás mensaxes recibidas.

 

COMEZO DO CURSO 2020/2021

Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21

 

OS DÍAS DE INCORPORACIÓN DO ALUMNADO SERÁN OS SEGUINTES:

Día 10 de setembro

4º E.I. (3 anos) 11:30 h
5º E.I. (4 anos) 9:30 h
1º E.P. 9:20 h
2º E.P. 9:20 h
3º E.P. 9:10 h

 

 

Día 11 de setembro e seguintes: 

4º E.I. (3 anos) 11:30 h **Durante o período de adaptación
5º e 6º E.I. (4 e 5 anos) 9:30 h
1º e 2º E.P. 9:20 h
3º e 4º E.P. 9:10 h
5º e 6º E.P. 9:00 h

 

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020-2021

 

ORDE do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Artigo 5. Actividades lectivas

1. No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2020 (modificado pola instrución antes citada, de incorporación gradual) ao 22 de xuño de 2021, ambos inclusive.

Artigo 6. Períodos de vacacións

          1. Nadal: desde o día 23 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021, ambos inclusive.

          2. Entroido: días 15, 16 e 17 de febreiro de 2021.

          3. Semana Santa: desde o día 27 de marzo ata o 5 de abril de 2021, ambos inclusive.

Artigo 7. Días non lectivos

          2. Este curso é festivo local o día 7 de outubro (Día do Rosario) polo que o centro pode elixir un día non lectivo de libre elección que aínda está por decidir.

          3. Establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos: no curso 2020/2021 se celebrará o 7 de decembro de 2020.

Disposición adicional segunda. Período de adaptación 4º Ed. Infantil.

                                        Do 10 ao 16 de setembro: De 11:30 a 13:30 h.

                                        Do 17 ao 25 de setembro: De 10:30 a 13:30 h.

                                        A partir do 28 de setembro: De 9:30 a 13:30 h.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2020/2021

Estimadas familias,

Como xa sabedes, os que levades varios anos no nos colexio, ningún ano é fácil a organización e consecución de actividades extraescolares. Por ende, este ano temos a dificultade engadida de toda a problemática derivada do covid-19.

É por iso que pedimos a vosa colaboración respondendo á enquisa da que vos pegamos enlace, para poder ter información dos vosos intereses e así poder ir facendo xestións canto antes e intentar facer todo o posible para que se leven a cabo.

Na propia enquisa tedes a información que ata o de agora vos podemos trasladar sobre as actividades.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScfo-duQ3sxUcwwfnhUcSzuCk67X3pnZZAT6qTgA-kDb6XkEQ/viewform

 

Tedes información sobre os protocolos das actividades nos arquivos adxuntos e neste enlace tedes un vídeo de baloncesto:

https://www.youtube.com/watch?v=zNldsYNvvpY&feature=youtu.be

 

Coma sempre, calquera dúbida que teñades, preguntádenos sen problema.

Moitas gracias de antemán pola vosa colaboración.

Un saúdo,

ANPA SARDIÑEIRA COLEXIO JOSÉ CORNIDE SAAVEDRA

A Coruña, 26 de Agosto de 2020

 

ANPA SARDIÑEIRA José Cornide · Correo electrónico: anpa.sardinheira@gmail.com · Whatsapp: 693 39 93 25

INFORMACIÓN DA ANPA SOBRE O INICIO DO CURSO 2020-2021

No apartado da ANPA desta páxina web ou neste enlace, tedes información sobre a organización das actividades xestionadas pola ANPA para o curso 2020/2021 (Comedor, Madrugadores, Extraescolares) así como a inscrición coma socios, moi importante para recibir información de primeira man.

INFORMACIÓN FIN DE CURSO

Benqueridas Familias!

O vindeiro venres 19 de xuño, remata oficialmente o curso escolar 2019/2020.

Ao igual que na 2ª avaliación, as cualificacións publicaranse na aplicación Abalar Móbil. Seguindo instrucións da Consellería, este curso non haberá terceira avaliación, polo que as cualificacións serán Ordinarias ou Finais.

Nesta ligazón tedes máis información sobre a aplicación e como descargala.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/servizos-dixitais/app-de-comunicaci%C3%B3n-abalarMobil-para-familias

É importante que o fagades xa que o venres 19 publicaranse as notas finais deste curso 2019/2020 e esta será a única canle para poder velas neste momento, debido á situación na que nos atopamos.

Esta vai ser a canle principal de comunicación do centro coas familias a partires de agora, ademais da páxina web do centro.

Con respecto ao próximo curso, en canto teñamos instrucións da Consellería sobre o seu desenvolvemento, publicarémolo neste páxina web.

Finalmente, queremos deserxarvos a todos e a todas un feliz verán e agradecervos o enorme esforzo feito durante estes meses.

Saúdos cordiais

 

Distribuir contido


by Dr. Radut