Skip to Content

blogue deadmin

Os Maios

Este xoves pasado celebramos Os Maios, festividade que conta con gran tradición en Viveiro e parte de Galicia e que trata de dar a benvida á primavera, o bó tempo e as flores. Aínda que nesta ocasión o tempo meteorolóxico non nos permitiu sair desfilando ata a Praza do Chao e tivemos que celebralo no ximnasio.

Os maios é unha festa de tradición prerromana que xa celebraban os celtas e desde o noso centro, queremos facer partícipe ao alumnado da nosa cultura para  axudar a que non se perda e involucrándoos desde pequenos. 

Clausura da Microrrede

O venres pasado tivo lugar a clausura da Microrrede 2024 coa Coral Polifónica Alborada de Viveiro e o alumnado do CEIP de Celeiro.

Unha marabilla de actuación!

Grazas Marta Pérez Lage por seguir contando cos nenos e nenas do noso colexio.

 

 

Charlas de educación afectivo/sexual

A semana pasada leváronse a cabo no Ceip de Celeiro unhas charlas sobre Educación afectivo-sexual  tanto para alumnos de 5º e 6º de EP como para as familias de todo o alumnado.

Estas charlas foron impartidas por Otero Piñán, licenciados en medicina e especializados en promoción da saúde sexual.

 

A Educación afectivo-sexual é un dereito dos nenos, nenas e adolescentes que está recollido como tal pola OMS. Ademais o noso centro participa en contratos programa como  EmociónaT e dentro do cal se enmarcan este tipo de talleres que axudan a convivir en igualdade e sin discriminacións.

 

 

 

INICIO DA FASE DE RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

De conformidade coa Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 13 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), para a reserva de praza nun centro de adscrición do alumnado que cambia de etapa.

O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro (ambos incluidos); só para aquel alumnado que teña como preferencia o IES ao que estamos adscritos, neste caso, o IES María Sarmiento.

Aquel alumnado que teña como preferencia o outro IES da zona (IES Vilar Ponte) deberá esperar a que abran o prazo de matrícula.

 

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do 22 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

 

NORMATIVA:

Decreto 13/2022, do 13 de febreiro 

Orde do 21 de outubro de 2022

 

IMPRESOS:

SOLICITUDE: Galego

SOLICITUDE: Castelán  

 

IMPORTANTE: A solicitude deberá vir firmada polos dous proxenitores e acompañada dos seguintes documentos:

- Fotocopia do libro de familia

- Sentenza de separación ou divorcio (de ser o caso)

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

COMEZAMOS O CURSO 22-23

Damos comezo a un novo curso e fixemos unhas fotos do noso alumnado, nas súas respectivas aulas e xogando no recreo, xa todos xuntiños.

 

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

 

Un novo curso na BIBLIOSOÑOS

Comezamos o curso 2022-2023 no que imos  trasladar o blog da Bibliosoños á páxina web do colexio.

Distribuir contido


by Dr. Radut