Skip to Content

INFORMACIÓN DA ANPA DO COLEXIO

CESE DA ANPA ACTUAL

Despois de catro anos de lexislatura, cesa o actual grupo directivo da ANPA e ábrese o plazo para as novas candidaturas. Ante a imposibilidade de facer reunións presenciais cun número elevado de asistentes por mor do Covid-19, este equipo propón que todos aqueles pais e nais que estean interesados en formar parte da nova directiva, fagan chegar as súas propostas ao correo electrónico: susanaquintela@edu.xunta.gal, antes do 8 de setembro.

De haber máis dunha candidatura, realizaríanse eleccións para determinar cál é o equipo máis apoiado.

É fundamental que as familias se animen a participar, pois de non existir ANPA perderíanse todos os servizos que se xestionan desde ela: COMEDOR, ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, FONDO LIBROS... A nova xunta directiva decidirá qué servizos ofertará no curso 20-21 e baixo que protocolos para adaptalos ao Coronavirus.

FONDO LIBROS DA ANPA

Aquelas persoas que solicitaron libros do fondo da ANPA, poden recollelos no mesmo horario que marcou o colexio para o fondo da Xunta.

Este verán necesitouse mercar libros por valor de 1.020€, que de ser abonados na súa totalidade por todos os solicitantes, cada un deles tería que pagar 60€ adicionais. Aínda así, coma todos os anos, a maior parte deste gasto será cuberto cos cartos da ANPA e o resto polas familias que solicitaron os libros, polo que este curso terán que pagar 30€

(ABANCA ES16 2080‐0154‐59‐3040004209)

O recibo deste pagamento adicional presentarase no momento da recollida dos libros. Os participantes comprométense a forrar os libros que non se poderán subliñar nin escribir con bolígrafo e deberán ser borrados e devoltos nas mesmas condicións a finais de xuño.

MÁIS INFORMACIÓN

ENQUISA DA CONFEDERACIÓN DE ANPAS

(Preme para participar)

A continuación podedes ler o MANIFESTO DA CONFEDERACIÓN DE ANPAS GALEGAS SOBRE O INICIO DO CURSO 2020-2021 e se queredes apoialo, asinar cos vosos datos os días 7 e 8 cando vos acerquedes ao colexio para recoller os libros de texto:

(PREME NESTE ENLACE)

 



page | by Dr. Radut