Skip to Content

EDLG

Iniciamos un novo curso

Aquí estamos de volta!!!

Dámoslles unha benvida moi especial ao alumnado de 4º de EI.

PREME NA IMAXE PARA VER TODOS OS CURSOS

 

RADIO NA BIBLIO, A FESTA DO MAIO

Na mañá do mércores, 31 de maio, o alumnado de 5º de Primaria gravou un novo programa de RADIO NA BIBLIO.

Nesta ocasión presentan un traballo de investigación sobre a Festa do Maio en Viveiro e fálannos da importancia de conservar as tradicións populares.

A música é a canción do Maio que cantamos todos os colexios do Concello de Viveiro para festexar esta gran festa.

 

LETRAS GALEGAS 2023

AS NOSAS LETRAS GALEGAS

Presentamos hoxe algúns dos traballos realizados para conmemorar a figura de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023.

O alumnado de 3º de Primaria presenta o vídeo que recolle a biografía do autor.

Programa de Radio na Biblio realizado polo alumnado de 6º de Primaria onde se recolle a obra do autor.

 

 

CALENDARIO POÉTICO

Presentamos hoxe un traballo que estivemos realizando durante este curso sobre o libro CALENDARIO POÉTICO, do poeta Xoán Neira, que estivo no noso colexio o 9 de febreiro presentando o seu libro para todo o alumnado.

O traballo consistiu en reproducir con debuxos os poemas de cada mes, logo gravaron en audio o recitado dos poemas para rematar presentando todo o traballo en vídeos que podemos ver no seguinte enlace:

VÍDEOS NO CANAL YOUTUBE DO COLEXIO

 

 

SEMANA DO LIBRO NO COLEXIO

Imos entrar na semana do Día do Libro ( 23 de abril), por iso a Biblioteca, aulas e equipos están preparando moitas actividades:

  • Exposición de libros novos e sobre Miguel de Cervantes: Don Quijote de la Mancha.

 

 O alumnado de 6º de Primaria realizou un programa de Radio na Biblio, sobre recomendacións lectoras.

  • Tamén faremos unhas sesións de contacontos para Infantil e Primaria nas horas de ler. As representacións estarán realizadas polo alumnado de 2º de Primaria e foron  preparadas na aula de inglés coa colaboración do auxiliar de conversa Johan.
  • Deixamos aquí o enlace á páxina especial do Día do Libro onde poderedes ver as diferentes actividades que realizamos en cursos anteriores

PREME NA IMAXE

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, 23 de febreiro é o día de Rosalía de Castro; para conmemorar este día realizamos un mural coas caras das nenas e nenos do colexio dentro do rostro de Rosalía, acompañados de palabras que expresaban diferentes emocións.

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

Despois do recreo xuntámonos todos no ximnasio do colexio para homenaxear a Rosalía cun Recital Poético-Musical.

Participamos todo o alumnado e profesorado cantando todos os poemas de Rosalía  que foron musicados pola mestra de música, Marta Pérez, desde o ano 2013 ata este curso:

HAS DE CANTAR (Cantares Gallegos) (PROFESORADO)

 

PASA RÍO, PASA RÍO (Cantares Gallegos) (INFANTIL)

 

VIUDAS DOS VIVOS… (Follas novas) (5ºE 6º)

 

NASÍN CANDO AS PRANTAS NASEN (Cantares Gallegos) (3º E 4ª)

PASENIÑO, PASENIÑO (Cantares Gallegos) (1º E 2º)

“TECÍN SOIA A MIÑA TEA” (Follas novas)(TODOS)

 

 O alumnado de 5º de Primaria preparou un pequeno podcats sobre Rosalía de Castro e podedes velo no seguinte vídeo.

GRAN FESTA DE ENTROIDO

O venres, 17 de febreiro, o colexio encheuse de disfraces moi diversos e divertidos. Foi un día moi especial pois realizamos o xa tradicional desfile polas rúas do Chao, acompañáronnos as familias que estaban desexosos de ver desfilar ás nenas e nenos. O tempo tamén nos acompañou, lucía un sol expléndido que convidaba ao paseo.

Despois do desfile degustamos os típicos doces de Entroido: rosquillas, orellas, fereixós... Rematamos bailando e xogando ao noso xeito e pasámolo moi ben!. 

Nos seguintes enlaces podemos ver o que fixemos como preparativos para esta celebración. Tamén deixamos o vídeo do desfile.

ENTRAMOS NO ENTROIDO

ACTIVIDADES DE ENTROIDO

 

 Tamén podedes escoitar unhas entrevistas realizadas polo alumnado de 6º de Primaria durante o desfile.  O son non é moi bo pero vale moito máis a súa iniciativa. Un aplauso polo seu entusiasmo!!!

ACTIVIDADES DE ENTROIDO

Unha semana chea de actividades:

  • Unha exposición de máscaras e elementos dos Entroidos máis característicos de Galicia
  • Exposición de Caroutas
  • Desfile dos Peliqueiros de 5º de Infantil.

PREME NAS IMAXES

 

RECANTO DO INVERNO

E xa está listo o recanto que dedicamos ao inverno; nesta ocasión todos os cursos de Primaria fixeron un cadro con algo relacionado co inverno: unha paisaxe, unhas noticias... e tamén os meses de xaneiro e febreiro do "Calendario Poético" do escritor Xaón Neira.

PREME NA IMAXE

ENTRAMOS NO ENTROIDO

E  xa queda pouco para O Entroido,  unha festa que no noso colexio celebramos con moita ilusión. Presentarémosvos moitas actvidades que estamos a facer:

  • Unha exposición de máscaras e elementos dos Entroidos máis característicos de Galicia
  • Exposición de Caroutas
  • Desfile dos Peliqueiros de 5º de Infantiil
  • "O MECO MANDA", durante a  seguinte semana teremos que traer vestido o que nos mande... No vídeo podemos ver os mandatos
  • Tamén podedes seguir o noso INSTAGRAM

PREME NA IMAXE

Distribuir contido


by Dr. Radut