Skip to Content

blogue debiblioteca

Charla das nais e pai de 2* de EP sobre os oficios

Este lunes tivemos unha charla moi constructiva e emotiva. Dúas nais e un pai do alumnado de 2* de EP falaron dos seus traballos diarios e unha delas tróuxonos material para facer experimentos e aprender a través da práctica. Todo un exemplo de aprendizaxe creativa. 

Grazas. 

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

REMATE DA MICRORREDE

O venres pasado tivo lugar o remate da microrrede A Mariña. Foi un acto moi emotivo xa que se ensalzou o labor da nosa compañeira Marta Pérez Lage, tendo en conta que foi unha das artífices desta idea tan enriquecedora, de formar una microrrede de bibliotecas escolares da Mariña. Tamén coordinou de forma maxistral a nosa biblioteca durante moitos anos.

Ata o día 29 de maio poderemos ver no noso centro o Conto colaborativo creado entre diversos centros da Mariña

Grazas Marta!!!

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

Máis traballos conmemorativos. Día das Letras Galegas

Presentamos máis traballos para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Propostas realizadas por 2º, 3º e 4º de Educación Primaria.

PREME NA IMAXE PARA PODER VER ESTES TRABALLOS

LETRAS GALEGAS 2023

AS NOSAS LETRAS GALEGAS

Presentamos hoxe algúns dos traballos realizados para conmemorar a figura de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023.

O alumnado de 3º de Primaria presenta o vídeo que recolle a biografía do autor.

Programa de Radio na Biblio realizado polo alumnado de 6º de Primaria onde se recolle a obra do autor.

 

 

ARTE CON LIXO

Onte  o alumnado  de 3º, 4º, 5º e 6º de EP tiveron unha fantástica xornada facendo arte co lixo recollido anteriormente por zonas da nosa contorna.

Toda unha mañá de expresión e creatividade coa axuda de Somoslag e Lucas Requejo e dentro da iniciativa Globo Marruán.

 

 

 

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DA MICRORREDE

A Microrrede da Mariña inaugurou onte  a súa exposición anual na sala multiusos do Concello de Viveiro.

"EscribirARTE na Mariña" está formada polos traballos de 16 cadros de diferentes centros educativos da Mariña.

Contou como convidado  con Primitivo Marcos, antigo profesor do IES María Sarmiento e debuxante, que nos falou da súa obra.

Tamén actuou o grupo de Amifgos do Folk do conservatorio de Viveiro.

Animámosvos a visitala, pero antes do xoves, día 11, que pechará as súas portas!!!

Presentación dos traballos para a Microrrede

Despois de todo un ano de traballo, por fin podemos presentar o material que foron elaborando alumnxs e familias para a exposición da Microrrede A Mariña, na sala de exposicións do Concello de Viveiro.

PREME NA IMAXE PARA VER ESTES TRABALLOS IMPRESIONANTES!!!

 

Andaina para conmemorar o Día do Deporte polo Desenvolvemento e a Paz

O Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro convidou ao alumnado a participar na súa I Andaina Solidaria:

Con motivo da celebración do Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz celebramos esta Andaina Solidaria na que as persoas participantes  realizaron una doazón voluntaria, a partir de 3 €, coa que contribuir á labor da Asociación Saúde Mental A Mariña, a cal celebra este ano o aniversario da chegada a Viveiro.

A ruta comenzou na Praza Maior ás 11.30h e continuou polo Paseo da Variante, Paseo do Río Landro,e Mosteiro de Valdeflores. Ao longo das mesma instalaron Códigos QR con información sobre diversos aspectos relacionados coa atención e coidado á Saúde Mental, elaborados polos membros do grupo. Na Praza Maior tamén  mercáronse produtos elaborados pola Asociación (galletas, bolígrafos, chapas...) . Iiniciativa que busca dar visibilidade á importancia da Saúde Mental e a eliminación de estigmas e prexuízos na mocidade.

 

FESTIVAL PARA A EXCURSIÓN DE 6º DE PRIMARIA

Na tarde do domingo, 30 de abril, o alumnado de 6º de Primaria realizou un Festival Especial para recadar fondos para a súa excursión de fin de curso.

Irán á Ribeira Sacra onde poderán gozar de moitas actividades variadas.

Ao festival acudiu moito público e todos os participantes fixéronno moi ben!

Desde o centro dámoslles as grazas por participar.

No seguinte vídeo podemos ver o resumo do mesmo:

 

E ... UN ANO MÁIS CHEGOU A MICRORREDE!!!

Xa estamos na semana intensa de celebracións das Microrrede.

Aquí deixamos o cartel gañador e o programa de actos.

Non esquezades acudir ao salón de exposicións para ver os traballos que se realizaron no colexio durante todo o ano e por suposto, as diversas actividades e traballos de diversos centros da Mariña.

Distribuir contido


by Dr. Radut