Skip to Content

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

PREPARANDO O SAMAÍN

Xa estamos inmersos nas novas actividades de Samaín.

Cada curso empezou a preparar diferentes  manualidades e que durante esta semana estivemos colocando na biblioteca.

Toda unha morea de traballos variados e didácticos que nos permiten ir comprendendo a orixe do Samaín.

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO.

 

INICIAMOS A SEMANA DA BIBLIOTECA

Durante esta semana estamos celebrando o Día das Bibliotecas Escolares.

Houbo tanta participación de pais, nais, veciños, antigos mestres,... que decidimos adicar a semana completa a esta emotiva actividade.

Poñemos aquí unha pequena mostra do esforzo que todas estas persoas adicaron a sacar un sorriso ao alumnado deste centro.

Realmente estámolo pasando en grande coas vosas propostas: teatros de guiñol, libros, contos, presentacións,...

Miles de grazas familias!!!

 

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

 

Continúamos  coas xornadas de familia-escola con diferentes actividades: contar contos, elaboración de doces e bonecas, explicar anécdotas e lendas. 

Estamos sentindo un ambiente entrañable con cada unha destas actividades. 

De novo, mil grazas!!!

Preme na imaxe para poder ver o vídeo

 

 

Un Samaín libre de medos

Hoxe todo o alumnado do CEIP de Celeiro desfrutou duns obradoiros da Escola Galega de Consumo para celebrar un Samaín sen medos e exento de perigos.

Os obxectivos destes obradoiros eran:

Advertir sobre os principais riscos nos disfraces, complementos e artigos de Samaín.

Dar a coñecer as normas de etiquetado destes produtos.

Divulgar a actuación da inspección de consumo e do Laboratorio Galego do Consumo.

 

 

 

 

 

Limpeza de praias

Hoxe todo o alumnado de primaria  do CEIP de Celeiro participou nunha xornada de limpeza simultánea de praias en colaboración con ADEGA e coa gran axuda que sempre nos brinda a Asociación Pratodo.

Sabemos que un dos grandes problemas da nosa sociedade é o plástico que acaba en pequenos anacos polas praias e os mares e que termina en moitas ocasións no interior dos peixes, e polo tanto, nas persoas.

Participamos e concienciamos ao noso alumnado da importancia de que  ter uns mares sen plástico é ter uns mares con vida.

Podemos ver o vídeo que resume o noso día.

 

 

 

Proxecto competencial

O alumnado de 3º de EP. levou a cabo un proxecto de Maruja Mallo impresionante, con debuxos e textos que mostraban a súa biografía.

Noraboa!!!

VISITA DA BANDA DE MÚSICA DO CONSERVATORIO DE VIVEIRO

Onte recibimos a visita da Banda de Música do Conservatorio de Música de Viveiro.

Foi unha xornada de risas e boas vibracións.

Disfrutamos moitísimo da presenza de antigos alumnos do colexio e tivemos  a oprtunidade de tocar diferentes instrumentos de vento- metal e vento-madeira.

Mil grazas a todxs, especialemente a Álvaro, Samuel, Yeray, Pablo e Antón.  

 

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

 

XORNADA MEDIOAMBIENTAL

O venres pasado Porto de Cleiro e Lucas Requejo organizaron unha actividade centrada no coidado dos océanos.  Esta iniciativa,  financiada pola Xunta de Galicia e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca),  nace  froito do convenio de colaboración entre o CEIP de Celeiro e Porto de Celeiro S.A OPP-77 para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca.

 

 Nesta xornada tivemos actividades como: Coidado do medio próximo ao centro para o alumnado de E. Infantil e percorrido por Celeiro ata a praia para facer facer unha recollida de lixo para E. Primaria. Así como charlas e deseño de carteis.

O obxectivo é que sexa unha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxe sobre o mar e a necesidade de coidar e respectar o medio ambiente.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria está convocado a participar nun concurso onde poderán deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha manualidade onde deixarán patente o que para elas e eles significa o mar. Valorase de xeito positivo a utilización de materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedará plasmada a vea artística destas pequenas e pequenos. 
 
 
 
PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

Visita de usuarixs e personal do Centro de Día de Alzhéimer de Celeiro

A semana pasada estiveron no noso colexio os usuarios e o persoal do Centro de Día de Alzhéimer dependente da Xunta de Galicia e xestionado pola Cruz Vermella.

 Foi unha xornada especialemente emotiva e xs nenxs de primeiro ciclo pasaron unha horas moi ledas con todxs eles.

Grazas!!!

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

Charla das nais e pai de 2* de EP sobre os oficios

Este lunes tivemos unha charla moi constructiva e emotiva. Dúas nais e un pai do alumnado de 2* de EP falaron dos seus traballos diarios e unha delas tróuxonos material para facer experimentos e aprender a través da práctica. Todo un exemplo de aprendizaxe creativa. 

Grazas. 

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

REMATE DA MICRORREDE

O venres pasado tivo lugar o remate da microrrede A Mariña. Foi un acto moi emotivo xa que se ensalzou o labor da nosa compañeira Marta Pérez Lage, tendo en conta que foi unha das artífices desta idea tan enriquecedora, de formar una microrrede de bibliotecas escolares da Mariña. Tamén coordinou de forma maxistral a nosa biblioteca durante moitos anos.

Ata o día 29 de maio poderemos ver no noso centro o Conto colaborativo creado entre diversos centros da Mariña

Grazas Marta!!!

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

Distribuir contido


by Dr. Radut