Skip to Content

MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO

Hoxe comeza o prazo de matrícula para o alumnado de novo ingreso que solicitou praza neste centro ou foi remitido a el por non obter praza noutro centro educativo.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos.

Para solicitar a documentación e entregar a mesma, realizarase na secretaría do centro. Tamén se pode descargar a documentación nos arquivos adxuntos.

Os documentos que se deben presentar serán os seguintes:

- Impreso de matrícula.

- Fotocopia da folla de inscrición do/a alumno/a no libro de familia.

- Fotocopia do documento de identificación do alumnado e dos pais/nais ou titores legais: DNI, Pasaporte ou Tarxeta de residencia.

- Certificado de empadroamento e/ou certificado do centro de traballo onde conste o enderezo do mesmo.

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.

- Autorizacións:

  • Elección de ensinanzas.
  • Recollida do alumnado (no caso de non ser recollido polos pais/nais ou titores legais).
  • Uso da imaxe persoal do/a alumno/a.
  • Realización de actividades previstas na Programación Xeral Anual.

- O alumnado de infantil deberá acompañar a documentación con dúas fotos tamaño DNI

NOTA: Os papeis de matrícula deberán vir firmados polas dúas persoas proxenitoras. Todos aqueles documentos que xa se presentaron no proceso de admisión, non será necesario volver a presentalos.

 

AdxuntoTamaño
ANEXO FORMALIZACIÓN MATRICULA (1).pdf427.05 KB
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA FORMALIZAR MATRÍCULA.pdf114.47 KB
LINGUA ESTRANXEIRA_PC.pdf104.56 KB
RECOLLIDA ALUMNADO.pdf110.15 KB
AUTORIZACIÓN IMAXE.pdf110.06 KB
ACTIVIDADES PXA.pdf106.27 KB


book | by Dr. Radut