Skip to Content

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

Máis traballos conmemorativos. Día das Letras Galegas

Presentamos máis traballos para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Propostas realizadas por 2º, 3º e 4º de Educación Primaria.

PREME NA IMAXE PARA PODER VER ESTES TRABALLOS

LETRAS GALEGAS 2023

AS NOSAS LETRAS GALEGAS

Presentamos hoxe algúns dos traballos realizados para conmemorar a figura de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023.

O alumnado de 3º de Primaria presenta o vídeo que recolle a biografía do autor.

Programa de Radio na Biblio realizado polo alumnado de 6º de Primaria onde se recolle a obra do autor.

 

 

ARTE CON LIXO

Onte  o alumnado  de 3º, 4º, 5º e 6º de EP tiveron unha fantástica xornada facendo arte co lixo recollido anteriormente por zonas da nosa contorna.

Toda unha mañá de expresión e creatividade coa axuda de Somoslag e Lucas Requejo e dentro da iniciativa Globo Marruán.

 

 

 

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DA MICRORREDE

A Microrrede da Mariña inaugurou onte  a súa exposición anual na sala multiusos do Concello de Viveiro.

"EscribirARTE na Mariña" está formada polos traballos de 16 cadros de diferentes centros educativos da Mariña.

Contou como convidado  con Primitivo Marcos, antigo profesor do IES María Sarmiento e debuxante, que nos falou da súa obra.

Tamén actuou o grupo de Amifgos do Folk do conservatorio de Viveiro.

Animámosvos a visitala, pero antes do xoves, día 11, que pechará as súas portas!!!

Presentación dos traballos para a Microrrede

Despois de todo un ano de traballo, por fin podemos presentar o material que foron elaborando alumnxs e familias para a exposición da Microrrede A Mariña, na sala de exposicións do Concello de Viveiro.

PREME NA IMAXE PARA VER ESTES TRABALLOS IMPRESIONANTES!!!

 

E ... UN ANO MÁIS CHEGOU A MICRORREDE!!!

Xa estamos na semana intensa de celebracións das Microrrede.

Aquí deixamos o cartel gañador e o programa de actos.

Non esquezades acudir ao salón de exposicións para ver os traballos que se realizaron no colexio durante todo o ano e por suposto, as diversas actividades e traballos de diversos centros da Mariña.

O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA XA SON EXPERTOS ORNITÓLOGOS!!!

En 1º remataron o tema dos animais coñecendo “os paxaros que vemos, pero non miramos” na nosa contorna. Investigaron sobre eles, representáronos e presentáronos á clase. Ademais dos seus nomes galego e castelán, tamén teñen un código QR que nos leva a unha gravación do seu canto.

Todos estes paxaros podémolos observar ou escoitar na contorna do centro, pero moitos precisan de prismáticos para observar as súas vivas cores. 

Aprendemos, por exemplo, como o cuco pon os ovos especialmente nos niños dos carrizos e paporrubios e, aos catro días de nacer, chimpa fóra do cubil aos outros paxariños para que o críen a el só. O niño do carrizo é moi característico, feito  de musgo e todo cerradiño cunha entrada lateral. O carrizo constrúeo moi bonitiño e canta ben bonito para conquistar á carriza. É o paxariño máis pequeno de Galicia. Tamén soubemos que o martiño pesqueiro fai o seu niño con espiñas de peixe. Moitos destes paxaros, especialmente os cantores, antes migraban, pero agora co cambio climàtico podemos velos todo o ano na Mariña: a lavandeira, o xílgaro, o chasco ou chaschás, o xerín, o verderolo… Outros que cantan moi fermoso son o pimpín e o rabirrubio, pero os que máis nos gustan son o ferreiriño azul e o abelleiro porque teñen unhas plumas moi coloridas e pendúranse das pólas cabeza para abaixo.

Encántannos os paxaros!

UNHA SEGUNDA OPORTUNIDADE PARA OS LIBROS DA BIBLIOTECA

Na nosa intención de reutilizar os recursos do colexio e tendo en conta que celebrabamos a Semana do libro, repartimos un libro para cada alumn@ procedente da biblioteca. Esta experiencia levouse a cabo o venres día 21 de abril e hoxe 23 de abril, Día do Libro, ensinámosvos unha mostra desa experiencia.

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

The legend of: "Saint George and the dragon"

 

 A mestra de inglés, Rosa e o axudante de conversa, JohaN, xunto cos alumn@s de 2ª de EP. prepararon a obra de teatro:THE LEGEND OF: "SAINT GEORGE AND THE DRAGON". A LENDA DE " SAN XURXO E O DRAGÓN"

Todo o colexio disfrutamos da súa magnifica representación. Noraboa a tod@s!!!

 

 PREME NA FOTOGRAFÍA PARA PODER VER O VÍDEO DA REPRESENTACIÓN.

 

 

AQUÍ TEDES AS FOTOGRAFÍAS DA MESMA OBRA

CHEGOU A PRIMAVERA Á BIBLIOTECA

Os nenxs de 2º de Educación Primaria recolleron as flores, que naceron dos bulbos plantados no inverno, no patio da bibioteca.

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

Distribuir contido


by Dr. Radut