Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Plurilingüismo

Spooky self-portraits

Hoxe en Arts o alumnado de 5º e 6º fixo os seus autorretratos co estilo das personaxes de Tim Burton. Primeiro, falamos de quen é Tim Burton, a que se dedica e cales son as súas películas e personaxes máis coñecidas. Despois, analizamos as características principais destas personaxes e, finalmente, cada un e cada unha creou o seu debuxo. Quedaron espectaculares!

Our spooky self-portraits

Sugar Skulls

O alumnado de 5º e 6º de primaria estivo traballando arreo en Arts para crear estes collages inspirados nas caveiras de azucre que fan en México para celebrar o Día dos Mortos. Ademais, practicaron inglés e aprenderon sobre esta tradición.

Agora estes traballos tan coloridos e alegres decoran a entrada do centro. Quedaron ben vistosos! Good work!


 

Together we are a masterpiece! Xuntos e xuntas somos unha obra de arte.

O alumnado de 5º e 6º creou este mural na materia de Arts estas primeiras semanas de curso.

Debuxaron as súas mans e decoraron unha con liñas rectas e a outra, con liñas curvas e con todas as mans creamos esta flor xigante que decora o corredor da segunta planta.

We are each unique and beautiful, but together we are a masterpiece!

Cada un somos únicos e preciosos, pero xuntos somos unha obra de arte!

 

Mes do xadrez en marzo. International women's month 2023

Durante o mes de marzo tivemos un espazo pop up no centro adicado ao xadrez. Durante os recreos, os nenos e nenas que querían podían vir ata a sala para xogar libremente, aprender, ensinar ou ver as partidas que estaban a acontecer.

Durante as dúas últimas semanas, organizamos un torneo por cursos e nos dous últimos días unhas partidas de "masters" coas persoas gañadoras de cada curso.Resulta que de cada 10 persoas que están federadas para xogar ao xadrez, soamente unha é muller, polo que quixemos aproximarnos a este deporte no cole e o resultado non puido ser mellor, xa que a penas había diferenza en números entre nenos e nenas que querían xogar e o resultado do torneo tamén foi terriblemente enriquecedor.

Estamos moi orgullosas da enorme participación (mais de 100 nenos e nenas viñeron xogar algunha vez e 50 persoas participaron no torneo, de 155 que somos no cole!) e de cara ao ano que vén pensamos que pode ser boa idea repetir, incluir partidas de peón para educación infantil e organizar partidas de persoas adultas, xa que con todo o que lles gusta o xadrez ás profes Cris e Iria non puideron xogar nin unha partida!

 

St. Patrick's Day 2022 - Let's catch a Leprechaun!

 

☘️☘️☘️ Hear hear! St. Patrick's Day is near! ☘️☘️☘️

 

Do you have your leprechaun trap ready? Bring it to Centieiras! I propose you the following activities:

1) Watch and listen How to catch a leprechaun. Click here.

2) Review St. Patrick's Day vocabulary. Click here

3) Do the wordsearch. Click here.

 

4) Prepare your leprechaun trap for 17th of March eve and let's catch a leprechaun!

 

☘️ ☘️ ☘️ I hope you like it! ☘️ ☘️ ☘️

Xornadas de internacionalización. CAFI 2021. Presentación do impacto e da difusión dunha movilidade europea.

O sábado 27 de novembro fun invitada polo CAFI de Santiago a contar como fixemos o impacto e a difusión dunha das movilidades do proxecto Erasmus+ do curso 2018/2019 de profesorado. Sentinme moi orgullosa de ter a oportunidade de falar dun proxecto que nos uniu como centro e de presumir de comunidade educativa implicada, activa e innovadora. Esta foi a presentación!

Iria González.

 

HAPPY THANKSGIVING

  Happy Thanksgiving!, from Centieiras to all of you. Today we finished our mural, after Macy, our conversation assistant, explained to us how she celebrates it at her home in Tennessee. God job, Macy! 

              

             

       

        

 

Distribuir contido