Skip to Content

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

VISITA DOS AXENTES FORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS

Hoxe recibimos na biblioteca aos axentes forestais e medioambientais da Consellería do Medio Rural.

Con eles aprendimos a protexer o noso medio ambiente. Ensináronos a importancia do respeto pola natureza, axudándonos a plantar árbores e poñer niños na contorna co colexio.

Utilizamos os seus utensilios de traballo, como mangueiras, ... e, sobre todo, aprendimos a importancia da súa labor na extinción dos incendios forestais. Desde aquí agradecemos moitísimo a dedicación e agarimo que nos demostraron en todo momento. GRAZAS!!!

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

CHARLAS DA POLICÍA NACIONAL e CENTRO DE DROGODEPENDENCIA

O luns e martes,  27 e 28  de febreiro,  tivemos no cole unhas charlas por parte da Polociía Nacional na que nos falaron do tema do Ciberacoso e nos explicaron  como previr o ciberacoso, acoso oral, acoso de contacto e Bullying.

Tamén viñeron cun coche patrulla e deixáronos ver o seu interior e tocar a serea. Vimos o funcionamento dun dron e ecplicaron a sú a importancia para previr os incendios.

Preme nas imaxes para poder ver os vídeos

O xoves, 2 de marzo, o alumnado de 6º curso participou nunha sesión informativa sobre drogodependencia.

AS ABELLAS NA ESCOLA

O mércores e xoves, 16 e 17 de febreiro, todo o colexio asistiu á charla de “Abellas na escola", un programa de contido ambiental deseñado para achegar aos nenos e nenas ao mundo das abellas e á importancia que teñen para todos nós.     Tedes moita máis información na páxina:  ABELLAS NA ESCOLA

PREME NA IMAXE PARA VER FOTOS DAS SESIÓNS

Tamén podedes ver o seguinte vídeo da exposición que realizamos cando fixemos o Proxecto Documental Integrado sobre O MUNDO DAS ABELLAS

ENCONTRO NA BIBLIOTECA CON XOÁN NEIRA

Na mañá do xoves, 9 de febrero,  Xoán Neira fixo unha visita á nosa Biblioteca para presentar o seu libro "Calendario poético".

Un libro de poemas que fai percorrido polos meses do ano contando as súas características e falando das súas celebracións.

No colexio estamos a traballar estes poemas; por cursos imos a recitar e poñerlle debuxos. No mes de xaneiro xa presentamos o traballo realizado polo alumnado de 1º curso. Neste mes de febreiro as nenas e nenos de 2º presentarán o seu traballo.    

PREME NA IMAXE

O ALUMNADO DE 2º FAI O PRÉSTAMO DE LIBROS

O alumnado de 2º de Primaria aprendeu a facer o préstamo de libros.

PREME NA IMAXE

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración coa   Asociación de Profesionais da Ilustración .

Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano a protagonista é María Antonia Dans, pintora "cunha profunda conciencia de xénero".

NO DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Hoxe, 30 de xaneiro, celebraremos o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA no noso colexio. A semana pasada estivemos preparando varias actividades:

  • Realización de pequenos agasallos para intercambialos entre todas as nenas e nenos do cole. Na nosa conta de Instagram  podemos ver o que realizou cada aula de Infantil e Primaria.
  • O alumnado de 5º de Primaria realizou un programa de RADIO NA BIBLIO con esta temática.
  • Nas aulas de Educación Física, Inglés e Educación Musical  preparamos unhas cancións para cantalas todos xuntos: "Que vivan a Paz e o Amor", SIMAMAKA, "Bo día a toda a xente do lugar"
  • A través da Biblioteca comezamos un proxecto co libro "CALENDARIO POÉTICO" de Xoán Neira. Cada mes ten a súa poesía e por cursos imos a recitar e poñerlle debuxos. Comezaron as nenas e nenos de 1º curso co mes de xaneiro e no seguinte vídeo podemos ver o resultado.

PREME NA IMAXE

 

 

 

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

A pasada semana a biblioteca tivo moita actividade:

O alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron unhas charlas sobre Educación Sexual impartidas por un médico e sexólogo do gabinete Otero Piñán.

Estes talleres enmárcanse dentro dos Contratos Programa, concretamente no EMOCIÓNA-T

Outra das actividades foi a plantación de bulbos no patio exterior da biblioteca que levou a cabo o alumnado de 1º e 2º de Primaria. Para a primavera teremos tulipáns...

No expositor exterior da biblioteca xa están os libros recomendados para traballar o Día da Paz

NOVO RECUNCHO PARA A BIBLIOTECA

Estreamos un novo recuncho a carón da biblioteca

para que no tempo de lecer podades xogar ou ler.

 

LIBROS NOVOS NA BIBLIOTECA

Lembramos que, na celebración do Día da Biblioteca, fixemos a actividade "Sorbos de Lectura" onde vos pediamos que nos deixárades as vosas suxestión de novos libros para a biblioteca.

E aquí, nesta pequena exposición,  deixamos os libros mercados.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut