Skip to Content

VISITA VIRTUAL AO COLEXIO

Pinchando sobre a imaxe poden acceder a unha visita virtual do noso colexio:

 

 

CARTAS PARA A PALMA

A semana pasada partiron cara a Palma as nosas cartas agarimosas para darlles moitos ánimos a todos os nenos e nenas da Palma afectados polo volcán.

 

DÍAS NON LECTIVOS CURSO 2021/2022

A Dirección do CEIP José Cornide Saavedra informa de que solicitude presentada pola Presidenta do Consello Escolar ante a Xefatura Territorial de aprobación de  dous días non lectivos para o presente curso 2021/22:

-  7 de decembro de 2021

-  16 de maio de 2022

recibiu o visto bo e foi autorizada a día 12 de novembro con data de entrada no centro a 15 de novembro de 2021.

 

 

Polo tanto eses dous días non haberá clase

MAGOSTO 2021

O venres 5 de novembro celebramos no colexio o tradicional MAGOSTO.

 

Qué ricas estaban esas castañas!!!  Tivemos uns castañeiros moi profesionais.

E despois de papar as castañas, tocou moverse un pouquiño cos xogos do Magosto con castañas. 

 

 

 

BOMBEIROS CORUÑA

O pasado luns día 8 de novembro

o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria

participou nunha actividade na Praza de María Pita organizada por Bombeiros Coruña,

con motivo da Semana da prevención.

 

PROXECTO DOCUMENTAL DO CURSO 2021-2022

O Proxecto Documental que imos a desenvolver ao longo deste curso leva por título:

CÓNTAME: QUERIDO AVÓ - QUERIDA AVOA

 

Pinchando na imaxe podedes consultar o proxecto que imos desenvolver

CARREIRA ENKI 2021

O venres 22 de outubro levouse a cabo no noso colexio a CARREIRA ENKI; unha carreira de obstáculos que se desenrola como unha proba lúdica, non competitiva, apta para todas as idades e condicións que, a través do xogo, promove a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade.

ENKI PROYECTO

Que ben o pasamos!!!!

 

 

 

SOMOS GAÑADORES!!!!!!!!!!!

Photocall máis orixinal

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA - CURSO 2021/2022

Pinchando aquí tedes toda a información sobre a inscrición nas

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

Distribuir contido


by Dr. Radut