As actividades extraescolares están confirmadas e os monitores xa derón aviso do comezo das mesmas. A continuación colgamos o cuadrante de actividades e horarios quedando abertas a novas matriculacións.
AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Darán comezo a partir do día 8 de outubro
Desde a Anpa elaboramos un horario provisional, xa que as actividades que se ofertan levaranse a cabo se o nº de demandas é suficiente para constituir grupo. Unha vez se contabilicen as actividades solicitadas, elaborarase o horario definitivo. Para anotarse en calquera delas, é necesario enviar un correo electrónico a susanaquintela@edu.xunta.es cos seguintes datos:
Nome e apelidos do alumn@
Idade e curso
Teléfono de contacto
Actividades que lle interesan
Para poder disfrutar deste servizo é necesario ser socio da ANPA co pago da cota anual (20€ por familia) e a cota do seguro escolar (7€/neno) na conta da Asociación en:
ABANCA ES16 2080‐0154‐59‐3040004209
Os ingresos faranse co nome, apelidos e curso do neno. É obrigatorio pagar ambas cotas para que o alumn@ esté cuberto en calquera actividade organizada pola ANPA.
❏ Todas as solicitudes deberán chegar ao correo antes do xoves 24 de setembro, pois as actividades comezarán o 1 de outubro.
❏ Seguindo o Protocolo por Coronavirus, durante a realización das actividades o alumnado deberá permanecer coa máscara todo o tempo, incluidos os deportes de equipo no pavillón, pois é un lugar pechado aínda que cumpla os requisitos de ventilación e espazo de tres metros entre participantes. Xamais se compartirá o material para a realización de actividades e gardaranse as distancias esixidas por lei. O lavado de mans antes e despois das actividades, tamén será obrigatorio.
❏ A ANPA oferta estas actividades para favorecer a conciliación familiar e coa seguridade dos grupos reducidos e os espazos axeitados.
❏ As actividades pagaranse directamente aos monitores nos primeiros cinco días de cada mes. No caso de sufrir un confinamento total ou parcial que impedira ao alumn@ acudir á clase durante un tempo, non se devolverían os cartos dese mes.