Skip to Content

Blogue de admin

TELÉFONOS PARA AVISOS

Os números de teléfono do colexio son:

981 24 87 96 e 604 05 05 02 (de luns a venres de 9 a 14 horas e LUNS de 16 a 19 horas)

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

CONVOCATORIA PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

1.- NORMATIVA REGULADORA.

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25. (DOG 20/05/2024)

 

2.- DESTINATARIOS.

- Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e Ed. Especial: Axudas para adquirir libros de texto.

- Alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria: Fondo solidario de libros de texto.

- Todo o alumnado de Educación Primaria: Axudas para a adquisición de material escolar.

 

 3.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

·  Poderán presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (modelo ED330B) os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

· A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/25, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2024/25.

· As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

· Opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente na Secretaría do colexio en horario de 9:10 a 11:30 ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

· Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

· O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos, na sede electrónica da Xunta de Galicia e na aplicación fondo libros

· A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado.

 

4.- PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E OUTRAS DATAS DE INTERESE

Presentación de solicitudes: Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 (ambos incluídos)

Devolución de libros de texto do curso 2023/24: 18 de xuño de 2024.

Publicación das listaxes provisionais: 26 de xuño de 2024.

Prazo de reclamación ás listaxes provisionais: 27 e 28 de xuño de 2024.

Publicación das listaxes definitivas: 1 de xullo de 2024.

Entrega de vales: 2 e 3 de xullo de 2024 en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Entrega de libros do fondo solidario (3º e 4º EP): Comunicarase en setembro.

Os vales que queden sen recoller, entregaranse a partir do 2 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 horas. 

 

5.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR.

As persoas interesadas deberán presentar:

a) ANEXO I e ANEXO II.

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente(cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º.Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 MÁIS INFORMACIÓN EN DOCUMENTO ADXUNTO

O MAIO NO CORNIDE

LETRAS GALEGAS 2024

DAYLY ROUTINES

ENTROIDO NO CORNIDE

Este luns 5 de febreiro comeza a semana de Entroido no Cornide.

 

Pica na imaxe para saber máis

RESERVA DE PRAZA - CURSO 2024/2025

 

Seguindo o establecido na ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, comeza o prazo para a reserva de praza daquel alumnado de 6º de Educación Primaria que queira continuar os seus estudos da ESO no IES SARDIÑEIRA ao que está adscrito o noso colexio.

O prazo para a presentación de solicitudes de reserva de praza é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro ambos inclusive.

A solicitude pode cubrila dixitalmente na aplicación admisión alumnado e logo presentala asinada no centro ou en Sede electrónica

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargándoa no seguinte enlace, cubríndoa e presentándoa firmada na secretaría do noso colexio.

IMPRESO ED550A.

* Esta solicitude tamén está á súa disposición na secretaría do cole e levarana o luns 15 as alumnas e alumnos de 6º.

Importante: A solicitude de reserva deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras da alumna/o. Deberá constar o anexo I-bis (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora)

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán o día 22 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Pode axudar este manual :   - MANUAL PARA FAMILIAS

O  sábado 27 de xaneiro ás 12:00 horas, o IES SARDIÑEIRA invita ás nais e pais do alumnado de 6º a unha xornada de portas abertas onde poder visitar o centro e solventar dúbidas.

De non escoller o IES SARDIÑEIRA, deberán presentar o IMPRESO ED550B no IES elexido entre o 1 e o 20 de marzo ambos incluídos, ou ben na Sede electrónica da Xunta ou na aplicación admisión alumnado.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2024

SEMBRANDO VIDAS

O venres 17 de novembro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participou na actividade "Sembrando Vidas" organizada por Stop Accidentes con motivo do Día Mundial en recordo das vítimas da violencia vial.

Con esta actividade, plantamos unha moreira no noso patio e o alumnado puido plantar unhas sementes en macetas individuais. Ademáis do persoal do centro e de Stop Accidentes, participaron na actividade: Jeanne Picard, delegada de Stop Accidentes Galicia, e Nereida Canosa, concelleira de innovación, mobilidade e infraestruturas.

 

                                                                   

 

                   

Distribuir contido


by Dr. Radut