Skip to Content

COMUNICADO MOI IMPORTANTE DA ANPA

PARA ANOTARSE NO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 20-21, CHAMAR POR TELÉFONO AO COLEXIO 982870951 (secretaría) PARA NON TER QUE ENTRAR (antes do venres 11 de setembro).

O comedor empezará o luns 14 de setembro se nada o impide.

 

COMEDOR ESCOLAR DA ANPA CURSO 20-21

A ANPA provisional do CEIP de Celeiro poñerá en marcha o comedor escolar seguindo a normativa vixente para o Covid-19 de 31 de agosto de 2020, escoitando todas as suxestións que as familias nos fagan chegar, aprobando este protocolo no Consello Escolar e tendo en conta que as circunstancias actuais obrigan a unha serie de adaptacións pertinentes:

● Para o alumnado de Primaria, estableceranse quendas de 10 alumnos para que estes permanezan sentados nun só lado da mesa e mantendo a distancia obrigatoria de seguridade de metro e medio entre cada un deles. A día de hoxe, e tendo en conta o alumnado destas idades preinscrito no comedor, habería dúas quendas, unha ás 14h para os primeiros cursos de Primaria e outra ás 14’30 para os últimos cursos. O alumnado sentarase sempre no lugar que lle sexa asignado e cerca dos compañeiros que pertenzan ao seu mesmo grupo-clase.

● Para o alumnado de Infantil, a normativa comprende esixencias diferentes. Cada grupo-clase poderá sentarse na mesma mesa sen máscara e sen manter a distancia de seguridade, igual que se atopan xuntos durante toda a mañá. Si haberá unha distancia de metro e medio con respecto ao resto das mesas e grupos. Este alumnado chegará ao comedor sobre ás 13’55h e disporá de todo o tempo que precise para xantar, pois non hai quendas. Terán ademais unha coidadora específica para eles.

● Por suposto, será obrigatorio o lavado de mans antes e despois da comida e desinfectarase cada posto cando remate cada un dos comensais para deixalo listo para o seguinte.

● Cando o alumnado non esté sentado á mesa comendo, permanecerá coa máscara posta e mantendo a distancia de seguridade, tanto no patio cando non chova como na aula magna cando chova e sempre cunha das tres coidadoras.

● Polo momento o prezo do comedor non baixará e iremos valorando cos meses se é preciso aumentalo. Teremos tres coidadoras se, según as previsións, superamos os 30 alumnos disfrutando do servizo e co 50% deles de Infantil. Como prometimos, o custo reducirase en canto sexa posible.

O nº de conta para realizar os ingresos do comedor é:

ABANCA ES16 2080‐0154‐59‐3040004209

e a cuantía: (85€ mensuais, 80€ para o segundo irmán e 75€ para o terceiro; bonos nominativos de cinco días, 25€; días soltos, 6€). O novo alumnado do comedor terá que pagar só a metade do mes de setembro e o alumnado que estivera disfrutando deste servizo o curso pasado, non abonará este mes de setembro posto que estaba pendiente a devolución da metade do mes de marzo cando se interrumpiron as clases por mor da pandemia. Por último, para aquel alumnado que non vaia a participar do comedor este curso, recibirá a devolución da metade do pasado mes de marzo nos próximos días.



page | by Dr. Radut