Skip to Content

COMPLEMENTARIAS

INFORMACIÓN SOBRE ACTIVIDADES DEPORTIVAS

“Coñecemos novos deportes”

O mércores,19 de outubro, recibimos a visita do Club de Remo de Celeiro. O obxectivo da visita foi dar a coñecer este deporte ao alumnado de cuarto, quinto e sexto de Primaria.

Disfrutamos da amabilidade dos monitores e achegámonos a este fermoso deporte, do que destacamos o completo que é (xa que traballa todo o corpo), o contacto coa natureza e o traballo en equipo.

Gustounos moito probar o remoergómetro, que é unha máquina para simular a acción de remar. Quedamos todos invitados a probar nas instalacións do club en Celeiro…estamos seguros de que moit@s repetirán!!

 

VISITA CLUB BALONCESTO VIVEIRO 

O venres, 30 de setembro de 2022.

O Club Baloncesto Viveiro nunca se olvida de nós, este curso recibimos novamente unha visita dun dos seus entrenadores para amosarnos este deporte e o traballo do Club. Esta vez a actividade programada foi para o alumnado de terceiro e cuarto de Primaria. Realizamos unha sesión de iniciación ao baloncesto na que suamos e corrimos a partes iguais.

Damos as gracias ao entrenador Carlos e esperamos volver a vernos moi pronto.

4ª EDICIÓN DE SUPERARTE

Durante a semana do 17 ao 23 de outubro celébrase a IV Edición de SUPERARTE cun amplo programa de actividades para dar visibilidade ás persoas con diversidade funcional.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria do noso colexio recibiu unha "charla informativa" sobre as enfermidades raras, escoitaron un conto moi emocionante e puideron facer moitas preguntas para resolver moitas dúbidas.

Estas actividades serven para plantar a semente da inclusión tan necesaria desde pequenos.

Agradecemos ao Concello de Viveiro esta aportación e desexamos que sexa moi exitosa esta nova Edición de SUPERARTE.

 

 

FESTA DO CORRELINGUA

O mércores, 5 de outubro, o colexio de Celeiro participou no Correlingua:

Festa Viveiro | Carpa na explanada do Pavillón polideportivo municipal de Viveiro | Pauliña | Presenta: Fran Rei

Para saber máis sobre esta actividade premede neste enlace:

QUE É O CORRELINGUA

 

NOTICIA NA VOZ DE GALICIA

 

FOTOS DA ACTIVIDADE

PREME PARA VER O VÍDEO

Distribuir contido


by Dr. Radut