Skip to Content

INFORMACIÓN INICIO CURSO 22/23

PULSANDO AQUÍ PODEN ACCEDER A INFORMACIÓN IMPORTANTE DA ANPA SOBRE O INICIO DO CURSO.

REUNIÓNS INFORMATIVAS DOS TITORES E TITORAS COAS FAMILIAS

O luns 5 de setembro de 2022 imos a realizar as reunións informativas de principio de curso dos titores e titoras coas familias do alumnado.

 

As reunións realizaranse na aula correspondente.

 

O horario é o seguinte:

16:00 horas

1º e 2º de Primaria

 

17:00 horas

5º e 6º Infantil (Clase de María)

5º e 6º de Primaria

 

18:00 horas

4º e 5º Infantil (Clase de Rafa)

3º e 4º de Primaria

 

Queremos lembrar que as clases comezarán o vindeiro xoves 8 de setembro ás 9:00 h para todo o alumnado do centro, agás para os de 4º de educación infantil (3 anos) que comezarán co período de adaptación ás 11:00 h.

LISTADOS DE MATERIAL PARA O CURSO 2022-2023

A continuación poden acceder aos documentos coas listaxes de material do alumnado para o curso 2022/2023.

ANPA: INFORMACIÓN COMEDOR, MADRUGADORES E EXTRAESCOLARES

IMPORTANTE!!!!

Benqueridas familias,

 
Ante todo, esperamos que esteades a pasar un bo verán todos e todas.

Como xa queda pouco para comezar o novo curso queremos, dende a Anpa, recordarvos e informarvos de tres puntos importantes de cara o mesmo:
 
  1. Recordade que o prazo para a inscripción no servizo de comedor e madrugadores é ata o 30 de agosto, e que para facer uso de estos servizos tendes que ser socios/as do Anpa.    O enlace para facerse socios/as da ANPA é o seguinte:  https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdhyQLbnIMNp2CBMGGMAk5tPodRTAACoc171ZjKROxSS0xjew/viewform            Adxuntamos de novo as tres circulares que vos fixemos chegar no derradeiro mail: carta de benvida, criterios de acceso os servizos e díptico da empresa Jardanay.
  2. De cara a poder organizar as actividades extraescolares no vindeiro curso, precisamos que nos contestedes a encuesta que os poñemos a continuación. É importante que todos e todas contestes á encuesta e que os datos que reflexedes sexan os máis veraces posibles, porque de isto sairá a proposta definitiva para os alumnos/as.  https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfQthpNcgo4OIlfAW9rdI7SL1ZqoXywT1FZNQexyQl9YUQ0SA/viewform?usp=sf_link
  3. Por último, queremos proponervos un programa de conciliación para o mes de setembro, xa que as actividades comezan no mes de outubro. Este programa é levado a cabo pola Anpa da Sardiñeira e consiste en unha ou dúas horas de xogos despois do fin do horario de comedor. Para levar a cabo este programa se precisan un mínimo de 12 alumnos e o custo é de 22€ de 16:00 a 17:00 horas e 42€ de 16:00 a 18:00 horas máis, en tódolos casos, o seguro de accidentes cun custo de 3€. Para apuntarse a este programa o tedes que facer no seguinte enlace antes do 30 de agosto: Adxuntamos cartel informativo.

           https://forms.gle/FkApvGj2bCUvEL316

 
Calquera dúdida, como sempre, os atenderemos a través de mail, teléfono ou whatapp.
 
Moitas grazas pola vosa colaboración e que teñades un moi bó verán.

-- 

ANPA.SARDIÑEIRA
Colegio José Cornide.
A Coruña

HORARIO DE VERÁN

A partir do 11 de xullo e ata o 1 de setembro non haberá atención presencial no centro.

 

Se precisan contactar con nós por un motivo urxente, poden facelo a través do correo electrónico: ceip.cornide.saavedra@edu.xunta.gal ou por teléfono: 981 24 87 96

HORARIO SECRETARÍA

O horario de atención ás familias a partir do 23 de xuño será de 10 a 13 horas.

BECAS MEC ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECIFICAS DE APOIO EDUCATIVO - CURSO 2022/2023

Está aberto o prazo para solicitar as becas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 

Máis información aquí.

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia

 

 Pinchando no seguinte enlace poden ver as directrices publicadas pola Consellería de Educación.

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia - 21/04/2022

 

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a nova estratexia e control do SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia no ámbito educativo - 01/04/2022

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a nova estratexia e control do SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia no ámbito educativo - 01/04/2022

 

Xúntase Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a nova estratexia e control do SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia no ámbito educativo - 01/04/2022.

 

BECAS EDUCACIÓN MEC - CURSO 2022-2023

 

Os alumnos/as que poden solicitar as devanditas bolsas son:

 

a) Primeiro e segundo cursos de bacharelato.

b) Formación profesional de grao medio e supeiror, incluidos estudios de fp realizados en centros militares

c) Ensinanzas artísticas profesionais.

d) Ensinanzas deportivas

e) Ensinanzas artísticas superiores

f) Estudos relixiosos superiores

g) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiales de titularidade das administracións educativas, incluida a modalidade a distancia.

h) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso a formación profesional e cursos de formación específicos para o accesos aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de fp

i) Ciclos formativos de grao básico

Distribuir contido


by Dr. Radut