Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

3º Educación primaria

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 27 DE MARZO

Ola familias!

Nos arquivos adxuntos de hoxe, achegamos as seguintes fichas:

- Matemáticas: multiplicacións con e sen levar.

- Lingua Castelá: ampliación de vocabulario.

- Lingua Galega: o número dos substantivos e o uso de H.

- Ciencias da Natureza: tipos de plantas e vexetación.

- As solucións ás actividades do mércores 25 de marzo.

 

En canto aos enlaces a páxinas web propostos para hoxe, achegamos os seguintes:

- Un conto titulado  Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa).

- Dúas actividades de repaso de ortografía: aquí unha do uso de "c-q-z" e aquí unha do uso de "ga-go-gu-gue-gui-gü". (Se o enlace non vos leva directamente á actividade, debedes darlle a "INICIAR PRESENTACIÓN" na parte de arriba á dereita).

- Ademais, nos arquivos adxuntos, tamén vos deixamos un "Programa de ocio na corentena con nenos" que agardamos sexa de moita utilidade.

 

Ánimo e forza familias, vai quedando menos!

 

Carmen e Vero.

English activities: Food

Good morning!

Here you have new and fun activities.

1) Review your answers of the Superheroes in space reading.

2) Do the quiz and remember about food and common expressions.

3) Read and complete the worksheet.

I will post the answers on Friday. 

Have a good day!

Actividades propostas 25 de marzo.

Nos arquivos adxuntos propoñemos as seguintes tarefas:

  • Matemáticas: Ficha de problemas con multiplicacións.
  • Lingua castelá: Ficha "El sustantivo" e " Palabras terminadas en –y”.
  • Lingua galega: Ficha “O xénero dos substantivos” e  “Palabras con b”.
  • Ciencias sociais: Ficha “Os ríos” e “ O relevo de interior”.

Tamén vos deixamos unhas propostas de páxinas web interesantes:

  • Actividade on line de ortografía (uso de G/J en castelán). Preséntase en 3 apartados, os dous primeiros son de explicación e o último é de práctica.
  • Aquí unha actividade on line de divisións moi sinxelas entre 1 cifra.
  • Xogo moi entretido de sumas, restas e multiplicacións: A GRANXA MATEMÁTICA.
  • Video conmemorando o pasado DÍA DA POESÍA (21 de marzo), de Kalandraka.

This is Pop Art! Arts&Crafts

Las profes de Arts del cole hemos hecho una pequeña unidad sobre el movimiento Pop Art y os animamos a que hagáis todas las láminas que os gusten que veréis adjuntas a continuación siguiendo los modelos. ¿Te apetece?

Primero, un poco de información sobre lo que es Pop Art y sus principales autores:

¿A que es divertido? ¡Mira los PDF que están abajo  y prueba tú!

Puedes enviarnos una foto de tu lámina con tu nombre al correo ceip.ascentieiras@edu.xunta.es y las publicaremos en la web

Welcome Spring!

 

Solucións tarefas do 18 e 23 de marzo.

Ola familias:

Iremos poñendo na web as solucións ás tarefas propostas: hoxe achegamos as solucións do mércores 18 e do luns 23 de marzo; coas tarefas do venres poñeremos as solucións de hoxe 25 de marzo, e así sucesivamente.

Esperamos que vos sexan útiles.

 

 Vero e Carmen.

English Reading Comprehension: superheroes

Hello hello!

Do you want to know more about superheroes?

Let's read and do some activities about them!

On Wednesday, I will post the answers. Enjoy!

 

PROPOSTA DE MÚSICA PARA O MÉRCORES 25 DE MARZO

Repasamos a escala musical coa frauta. Posicións da frauta.

Practicamos Rondín Picotín

Practicamos o xogo de percusión corporal e concentración “Soco bate Vira”

Xogo: Aprendo as notas Mi-Sol-La para ler, escribir e escoitar.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 23 MARZO

Ola de novo familias,

deixámosvos adxuntas, tal e como acordamos, as propostas de tarefas de hoxe:

- Unha ficha de comprensión lectora de Lingua Castelá.

- Unha ficha de Lingua Galega para repasar os substantivos comúns e propios, e o uso de R e RR.

- Unha ficha de Matemáticas de práctica de problemas con máis dunha operación e exercicios de multiplicacións.

- Unha ficha de Ciencias da Natureza de repaso de seres vivos.

A maiores, deixámosvos tamén unhas propostas de enlaces a webs:

Aquí, un vídeo para que os pequenos se divirtan comendo froita e mantendo as merendas saudables que aprendemos en Ciencias da Natureza, moi importante nestes días.

Aquí, tedes un novo conto sobre a situación que estamos a vivir, pensamos que é realmente interesante. 

E aquí, un labirinto matemático moi entretido.

  

Ademais, como xa saberedes, a partir de hoxe (luns 23 de marzo) comeza “Aprendemos en casa” na canle CLAN TV. En concreto, para as alumnos e alumnos de 3º de Primaria, a distribución  de contidos que van a emitir (de 10.00 a 11.00 horas) é a seguinte:

LUNS: Matemáticas 

MARTES: Ciencias Sociais

MÉRCORES: Ed. Artística e Ed. Física

XOVES: Lingua e Idiomas

VENRES: Ciencias da Natureza

 

E, na canle G2 (da televisión de Galicia), tamén comezarán a emitir series divulgativas de animación de luns a venres como “Era unha vez o home” (11.00 horas) e “Eran unha vez os exploradores” (11.30 horas). Ademais, o programa “Criaturas”, proporcionaralles ás  pequenas e pequenos información do medio natural e dos animais desde diversas perspectivas.

 

Un saúdo e moitísimo ánimo!

Carmen e Vero.

 

Actividades propostas 18 de marzo.

Tal e como quedamos deixámosvos actividades propostas de cada área. En cada entrega irán fichas de Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá, e unha de Ciencias que iremos alternando, naturais ou sociais.

Carta para as nenas e nenos .

Carta para as nenas e os nenos.

Olaaaa!!!Como xa lles dixemos ás mamás e aos papás, as profes de 3º A e 3º B preparamos unha serie de propostas para facer nestes días de corentena. Como non sabemos o tempo que imos ter que estar na casiña, é importante que traballedes algo para non esquecer o que aprendimos. Por iso aquí tedes fichas de todas as materias (mate, lingua galega, lingua castelá , sociais e naturais), iguais ás que facemos na clase, pero tamén tedes páxinas web coas que podedes disfrutar moito.

E lembrade:

Sede bos, colaborade na casa, aproveitade para disfrutar a tope e ..... traballade un pouquichiño!!!

QUEDADE NA CASA.

TODO VAI SAÍR BEN.

Verónica e Carmen.

Distribuir contido