Skip to Content

ENTROIDO 2023

Que ben o pasamos no desfile do Entroido despois de tanto traballo para facer os disfraces!!

DÍA DA PAZ 2023

30 DE XANEIRO DE 2023

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024 - XORNADA PORTAS ABERTAS

 


Poden visitar o centro, solicitando cita previa os días:

- 13 de febreiro de 2023 ás 17:30 h.

- 27 de febreiro de 2023 ás 17:30 h.

- 6 de marzo de 2023 ás 17:30 h.

 

RECAUDACIÓN SOLIDARIA CARREIRA ENKI 2022

Hoxe venres 20 de xaneiro fixemos entrega, a Ángel López presidente da Fundación Abrente,do importe recaudado na Carreira Enki celebrada no noso colexio o día 2 de Decembro de 2022.

FESTA DE NADAL - DECEMBRO 2022

CARREIRA ENKI

O día 2 de decembro celebramos no colexio a carreira ENKI

baixo o lema "CORRE POR UN MUNDO IMPERFECTO"

 

Recaudamos entre todos 100 € que fixemos chegar á Fundación Abrente para o Proxecto Enki

25 de NOVEMBRO de 2022

Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2022-2023

 

O Consello Escolar aprobou solicitor o día 2 de Maio como día non lectivo. Recibida a autorización por parte da Xefatura Territorial.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2022-2023

Trasladámosvos a información relativa á oferta de actividades extraescolares no noso colexio neste curso 2022/23.

Como sabedes, estás actividades son xestionadas pola ANPA do José Cornide, polo que é preciso ser socio/a da mesma.

As actividades propostas en firme son as seguintes:

Ser Ocio: Multiactividade.

Nesta opción englóbase unha diversidade de actividades, tanto deportivas como culturáis (deporte, música, inglés, pintura y manualidades). As actividades irán variando durante o curso dependendo dos intereses e as idades dos asistentes.

Días da actividade: luns, mércores e xoves, de 16 horas a 17 horas, a escoller entre: un, dous ou tres días á semana, segundo ás preferencias de cada participante. A actividade levarase a cabo inicialmente no pavillón. O periodo de realización da multiactividade é dende o 1 de outubro de 2022, pendente de concretar se rematará en maio ou xuño (informarase mais adiante). O custo é de 13 €/mes por 1 día a semana, 18 €/mes por 2 días a semana e 30 €/mes por 3 días á semana. Ademáis todos os escolares desta actividade deben aboar unha cota anual de 5 € en concepto de seguro.

Galicia Rollers: Patinaxe.

Día da actividade: martes de 16 horas a 17 horas. Adxuntamos cartel. A actividade levarase a cabo no pavillón. O periodo de realización de Patinaxe é dende o 1 de outubro de 2022 ó 21 de xuño de 2023. O custo é de 15€/mes por participante (xa inclúe seguro).

Edukajudo: Judo.

Día da actividade: venres de 16 horas a 17 horas. Coma en anteriores anos, a actividade levarase a cabo no pavillón. O periodo de realización de Judo é do 1 de outubro de 2022 ó 21 de xuño de 2023 e o custo da mesma é de 17€/mes por participante. Ademáis cada participante debe facer o trámite de inicio de curso (licencia federativa) que ten un custo de 35€, así como o carné de grao cun custo de 15,00 € por pase de grao.

Federación de ANPAS en colaboración co Concello: Eureka, Abracadabra e Escola de Maxia / Manitas, Deseño de seu e Recrearte

As actividades de Eureka e Manitas serán para os nenos de infantil, Abracadabra e Deseño de seu para os curso de 1º, 2º e 3 Primaria e Escola de Maxia e Recreate para 4º, 5º 6º Primaria; mais desde a ANPA pelexouse para que o mínimo para acadar que se leven a cabo as actividades sexa conxunto. É por iso que, ós efectos de conseguir mínimo, consideraranse coma unha soa actividade Eureka, Abracadabra e Escola de Maxia (se houbese necesidade de xuntar grupos pasaría a chamarse “ciencia divertida”) e outra actividade Manitas, Deseño de Seu e Recrearte (se houbese necesidade de xuntar grupos pasaría a chamarse “expresións plásticas e creatividade).

Ainda está por concretar a ubicación física onde se levarán a cabo as actividades.

Días da actividade: Eureka, Abracadabra e Escola de Maxia: luns e mércores, de 17 horas a 18 horas. Manitas, Deseño de seu e Recrearte: martes e xoves, de 17 horas a 18 horas.

O periodo de realización das actividades impartidas a través da FEDAPAS é do 1 de outubro de 2022 ó 31 de maio de 2023, e os prezos son os seguintes: Periodo de outubro-decembro: 15€ por participante e actividade Periodo de xaneiro-marzo: 15€ por participante e actividade Periodo abril-maio: 10€ por participante e actividade Ademáis todos os escolares deben aboar unha cota anual de 4€ en concepto de seguro de accidentes. Recordade que os alumnos/as beneficiarios da beca comedor para o curso 22/23 están exentos do pago da actividade, non así do seguro de accidentes. Este dato debe ser reflexado no momento da inscripción.

Consellería de Deportes do Concello da Coruña: Natación.

Dirixida ó alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. Días da actividade: venres de 16:30 h a 17:15 h. (saída do colexio ás 16 horas e recollida ás 17:50 h). A actividade levarase a cabo na Piscina do Clube do Mar. O comezo da actividade está prevista dende o 3 de outubro. O custo por alumno é de 53,47 € para todo o curso escolar (xa inclué cobertura sanitaria).

O prazo de inscrición de Natación remata o 23 de setembro. Adxuntamos información, así como o formulario de inscrición. Para levar a cabo a inscripción os interesados/as deben dirixirse o Clube do Mar co formulario de inscripción cuberto e o DNI do titor do asistente e o DNI ou libro de familia do asistente.

Tódalas solicitudes de inscrición (agás natación) faranse online, nos seguintes enlaces:

Ser Ocio (MULTIACTIVIDADE):

https://serocio.com/inscripcion-actividades-ceip-jose-cornide-curso-2022-2023/

Actividade Galicia Rollers (PATINAXE):

https://galiciarollers.playoffinformatica.com/preinscripcion/17/Inscripciones-CEIP-Jose-Cornide/

Actividade Edukajudo (JUDO):

https://edukajudo.com/colegio-jose-cornide/

Actividades da Federación (Eureka, Abracadabra, Escola de Maxia / Manitas, Deseño de seu e Recrearte)

http://www.fedapascoruna.org/inscripciones

IMPORTANTE: o prazo das inscricións online remata o día 20 de setembro

ACLARACIÓN SOBRE INSCRICIÓNS NO ENLACE DA FEDERACIÓN: as inscricións na federación feitas o luns 19 e o martes 20 darán un aviso de que están fora de prazo, pero sí serán válidas, polo que non teñades en conta ese aviso.

 

 

Se tedes algunha dúbida ó respecto podedes contactar con nos por mail ou whatsapp.

ANPA SARDIÑEIRA José Cornide · Correo electrónico: anpa.sardinheira@gmail.com · Whatsapp: 693 39 93 25

Distribuir contido


by Dr. Radut