Monte de San Pedro

Nesta ocasión, o alumnado de 2º de primaria, despois da visita das monitoras que impartiron nas aulas unha charla sobre educación ambiental, visitaron o Monte de San Pedro para coñecer, entre outras cousas, o ecosistema dese entorno natural. O programa Vexo, vexo sobre Educación ambiental ten como obxectivo a sensibilización polo coidado da contorna.