Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

CORONAOCA DEPORTIVA!!!

corona oca deportiva reducida

Pinchade na imaxe para descargalo.

 

#FicaNoLar e #Móvete

Queridos alumnos/as e familias!

 Sí, seguro que o estades pensando. Que ocorre coas as clases de Educación Física?  Por que o profe Abel non nos mandou tarefas ao igual que o resto do profesorado? Ben, lamentablemente non todo o mundo dispón do mesmo espazo para vivir. Aqueles que teñan casa e non piso, teñen moitas máis facilidades de poder exercitarse. Aínda así non teño desculpa polo que vouvos dar varias ideas, e se vos apetece e tedes espazo, poñédelas en práctica.

 Comezamos cun xogo da OCA que atopei por Internet para participar en familia, desenvolvido por un mestre de EF dun cole de Murcia. Moi, moi orixinal. Eu xa o puxen en práctica coas miñas pequechas. ATREVÉDESVOS?