Educación Física

EDUCANDO CON MALIBÚ, DEPORTE ESCOLAR E CONCURSO DE POESÍA

O pasado venres, 24 de maio, vivimos de novo unha xornada escolar especial e emocionante.

Comezamos a mañá cunha charla da asociación Educando con Malibú, co obxectivo de ensinarlles aos nenos e nenas a ser máis responsables, solidari@s e respectuos@s cos animais. Para iso, viñeron acompañados de Malibú, unha cadeliña preciosa que encantou a tod@s!!

Despois desta charla, baixamos para a pista do patio onde xa nos esperaban os compañeiros e compañeiras dos colexios de Présaras e de Teixeiro, cos cales participamos en distintas probas de atletismo como tiro de xavelina, salto de lonxitude ou carreira de obstáculos.

Para rematar a xornada, repartimos os premios dun concurso de poesía organizado dende o equipo de Biblioteca.

Como podedes comprobar, foi un día onde o pasamos EN GRANDEEE!!!! SorrisoGuiñoSorriso

VOLEIBOL EN PRÉSARAS E EN CESURAS

Etiquetas :

Durante este mes de marzo continuamos as xornadas de deporte escolar.

O mércores, día 3, fomos visitar o CEIP de Présaras, e o martes 26, recibimos no noso colexio a visita dos alumn@s e mestres/as dos colexios de Teixeiro e Présaras.

Estes dous días continuamos coa competición de voleibol que iniciamos en Teixeiro, como xa vos comentamos en entradas anteriores.

Durante a mañá, xogaron entre os diferentes equipos. Despois, comeron todos xuntos no colexio no que se atopaban e, antes de marchar, quedoulles tempo para xogar cos compañeir@s dos outros centros.

O mellor de todo é a deportividade coa que xogan os rapaces e rapazas!! SorrisoGuiño

 

VOLEIBOL EN TEIXEIRO

Etiquetas :

Dende o noso colexio seguimos implicados en impulsar o deporte escolar posto que o desenvolvemento desta práctica, ademais de contribuir a fomentar hábitos saudables, é unha ferramenta idónea de socialización, ao permitir que os rapaces e rapazas do Ceip Plurilingüe Bragade se ralacionen cos nenos e nenas doutros colexios do entorno.

Como xa contamos en entradas anteriores, comezamos participando nunha carreira campo a través en Présaras.

O martes, 12 de marzo, volvimos de novo a visitar outro colexio. Esta vez foi o CEIP A Froula, en Teixeiro, onde participamos nunha competición de voleibol. Despois, quedamos a comer cos compañeiros e compañeiras deste centro que nos trataron moi ben!

Pasámolo en grande!! Sorriso

Seguiremos asistindo a máis xornadas de deporte escolar!!!!Guiño

CAMPO A TRAVÉS

Etiquetas :

Os nenos e nenas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria desprazáronse ata o colexio de Présaras o día 5 de decembro para participar nunha carreira de campo a través. Tamén foron rapaces e rapazas doutros colexios próximos. Pasárono xenial e troixeron para Cesuras algunhas medallas!! GuiñoGuayGuiño

Distribuir contido


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design