Blogues

LETRAS GALEGAS 2016 : MANUEL Mª FERNÁNDEZ TEIXEIRO

 

 

 

 

                     LETRAS GALEGAS 2016   

  

   

Manuel  Mª Fernández  Teixeiro

BIOGRAFÍA (1929-2004)

- En 1929: Nace  en Outeiro de Rei (Lugo) o 6 de outubro de 1929. Fillo de Antonio   Fernández Núñez e Pastora Teixeiro Casanova (familia labrega acomodada). Cursou o primeiro ensino en Rábade.

 - En 1943: mórrelle o pai o 2 de maio de 1943, Manuel María trasladouse a vivir a Lugo co seu tío Xosé Fernández.  Fixo bacharelato no Instituto Masculino e no colexio dos Maristas de Lugo. Nesa época estivo en contacto con personalidades como Uxío Novoneyra, Luís Pimentel, Celestino Fernández de la Vega, Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo Calero e Aquilino Iglesia Alvariño. 

- En 1951 matricúlase en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.

- En 1952, formou a Editorial  Xistral en Lugo.

- En 1954, gañou os Xogos Florais de Ourense e coñeceu algúns dos máis importantes intelectuais ourensáns: Cuevillas, Antón Tovar ou Vicente Risco.

- En 1957, acadou o título profesional de Procurador, que o levou a comezar o exercicio da súa profesión en Monforte.

- En 1958, xa instalado en Monforte, con Saleta, publicaron a colección Val de Lemos, onde viron a luz poemas de Luz Pozo, Carballo Calero, Pura Vázquez ou Cabanillas.

- En 1959, casou no mes de maio con Saleta Goi García, unha muller que o acompañou en na maior parte dos seus proxectos e a quen o poeta quixo citar ao longo da súa obra.

- En 1968, naceu Nova Canción Galega, un movemento musical de especial relevancia na nosa historia que foi presentado polo escritor no Cine Capitol de Compostela o 1 de decembro. A partir daquela, Manuel María converteuse nun dos poetas máis cantados polos grupos galegos marcadamente antifranquistas e galeguistas. Nos anos sesenta e setenta a poesía e a narrativa de Manuel María avanzou desde unha voz existencialista ou pesimista cara ao compromiso social, canalizando unha resposta nacionalista ao franquismo.

- En 1970, Manuel María e Saleta abriron en Monforte a Libraría Xistral, entendida ,  máis que coma unha tenda, coma centro de dinamización cultural.

- En 1976, A diversidade nos xéneros que practicou recoñeceuse ao gañar o I Concurso de guións cinematográficos de Nós. Ademais da literatura, escribiu ensaios sobre Bouza Brey, Celso Emilio Ferreiro, Gabriel Aresti ou Crecente Vega. E publicou centos de artigos e algunhas pezas de teatro en xornais e revistas galegas ou de fóra como El Ideal Gallego, El Correo Gallego, El Progreso, Grial ou A Nosa Terra, onde escribiu baixo o pseudónimo Manuel Hortas Vilanova.

- En 1977, presentouse de número un na lista do BN-PG ao Senado por Lugo. Asemade, nas primeiras eleccións municipais tras a ditadura foi escollido concelleiro polo BNG en Monforte. Mais tarde chegou a ruptura coa UPG-Liña Proletaria liderada por Ferrín, que concluíu coa continuidade de Manuel e Saleta na UPG.

- En 1987,  foi nomeado fillo adoptivo de Monforte.

- En 1995, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega dedicoulle unha homenaxe no Teatro Rosalía de Castro da Coruña(15 de setembro).

- En 1997, a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizou(maio) en Outeiro de Rei a homenaxe "O escritor na súa terra" que supuxo a plantación dun carballo, o descubrimento dunha pedra conmemorativa e a inauguración dunha rúa co nome do poeta. Outros lugares coma Lugo, Monforte ou A Pobra do Caramiñal, contan tamén cunha rúa na súa honra.

En 1998, trasladouse a cidade da Coruña, onde viviu ata a súa morte.

- En 1999 o poeta, xa asentado na Coruña, foi na lista do BNG ás eleccións europeas que supuxeron a designación do primeiro deputado nacionalista no Parlamento de Estrasburgo.

- En 2003,  ingresou o 15 de febreiro na Real Academia Galega (a proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín)  co discurso “A Terra Chá: poesía e paisaxe”.  

- En 2004, morreu na Coruña o 8 de setembro.

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Obra poética
Muiñeiro de brétemas. Pontevedra: Gráficas Torres, 1950.
Cinco pequenos poemas. Lugo: Antonio de Ron, 1951.
Morrendo a cada intre. Lugo: Imp. La Voz de la Verdad, 1952.
Advento. Bos Aires: Ed. Galicia do Centro Galego de Bos Aires, 1954.
Terra Chá. Lugo: Celta, 1954.
Libro de cantigas. Lugo: [s.n.], 1955.
Documentos personaes. Lugo: Celta, 1958.
Libro de pregos. Lugo: Celta, 1962.
Mar Maior. Vigo: Galaxia, 1963.
Versos frolecidos en louvanza de Foz. Foz: Bahía, 1967. Primeiro premio e 'frol natural' nos primeiros Xogos Florais de Foz, celebrados en 1966.
Proba documental. Monforte de Lemos: Fénix, 1968.
Versos pra un país de minifundios. Bos Aires: Nós, 1969.
Versos pra cantar en feiras e romaxes. Montevideo: Patronato da Cultura Galega, 1969.
Remol. Bos Aires: Nós, 1970.
Canciós do lusco ó fusco. Monforte de Lemos: Xistral, 1970.
Noventa e nove poemas de Manuel María. Razão Actual: Porto, 1972.
Odes num tempo de paz e de alegria. Razão Actual: Porto, 1972.
Aldraxe contra a xistra. Xenebra (Suíza): Roi Xordo, 1973.
Informe pra axudar a alcender unha cerilla. Montevideo: Patronato da Cultura Galega, 1973.
Laio e clamor pola Bretaña. Xenebra (Suíza): Roi Xordo, 1973.
Seis pétalos de rosa en xeito de retrato. Ed. do autor, 1973. Asinado co pseudónimo Xohán Carneiro.
Cantos rodados para alleados e colonizados. Monforte de Lemos: Xistral, 1976.
Poemas ó outono. Monforte de Lemos: Xistral, 1977.
Poemas para construír unha patria. Santiago de Compostela: AN-PG, 1977.
O libro das baladas. Santiago de Compostela: Follas Novas, 1977.
Catavento de neutrós domesticados. Lugo: Alvarellos, 1979.
Poemas da labarada estremecida. Monforte de Lemos: Xistral, 1981.
Versos do lume e do vagalume. Ourense: Galiza Editora, 1982.
Cantigueiro do Orcellón. O Carballiño: A. C. Avantar, 1984.
A luz ressuscitada. A Coruña: AGAL, 1984.
O camiño é unha nostalxia. A Coruña: Arrancada, 1985.
Poemas da labarada estremecida. Monforte de Lemos: Xistral, 1985.
Oráculos para cavalinhos-do-demo. Ourense: Caixa Ourense, 1986.
Ritual para unha tribu capital do concello. Ourense: Follas Secas, 1986.
As lúcidas lúas do outono. A Coruña: Vía Láctea, 1988.
Sonetos ao Val de Quiroga. Quiroga: Concello de Quiroga, 1988.
Saturno. Barakaldo: A. C. Rosalía de Castro, 1989. Ed. Bilingüe galego-éuscaro.
Cancioneiro de Monforte de Lemos. Monforte de Lemos: Concello de Monforte, 1990.
Homenaxe ao regato do Cepelo. Ed. do autor, 1990.
Compendio de orballos e incertezas. Santiago de Compostela: El Correo Gallego, 1991.
Hinos pra celebrar ao século futuro. Santiago de Compostela: Ed. Compostela, 1991.
Panxoliñas. Guitiriz: Asociación Cultural Xermolos, 1992.
Antoloxía poética. A Coruña: Espiral Maior, 1993.
Poemas a Compostela. Santiago de Compostela: El Correo Gallego, 1993.
A primavera de Venus. A Coruña: Espiral Maior, 1993.
Cantigas e cantos de Pantón. Pantón: Concello de Pantón, 1994. Editor literario.
Poemas para dicirlle a dúas lagoas. A Coruña: Espiral Maior, 1994.
O Miño, canle de luz e néboa. A Coruña: Espiral Maior, 1996.
Antoloxía poética. Vigo: AS-PG/A Nosa Terra, 1997.
Sonetos á casa de Hortas. A Coruña: Espiral Maior, 1997.
Cantos, coplas e romances de cego. Lugo: Ophiusa, 1998.
MiniEscolma. Ed. do autor, 1998.
Brétemas do muiñeiro. Pontevedra: Colección Hipocampo Amigo, 2000.
Camiños de luz e sombra (2000).
Obra poética completa I (1950-1979) e II (1981-2000). A Coruña: Espiral Maior, 2001.
Elexías á miña vida pequeniña. Vilalba: Instituto de Estudos Chairegos, 2004.
Poemas escollidos. Outeiro de Rei: Casa-Museo Manuel María, 2015.

Obra narrativa 
Contos en cuarto crecente. Lugo: Celta, 1952.
O xornaleiro e sete testemuñas máis. Bos Aires: Ed. Galicia do Centro Galego de Bos Aires, 1971.
Kricoi, Fanoi e Don Lobonis. Vigo: Castrelos, 1973.
Os ontes do silencio. A Coruña: Nova Galicia, 1990.
Novena a Santa Isabel, por un devoto de Outeiro de Rei. Guitiriz: Asociación Cultural Xermolos, 1995.
Historias do empardecer. Santiago de Compostela: Laiovento, 2003.

Obra dramática 
Auto do labrego: a Ramón Patiño, amigo, pintor e poeta, e mais que nada, galego. Porto: Escola tip. da oficiana de São José, 195?.
Auto da costureira. Bos Aires: Hogar Gallego para Ancianos, 197?.
Auto do taberneiro. 4 ventos. Monforte de Lemos: Xistral, 1970. 2ª ed.
Auto do mariñeiro (brevísima farsa dramática en tres tempos). Monforte de Lemos: Xistral, 1970.
Barriga verde. Vigo: Castrelos, 1968.
 
Auto trascendental do ensino tradicional (1979).
Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela.  Monforte de Lemos: Xistral, 1981.
"Auto do Maio esmaiolado", en Cadernos da Escola Dramática Galega, 1985.
Abril de lume e ferro. Carral: Concello de Carral, 1989.
Auto do Castromil ou a revolución dos baúles. Santiago de Compostela: Castromil, 1992.
Farsa de Bululú. Santiago de Compostela: El Correo Gallego, 1992.
A lúa vai encoberta. Vigo: Diario 16 de Galicia, 1992.
Edipo. A Coruña: Universidade da Coruña, 2003. Edición de Miguel Anxo Mato.
  

Obra infantil e xuvenil
Os soños na gaiola: (versos pra nenos). Lugo: Cartonajes ANMI, 1968. 
Viaxes e vagancias de M. P. Vigo: S.M., 1994.
As ribeiras son escuras. A Coruña: Everest Galicia, 1997.
O bigote de Mimí. A Coruña: Everest Galicia, 2003.

As rúas do vento ceibe. Monforte de Lemos: Xistral, 1979.

A tribo ten catro ríos. Vigo: S.M., 1991.
Unha sombra vai polo camiño. Como desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos. Vigo: Xerais, 1991.
Cando o mar foi polo río. Vigo: S.M., 1992.
Novos contos para nenos. [Galicia]: Citania, 1992.

 

Obra ensaística 

Notas en col da poesía de Fermínn Bouza-Brei. A Coruña: Real Academia Galega, 1958. 
Noticia da vida e da poesía de Xosé Crecente Vega. Coimbra: Facultade de Letras da Universidade de Coimbra, 1968.
Noticia da poesía galega de posguerra.  Lisboa. 1972, Sociedade da Língua Portuguesa).
Homes, feitos e palabras. Santiago de Compostela: El Correo Gallego, 1996.
A Terra Chá: poesía e paisaxe. A Coruña: Real Academia Galega, 2003. Discurso lido o día 15 de febreiro de 2003, no acto da súa recepción na Real Academia Galega.
Andando a Terra. Vigo: A Nosa Terra, 1990.  Escolma dos artigos publicados no xornal A Nosa Terra co pseudónimo Manuel Hortas Vilanova, ao coidado de Miguel A. Mato Fondo e Mª Pilar García Negro.
Memoria da terra: prosa xornalística escollida. Outeiro de Rei, Casa Museo-Manuel María, 2015.

 
   

 

 

 

CARA A TI

Vou a ti decote cada día
co ollar enmallado nunha nao
que o vento desfiaña pouco a pouco
na espuma dorida do teu peito.

E brillas nesa espuma
sedenta dunha luz tremelucente
que escintila nunha bágoa xa ferida
na manteliña prateada dunha estrela.

Vou a ti, sedento de saloucos
e de brétemas,
depenicando alalás entre a follaxe
acesa por folerpas que fuxían
no afiado coitelo do sorriso.

(Non debullo lonxanía polo ermo
nin o vento morno me desvía).

Vou a ti deixando nun luceiro
unha vella ronseira que se afoga
nun estraño fío prateado
que garda un chirlo amorosiño.

Ollo fuxir cara o nordés un pensamento
que vai só para ti, para que che diga
a mensaxe calada dun retorno.

 

 Luís Otero Cebral (Coordinador do EDL- CEIP Concepción Arenal)

 

 

 

 

 

Adestramento de Tenis

Educación Física

 
   GALERÍA DE FOTOS

 

Dia da Paz 2016

Día da Paz 2016

 

 

O 30 de xaneiro celebramos o Día Mundial da Paz con dous actos:

-Encheremos unha pomba cos nosos retratos para manifestar o noso compromiso coa PAZ.

-Construiremos unha árbore con mensaxes de PAZ

(Pica nas imaxes para velas ao detalle)  

 

  Fágovos unha pregunta:
Sabedes que é a PAZ?
É moi fácil responder
e vós ídesme axudar.
 
Nenos pelexando? NON
Nenos axudando? SI
Todos enfadados? NON  
Todos sendo amigos? SI
  Soldados con pistolas?  NON
Coidando a natureza?  SI
Dicindo mentiras?  NON
Compartindo a merenda?  SI
  É moi fácil contestar
todos queremos PAZ.
É moi fácil contestar
LALALAAAAA
 

   
   

Entroido 2016

 

ENTROIDO  2016

 

 

MANDADOS

 

SEMANA DO 1  ao  5 de FEBREIRO

 

 

LUNS   1 :    Comenzamos co entroido de etiqueta

                     e terás que revirar a chaqueta.

 

MARTES  2 : Se os calcetíns queres lucir

                      por enriba dos pantalóns teñen que vir.

 

MÉRCORES 3:  Para non te acatarrar

                           o pescozo terás que tapar.

 

XOVES   4 :   Se guapo queres estar,

                      a cara terás que pintar.

 

 VENRES  5 :  Como non estamos enfadados,

  para o recreo podedes vir disfrazados.

 


NADAL 2015

Nadal 2015

Celebracións

 

 

Panxoliña "Divervillancico"

Alumnos de 4 anos

Educación Infantil

 Obra de teatro:

"Las campanitas de Navidad"

Educación Infantil 5 años

 

Panxoliña: "Es Navidad"

Educación Infantil 5 años

Panxoliña: "Navidad twist"

Educación Infantil 3 anos

Panaxoliña "Los Reyes Magos"

Educación Infantil

Merry Christmas

Educación Infantil

Representación do poema

de Cristina Montes:

Chegada dos Reis Magos a Galicia

Alumnos de 3º

 

Representación de

"A ratiña presumida"

Alumnos de 4º

 
 

Improvisación baseada

no libro de Paula Carballeira

"Boas noites"

Alumnos de 4º

 
 

Panxoliñas:

"Con un sombreiro de palla"

"Vinde ver o Neno"

Alumnos de 4º, 5º e 6º

 
   
POSTAIS 2015

Gañadores Concursos

Gañadores dos Concursos:

 

Xogando coas palabras

3º Trimestre

NIVEL CURSO ALUMNO/A
E. Infantil  4ºA 
 Sofía García Álvarez
 1º ciclo E.P. 1ºB 
 Adrián Rendal Vázquez
 2º ciclo E.P. 4ºB  José Sánchez Labora
 3º ciclo E.P. 5ºA
 Candela Espiñeira Rodríguez

2º Trimestre

NIVEL CURSO ALUMNO/A
E. Infantil  4ºA
 Lía Anido García
 1º ciclo E.P. 2ºB
 Amanda Peinó Boquete
 2º ciclo E.P. 3ºA
 Daniela Rey Vázquez
 3º ciclo E.P. 5ºB
 Noa Diz Fernández

 

 

 1º Trimestre

NIVEL CURSO ALUMNO/A
E. Infantil  4B   Wanda Lozada Yapo
 1º ciclo E.P. 2ºA   Desiree Abraldes Silva
 2º ciclo E.P. 4ºB   Claudia Carreras 
 3º ciclo E.P. 5ºA   Nerea Castro Viejo

 

 

 

Postais do Nadal

 

NIVEL CURSO ALUMNO/A
E. Infantil  5A   Jimena Herrero Fernández
 1º ciclo E.P. 2ºA   Roi Tarrio Outeiriño
 2º ciclo E.P. 4ºB   Marta Carballo Rodríguez 
 3º ciclo E.P. 5ºA   Pablo Peñamaría Sanluis

 

 

LETRAS GALEGAS 2015

 

        LETRAS  GALEGAS  2015

 


XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE

 

 

BIOGRAFÍA

(1906-1996) 

 

- Naceu o 28 de outubro de 1906 na praza do Peirao en Pontevedra. Foi fillo de José María Filgueira Martínez (1871-1938), médico en Pontevedra, e Araceli Valverde Yaquero (1870-1946).

- En 1922, empezou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago.

- En 1923, O 12 de outubro cofundou a terceira grande institución da época de preguerra o Seminario de Estudos Galegos dirixindo a sección de Historia da Literatura ata o desmantelamento en 1936.

- En 1925, foi proclamado correspondente da Real Academia Galega.

- En 1927, Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela con premio extraordinario. Participou na creación do Museo Provincial de Pontevedra sendo secretario ata 1942 para ser o director mantendo a colaboración ata o final da súa vida.

- En 1928, comezou a súa traxectoria pública como secretario da Xunta Provincial de Pontevedra do Padroado Nacional de Turismo. Foi profesor axudante de literatura no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra, conseguindo a cátedra en 1933.

- En 1935, comezou a organizar unha escolma da poesía galega de todos os tempos para conmemorar o centenario do nacemento de Rosalía de Castro. Gana por oposición a cátedra de Literatura do Instituto Jaime Balmes de Barcelona e pasa ó de Lugo (tomando posesión da praza o 8 de novembro).

Participou sempre do galeguismo, sendo membro desde os comezos do Partido Galeguista. En maio de 1935 encabezou un grupo de militantes deste partido en Pontevedra que abandonan o partido como protesta pola política de pactos coa esquerda, organizando a Dereita Galeguista.

- En 1936, doutorouse en Filosofía e Letras na Universidade de Zaragoza.

- En 1938, casou con Mª Teresa Iglesias de Oscáriz(1908-1995) o 15 de agosto coa que tivo cinco fillos: Araceli, José Fernando, María Teresa, Pilar e Ángeles.

- En 1940, volveu para o instituto de Pontevedra, que logo se chamaría Instituto Sánchez Cantón, do que foi director desde 1946 ata a xubilación en 1976.

- En 1941,o 27 de xullo foi recibido como académico de número da Real Academia Galega en sesión extraordinaria celebrada na Universidade de Santiago, sucedendo na cadeira a Casto Sampedro y Folgar(o seu discurso de ingreso foi Da épica na Galicia medieval, respondido por Ramón Otero Pedrayo).

- En 1959, diplomouse en Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou cargos públicos no franquismo, como presidente do Tribunal Tutelar de Menores de Pontevedra ata 1967. Foi alcalde de Pontevedra dende o 10 de novembro de 1959 ata 1968 estimulando a acción cultural e promoveu numerosas medidas dirixidas á conservación do conxunto histórico e monumental da vila.

- En 1969, foi Procurador en Cortes e Conselleiro provincial de Belas Artes.

- En 1971, o 28 de xuño foi membro correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Dirixiu o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos(De 1971 a 1981) e tamén chegou a dirixir a Casa Museo Rosalía de Castro.

- En 1980, foi membro numerario da Real Academia de la Historia(co discurso "Ideas y sistema de la historia de Fray Martín Sarmiento" contestado por Antonio Blanco Freijeiro).

- En 1982, foi nomeado Conselleiro Adxunto ó Presidente para a Cultura(Xa na democracia, no primeiro goberno de Xerardo Fernández Albor) e, en decembro do mesmo ano, Conselleiro de Cultura ata 1983.

- En 1995, foi nomeado xuíz protector da Fundación Manuel Ventura Figueroa.

- En 1990, foi membro honorario da Real Academia Galega de Belas Artes. Foi nomeado Presidente do Consello da Cultura Galega(por dous mandatos).

- Morreu o 13 de setembro de 1996 en Pontevedra.



BIBLIOGRAFÍA

 

 

Xosé Fernando Filgueira Valverde foi, un historiador,arqueólogo, antropólogo e escritor polígrafo galego, de abundante produción literaria e humanística. Ten unha obra moi extensa, tanto científica coma literaria, fundamentalmente divulgativa, que supera os trescentos títulos entre libros e folletos, máis de mil artigos en xornais e revistas e máis de 1.600 conferencias, en galego e en castelán.

٠ Os nenos, en 1925, recollida despois en Quintana Viva(Galaxia, 1971).

٠ O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco, con Xosé Ramón Fernández-Oxea, en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, T. IV, 1932, pp. 93-143.

٠ Lago González. Arcebispo galego (1934), 40 p, Pontevedra.

٠ “Ningunha lírica do medievo románico mellora o número das nosas cancións; poucas poiden ter comparanza con ela na fondura do sentimento e na gama dos seus xeitos Expresivos.”

٠Da épica na Galicia medieval, 1934.

٠A poesía medieval galego-portuguesa fóra dos seus lindeiros (1980).

٠O arquivo do Museo de Pontevedra e unha guía sucinta (1988).

٠ Santiago de Compostela, con fotos de Manuel G. Vicente, ed. trilingüe (1989), Ir Indo.

٠ Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1925-1987), 1992, Galaxia.

٠ Arredor do libro: artigos de bibliografía (1996), Santiago, Xunta.

Dicionario : Vocabulario popular galego-castelán, con Tobío Fernandes, Magariños Negreira e Cordal Carús (1926-1928), Vigo.

Narrativa٠ Os nenos, ilustrado por L. Pintos e cuberta e contracuberta de Castelao (1925), Lar.

٠ O vigairo: ensaio simbólico, orixinal e inédito, con portada de Camilo Díaz (1927), 22 p., Lar.

٠ Quintana viva, con ilustracións de Castelao (1971), Galaxia.

Literatura infanto-xuvenil: ٠ Agromar. Farsa pra rapaces (1936), asinado baixo o pseudónimo J. Acuña.

Poesía: ٠ 6 canciones de mar "in modo antico" (1941), Albor, n.º 7,Pamplona.

٠Cancioneiriño de Compostela (1932), antoloxía poética, Nós, n.os: 103 e 104.

٠Cancioneiriño novo de Compostela (1969), Pombal, Edicións Castelos, Vigo.

٠Afonso X e Galicia e unha escolma de cántigas (1980), Real Academia Galega.

٠Armando Cotarelo Valledor (1879-1950), 1984, Real Academia Galega.

٠Enrique Campo (1989), Deputación de Pontevedra.

٠Álvaro Cunqueiro (1991), Publicacións da Real Academia Galega, A Coruña, 71 p.

٠Antoloxía do conto galego de medo (1996), Galaxia.

٠Páxina de miniaturas que ilustra a Cantiga 103(códice escurialense). Filgueira Valverde analizouna polo miúdo na súa tese de doutoramento.

Obra en castelán:

Ensaio : ٠ Luís de Camões, Filgueira foi un especialista na súa obra.

٠Guía de Pontevedra (1931), edición de Álvarez Gallego.

٠La Cantiga CIII: noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval (1936), Instituto de Estudios Regionales, USC. Tese de doutoramento defendida en Madrid o 15 de novembro de 1935.

٠Formas paródicas en la lírica medieval gallega (1947), AAEPC, Madrid.

 

٠"La lírica medieval gallega y portuguesa" no vol. I de Historia General de las Literaturas Hispánicas de Díaz-Plaja (1949). Ed. Barna, Barcelona.

٠El libro de Santiago, con debuxos de J. Sesto (1948) Editorial Nacional.

٠Cervantes en nuestro camino (1949), Revista de la Obra de Protección de Menores, 29 p.

٠Santiago de Compostela. Guía de sus monumentos e itinerarios(1950).

٠La artesanía en Galicia (1953), Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires.

٠Tierras Hispánicas. Compostela, la ciudad del Apostol (1954).

٠Camoens, conmemoración del centenario de "Os Lusiadas" (1958).

٠Pontevedra y el mar, textos para la antología de una tradición(1963).

٠Pontevedra, la tierra y sus gentes (prólogo), con Gerardo González Martín (ep.), 1967.

٠El viaje a Galicia de Urrabieta Vierge (1880), 1969, Colección "Obradoiro" XI, Bibliófilos Gallegos.

٠Guía breve del Museo de Pontevedra (1970), Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa.

٠Historias de Compostela (1970), Bibliófilos Gallegos, Biblioteca de Galicia XII.

٠«Adiciones a la "Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra". Inventario de localidades con hallazgos paleolíticos», con Alfredo García Alén, en El Museo de Pontevedra n.º XXIX, 1975.

٠Los canteros gallegos (1976), Asociación de Amigos de los Pazos.

٠Sobre lírica medieval gallega y sus perduraciones (1977), Bello, Valencia.

٠Manuel Ventura Figueroa, Arzobispo de Laodicea, Patriarca de las Indias, Gobernador del Consejo de Castilla (1978), 32 p.

٠Sargadelos (1978), Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos, Ed. del castro.

٠El almirante pontevedrés Sarmiento de Gamboa: descubridor, cronista, poeta (1980), 49 p.

٠Ideas y sistema de la historia en Fray Martín Sarmiento (1981) discurso contestado por Antonio Blanco Freijeiro.

٠Tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval (La cantiga CIII) (1982), Edicións Xerais de Galicia.

٠Baldaquinos Gallegos, con José Ramón y Fernández-Oxea (1987), Fundación Barrié.

٠La escultura gallega, el centenario de Francisco Asorey (1991).

٠La Basílica de Santa María de Pontevedra (1992), Fundación Pedro Barrié de la Maza.

٠Camoens (1993), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.

٠Compostela, camino y estela (1993), Alsa, Oviedo.

٠Fray Martín Sarmiento (1695-1772), 1994, Fundación Pedro Barrié de la Maza.

٠Cancionero Musical de Galicia, recollido por Casto Sampedro y Folgar, dous tomos (1942).



http://seminariogalan.org/inicio/portada

                               
                            Luis Otero Cebral coordinador do ENL

                                         CEIP Concepción Arenal-A Coruña

 

 

 




 

 

 

 

Recomendacións

Entroido 2015

 

ENTROIDO  2015

 

F  O  T  O  S

Galería

 

Ollade

 

 

MANDADOS

 

SEMANA DO 9  ao  13 de FEBREIRO

 

LUNS 9 : Para comezar,

                              cinta na cabeza levarás.

 

MARTES 10 : Para o segundo día

                                            algo na cara levarías.

 

MÉRCORES 11: Para este día tan especial

                                                    algo ao pescozo engadirás.

 

XOVES 12 : Un fular na cintura,

                                       para o último día de locura.

 

VENRES 13 : O venres antroidiño,

         has vir disfrazadiño.


Blog en lingua galega

Concurso de Blogs en Lingua Galega

Image

Os centros de Educación Infantil e Primaria Concepción Arenal, Eusebio da Guarda e Ramón de la Sagra foron os gañadores da primeira edición de Blogues en Lingua Galega  convocada polo Concello da Coruña e dirixida a escolares coruñeses de Primaria e centros de Educación Especial, coa finalidade de fomentar a creatividade nas redes sociais, potenciar a comprensión e a expresión oral e escrita en lingua galegacreando e desenvolvendo un blog de temática libre dentro da aula escolar.

  • O primeiro premio foi para o blog As pequenas periodistas, creado por un grupo de cinco alumnas e alumnos de 4º de Primaria doCEIP Concepción Arenal.
  • O segundo premio, foi para o blog De todo un pouco, elaborado por un grupo de tres alumnas de 6º de Educación Primaria do CEIP Eusebio da Guarda.
  • O terceiro premio obtívoo o blog Bolboreteando, elaborado por escolares e profesores de 4º de Primaria do CEIP Ramón de la Sagra.

Máis información en

Distribuir contido