Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Suspendidas as clases a partir do luns 16 de marzo

Boa tarde,

Debido ás novas instruccións relativas ao COVID-19 que podes ler aquí, ademáis da SUSPENSIÓN de calquera actividade lectiva ou extraescolar nos centros educativos a partir do luns 16 de marzo, únese o peche das instalacións e o teletraballo por parte do claustro de profesorado e do equipo directivo.

A partir do mércores 18 de marzo aparecerán suxestións didácticas para todos os cursos na web nos apartados "actividades de infantil" e "actividades de primaria". 

A atención ás familias se articulará por medio da web e da aplicación Abalar móbil, a cal agora máis que nunca é necesario que instaledes e rexistredes. Todo o profesorado estará dispoñible en horario lectivo, de 9 a 14h para resolver dúbidas e atender ao alumnado e familias. Para isto, as titoras e especialistas abrirán un canle de comunicación a través de mensaxería na aplicación Abalar móbil.

Tamén estará habilitada a atención telefónica nos teléfonos do centro.

Dende o centro estamos á espera de futuras instruccións para poder ir solucionando os posibles problemas que vaian aparecendo nestas semanas excepcionais.

Moitas grazas a todas e a todos pola paciencia, a colaboración e responsabilidade.

Atentamente,

Iria González Grande.