Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Convocatoria para a distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria (código de procedemento ED330E)

Adxuntamos a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). Publicada no día de hoxe no DOG.

As novas mais salientables son:

  • O plazo para pedila é do 16 ao 27 de novembro de 2020
  • O umbral de renda será o mesmo que para as axudas de material escolar
  • Destinadas únicamente a educación primaria
  • O alumnado beneficiario da axuda de material e libros serán tamén beneficiarios das máscaras sen presentar ningún tipo de solicitude

As solicitudes se poden presentar de forma telemática ou presencial mediante cita previa. Debemos ter en conta que hai catro sesións lectivas adicadas dende secretaría e dirección a atención ao público, polo que en caso de querela solicitar de forma presencial non é recomendable esperar ao último momento pola posible falta de citas.

Para solicitala, se debe presentar:

  • O Anexo I que aparece ao final do PDF da convocatoria ou recollelo no centro.
  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
  • Copia do libro de familia ou equivalente onde onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. 
  • Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. 
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. 
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

É moi importante ter en conta que a documentación complementaria presentarase presencialmente no centro docente onde estea matriculado o/a alumno/a

AdxuntoTamaño
AnuncioG0598-061120-0002_gl.pdf608.65 KB