Skip to Content

ANPA: INFORMACIÓN COMEDOR, MADRUGADORES E EXTRAESCOLARES

IMPORTANTE!!!!

Benqueridas familias,

 
Ante todo, esperamos que esteades a pasar un bo verán todos e todas.

Como xa queda pouco para comezar o novo curso queremos, dende a Anpa, recordarvos e informarvos de tres puntos importantes de cara o mesmo:
 
  1. Recordade que o prazo para a inscripción no servizo de comedor e madrugadores é ata o 30 de agosto, e que para facer uso de estos servizos tendes que ser socios/as do Anpa.    O enlace para facerse socios/as da ANPA é o seguinte:  https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdhyQLbnIMNp2CBMGGMAk5tPodRTAACoc171ZjKROxSS0xjew/viewform            Adxuntamos de novo as tres circulares que vos fixemos chegar no derradeiro mail: carta de benvida, criterios de acceso os servizos e díptico da empresa Jardanay.
  2. De cara a poder organizar as actividades extraescolares no vindeiro curso, precisamos que nos contestedes a encuesta que os poñemos a continuación. É importante que todos e todas contestes á encuesta e que os datos que reflexedes sexan os máis veraces posibles, porque de isto sairá a proposta definitiva para os alumnos/as.  https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfQthpNcgo4OIlfAW9rdI7SL1ZqoXywT1FZNQexyQl9YUQ0SA/viewform?usp=sf_link
  3. Por último, queremos proponervos un programa de conciliación para o mes de setembro, xa que as actividades comezan no mes de outubro. Este programa é levado a cabo pola Anpa da Sardiñeira e consiste en unha ou dúas horas de xogos despois do fin do horario de comedor. Para levar a cabo este programa se precisan un mínimo de 12 alumnos e o custo é de 22€ de 16:00 a 17:00 horas e 42€ de 16:00 a 18:00 horas máis, en tódolos casos, o seguro de accidentes cun custo de 3€. Para apuntarse a este programa o tedes que facer no seguinte enlace antes do 30 de agosto: Adxuntamos cartel informativo.

           https://forms.gle/FkApvGj2bCUvEL316

 
Calquera dúdida, como sempre, os atenderemos a través de mail, teléfono ou whatapp.
 
Moitas grazas pola vosa colaboración e que teñades un moi bó verán.

-- 

ANPA.SARDIÑEIRA
Colegio José Cornide.
A Coruña
AnexoTamaño
image1 (1).jpeg368.21 KB
Carta benvida Estimadas familias curso 22-23 (1).pdf283.86 KB
44_José Cornide_Díptico_22-23 (1).pdf1.77 MB
44. JC_Circular_criterios_acceso_comedor_22-23 (1).pdf210.8 KB


page | by Dr. Radut