Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Proxectos de centro

Visita da Asociación de Mulleres do Rural de Cabanas

O día de onte recibimos a fermosísima visita das MULLERES da Asociación Rural de Mulleres de Cabanas que nos viñeron a contar como desenvolvían unha labor que xa está esquecida en moitos sitios: o tratado da lá das ovellas: o cardado, o fío, o tecido...

Como sabedes, estamos a traballar un proxecto de centro - PDI Pegadas Verdes- dedicado ao coidado do medio ambiente e da sostenibilidade e con esta visita queriamos recuperar non só os oficios que parecen olvidados senón tamén falar sobre os recursos que temos ao noso arredor e sobre as opcións sostibles que podemos atopar e empregar dun xeito sostible e respetuoso coa natureza.

Ademais, o vindeiro luns terá lugar o Día da Terra e este ano estamos levando a cabo a construción conxunta dun tear con diferentes retales cosidos e diversos bordados con mensaxes moi importantes sobre o coidado do medio. Esta visita nos axudou a coñecer a orixe de moitas teas e tamén o traballo de tecido que podemos facer coa lá.

Queremos aproveitar para agradecer enormemente a este fermoso grupo de mulleres pola súa visita, a súa paciencia e os seus coñecementos tan valiosos. Foi unha experienca moi enriquecedora e coa que quedamos realmente abraiadas e abraiados.

 

 

Observa_Acción 2023. Memoria

E aquí está a nosa memoria de Observa_Acción 2023!

Estamos moi emocionadas de poder compartir unha experiencia así coa comunidade educativa.

 

E este é o vídeo-resumo das observacións (porque somos así: das comidas, reunións e risos que botamos mentres aprendiamos non hai fotos, estabamos moi ocupadas vivíndoo Risa )


 

Distribuir contido