Skip to Content

CELEBRACIÓNS

Ningún aro sen redes. Un proxecto da Fundación Breogán

Hoxe participamos na campaña “Ningún aro sen redes”,  un proxecto da Fundación Breogán que consiste en dotar aos centros seleccionados ( dez en toda a provincia) de redes de baloncesto artesanais, recicladas e sostibles. 

Pasámolo xenial...xogamos,coñecemos a xogadores de baloncesto e á mascota oficial do Club baloncesto Río Breogán: Máximus. 

A actividade inclúe un CONCURSO PARA O QUE SOLICITAMOS A VOSA COLABORACIÓN:

O mesmo día da instalación das redes por parte da Fundación Breogán, instalarase un contedor de reciclaxe. O material para depositar será: bolígrafos, rotuladores, fluorescentes, marcadores, portaminas, correctores (de cinta, líquido e tipo bolígrafo), plumas estilográficas e cartuchos de tinta.

A idea é recoller a meirande cantidade. O alumnado tamén pode  TRAER ese material para reciclar da casa. 

Todos a colaborar!!

Moitas grazas!!

I

Por unha Paz Global todos os días

Hoxe celebramos un día moi especial:O día da Paz.

Xa levamos moitas xornadas preparando este acto. Entre todo o alumnado creamos, deseñamos e montamos un mural moi especial. Coas cores como protagonistas.

O alumnado de 5º e 6º preparou dúas cancións e bailes en inglés. "A friend" e "We are the world".

Creamos chapas conmemorando este día e izamos a bandeira que simboliza a unión entre centros educativos docentes da zona. Dentro do Proxecto: Microrrede A Mariña.

Todas estas actividades teñén un fin común, un obxectivo básico: A Paz empeza en nós mesmos.

Un agradecemento moi especial aos voluntarios da biblioteca do centro.

Noraboa a tod@s!!!

Clica na imaxe para poder ver o vídeo

XORNADA MICOLÓXICA

Hoxe o alumnado do centro tivo o pracer de recibir a Luís Cuba que nos explicou todo sobre o apaixoante mundo dos cogomelos.

A maiores preparounos unha marabillosa exposición dos cogomelos máis típicos da nosa zona.

Quedamos encantados e encantadas con todo o que aprendimos das súas experiencias.

Luís ten unha canle de Youtube @luiscubalamicologia1160 onde podedes subcrivirvos e seguir as súas andainas no mundo da micoloxía.

 

 

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

 

 

O alumnado de 6º de Educación Infantil e 2º de Educación Primaria están levando a cabo un proxecto micolóxico no que experimentan e observan este mundo tan interesante a través do seu "kit" de autocultivo.

Unha vez máis fomentan a aprendizaxe a través da experimentación. Noraboa a tod@s!!!

 

 

SEMANA DA CIENCIA

Iniciamos a Semana da Ciencia coa clase de 2º de Educación Primaria.

Fixeron un experimento co que observaron as diferentes densidades dos líquidos e para iso crearon un fermosísimo Arco da Vella.

Unha bonita forma de aprender experimentando. 

PREME NAS IMAXES PARA PODER VER OS VÍDEOS

 

 

 

 

 

 

 

  PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

 

 

 

 

20 DE NOVEMBRO, DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Para conmemorar o Día Universal da Infancia realizamos diferentes actividades: murais, debuxos...  e viñemos tod@s en pixama como lembranza a todos aqueles menores que  non teñen unha familia.

Foi moi divertido!!!

MAGOSTO ENTRE XOGOS

 

Mañá intensa de xogos no pavillón para celebrar o Magosto entre risas.

Como parte da celebración do Magosto realizamos un circuíto de xogos.

Grandes e pequenos disfrutamos co acompañamento dos alumnos de sexto, que exerceron de monitores como auténticos profesionais.

Diversión e castañas a partes iguais!!

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

 

  

 

 

 

DÍA CARGADO DE ACTIVIDADES EN SAMAÍN

Durante esta semana celebramos o Samaín cargado de actividades.

Aquí deixamos  unha pequena mostra  de cada unha delas.

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA

Laura e Dylan de 3º de EP, Matías e Adriana de 4º de EP, Mateo e Paula de 5º de Ep e Julia e Hugo de 6º de EP, fixeron a presentación da biblioteca ao resto do alumnado do centro.

Fixéronno xenial!!!. Explicaron o funcionamento, os espazos, as normas, repartiron as Mochilas Viaxeiras e o resto de alumnado atendeu a todas estas explicacións.

Foi unha experiencia moi fermosa!!!

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

 

 

 

 

 

 

 

Proxecto competencial

O alumnado de 3º de EP. levou a cabo un proxecto de Maruja Mallo impresionante, con debuxos e textos que mostraban a súa biografía.

Noraboa!!!

XORNADA MEDIOAMBIENTAL

O venres pasado Porto de Cleiro e Lucas Requejo organizaron unha actividade centrada no coidado dos océanos.  Esta iniciativa,  financiada pola Xunta de Galicia e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca),  nace  froito do convenio de colaboración entre o CEIP de Celeiro e Porto de Celeiro S.A OPP-77 para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca.

 

 Nesta xornada tivemos actividades como: Coidado do medio próximo ao centro para o alumnado de E. Infantil e percorrido por Celeiro ata a praia para facer facer unha recollida de lixo para E. Primaria. Así como charlas e deseño de carteis.

O obxectivo é que sexa unha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxe sobre o mar e a necesidade de coidar e respectar o medio ambiente.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria está convocado a participar nun concurso onde poderán deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha manualidade onde deixarán patente o que para elas e eles significa o mar. Valorase de xeito positivo a utilización de materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedará plasmada a vea artística destas pequenas e pequenos. 
 
 
 
PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO
Distribuir contido


by Dr. Radut