Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

CONVOCATORIA PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

1.- NORMATIVA REGULADORA.

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25. (DOG 20/05/2024)

 

2.- DESTINATARIOS.

- Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e Ed. Especial: Axudas para adquirir libros de texto.

- Alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria: Fondo solidario de libros de texto.

- Todo o alumnado de Educación Primaria: Axudas para a adquisición de material escolar.

 

 3.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

·  Poderán presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (modelo ED330B) os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

· A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/25, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2024/25.

· As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

· Opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente na Secretaría do colexio en horario de 9:10 a 11:30 ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

· Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

· O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos, na sede electrónica da Xunta de Galicia e na aplicación fondo libros

· A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado.

 

4.- PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E OUTRAS DATAS DE INTERESE

Presentación de solicitudes: Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 (ambos incluídos)

Devolución de libros de texto do curso 2023/24: 18 de xuño de 2024.

Publicación das listaxes provisionais: 26 de xuño de 2024.

Prazo de reclamación ás listaxes provisionais: 27 e 28 de xuño de 2024.

Publicación das listaxes definitivas: 1 de xullo de 2024.

Entrega de vales: 2 e 3 de xullo de 2024 en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Entrega de libros do fondo solidario (3º e 4º EP): Comunicarase en setembro.

Os vales que queden sen recoller, entregaranse a partir do 2 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 horas. 

 

5.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR.

As persoas interesadas deberán presentar:

a) ANEXO I e ANEXO II.

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente(cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º.Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 MÁIS INFORMACIÓN EN DOCUMENTO ADXUNTO

AnexoTamaño
fondo libros 24_25.pdf295.22 KB


blog | by Dr. Radut