Skip to Content

MICRORREDE A MARIÑA

Semana da Microrrede A Mariña

Presentamos  o cartel de actividades da Microrrede A Mariña.

Entre os días 7 a 10 de maio vaise celebrar, na Sala de Exposicións do Concello de Viveiro, unha nova edición co tema: "Microrrede a Mariña. Homenaxe a Ibáñez".

 

O noso centro colabora con diversos deseños. A obra principal é un dos espacios que tan ben recreaba Ibáñez con ese edificio icónico DA RÚE 13 DO PERCEBE. Trátase dunha obra plástica que desenvolveu o alumnado de 4º e 5º de EP,  en donde se pode apreciar como un gran barco pesqueiro choca e entra na cociña de Otilio. O que nun principio parecía un caos absoluto, vólvese na oportunidade de celebrar un festín no que Otilio é o gran protagonista. Grazas que o helicóptero gardacostas entra en escena para gran sorpresa de Neptuno. Ao final todo queda nun susto. Tal como imaxinaría Ibáñez.

 

O alumnado de 6º de EP colaborou realizando unha fantástica viñeta do Cómic colaborativo, na que unha grande representación de centro educativos da Mariña estiveron a desenvolver durante este curso académico.

Como traballo individual contamos coa elaboración  de cómics por parte de  todo o alumnado do Centro en colaboración coas súas  familias. Sempre temos unha gran acollida e a participación é extraordinaria. Non podemos deixar de agradecer tanto esforzo por parte de tod@s.

NORABOA EN MAIÚSCULAS!!!

 

 

 

 

 

 

 

Por unha Paz Global todos os días

Hoxe celebramos un día moi especial:O día da Paz.

Xa levamos moitas xornadas preparando este acto. Entre todo o alumnado creamos, deseñamos e montamos un mural moi especial. Coas cores como protagonistas.

O alumnado de 5º e 6º preparou dúas cancións e bailes en inglés. "A friend" e "We are the world".

Creamos chapas conmemorando este día e izamos a bandeira que simboliza a unión entre centros educativos docentes da zona. Dentro do Proxecto: Microrrede A Mariña.

Todas estas actividades teñén un fin común, un obxectivo básico: A Paz empeza en nós mesmos.

Un agradecemento moi especial aos voluntarios da biblioteca do centro.

Noraboa a tod@s!!!

Clica na imaxe para poder ver o vídeo

REMATE DA MICRORREDE

O venres pasado tivo lugar o remate da microrrede A Mariña. Foi un acto moi emotivo xa que se ensalzou o labor da nosa compañeira Marta Pérez Lage, tendo en conta que foi unha das artífices desta idea tan enriquecedora, de formar una microrrede de bibliotecas escolares da Mariña. Tamén coordinou de forma maxistral a nosa biblioteca durante moitos anos.

Ata o día 29 de maio poderemos ver no noso centro o Conto colaborativo creado entre diversos centros da Mariña

Grazas Marta!!!

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

VOLTA ÁS AULAS!

Comezamos este 2º trimestre cun traballo proposto pola

MICRORREDE A MARIÑA.

Trátase dun traballo colaborativo entre os centros que formamos a MICRORREDE, entre todos imos crear un conto. Durante estas dúas semanas estará no noso colexio para realizar o noso traballo :

"RULANDO UNHA HISTORIA"

 

PREME NA IMAXE PARA VER O PROCESO DA NOSA CREACIÓN

 

Distribuir contido


by Dr. Radut