Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Na ORDE do 29 de abril de 2022 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23.

AXUDAS PARA:

a)  Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º e 4º de EP.

5º e 6º seguirán traballando na plataforma EDIXGAL con libros electrónicos.

b)  Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.

De xeito telemático: Enlace á web

De xeito presencial: Na secretaría do centro

Para presentación presencial: utilizaranse os 

Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.

Recordamos aos beneficiarios desta axuda, no presente curso

2021-22, que deberán devolver os lotes completos de libros de texto 

en préstamo (en bo estado, sen nome e libres de escritura) para

poder beneficiarse das diferentes axudas na presente convocatoria.

As datas de entrega serán comunicadas máis adiante.

PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES

Rematará o día 22 de xuño de 2022.

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS

Xa se poden consultar as listaxes provisionais no taboleiro situado no interior do recinto educativo.

As listas provisionais publicaranse o día 4 de xullo no taboleiro do centro.

PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS

O prazo de reclamación ás listas provisionais será de dous días hábiles a partir da publicación, é dicir, os días 5 e 6 de xullo.

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS

As listaxes definitivas das axudas de libros de texto, material escolar e do fondo de libros publicaranse no taboleiro de anuncios do centro o día 8 de xullo.

RECOLLIDA DOS VALES

Serán informados máis adiante.



page | by Dr. Radut