Skip to Content

blogue debiblioteca

LIMPEZA MEDIOAMBIENTAL

O pasado xoves, 20  de outubro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participou na recollida de lixo e limpeza do lavadoiro, fonte e  o Rego do Monte e arredores.

Esta actividade estivo organizada pola Asociación PRATO_DO dentro do programa de voluntariado ambiental Globo Marruán.

Queremos, desde o colexio, dar as gracias por contar coa nosa colaboración e tamén felicitalos pola estupenda iniciativa.

O noso alumnado recolleu preto de 90 quilos na fonte de Térceras e no Rego do Monte.

Foi unha mañá moi produtiva cunha aprendizaxe moi directa sobre o coidado do Medioambiente que tan necesario é traballar desde o colexio.

NESTA PÁXINA PODEMOS VER MOITAS ACTIVIDADES

PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DA XORNADA

PREME NA IMAXE PARA VER OS DEBUXOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA DESPOIS DA RECOLLIDA DO LIXO

INFORMACIÓN SOBRE ACTIVIDADES DEPORTIVAS

“Coñecemos novos deportes”

O mércores,19 de outubro, recibimos a visita do Club de Remo de Celeiro. O obxectivo da visita foi dar a coñecer este deporte ao alumnado de cuarto, quinto e sexto de Primaria.

Disfrutamos da amabilidade dos monitores e achegámonos a este fermoso deporte, do que destacamos o completo que é (xa que traballa todo o corpo), o contacto coa natureza e o traballo en equipo.

Gustounos moito probar o remoergómetro, que é unha máquina para simular a acción de remar. Quedamos todos invitados a probar nas instalacións do club en Celeiro…estamos seguros de que moit@s repetirán!!

 

VISITA CLUB BALONCESTO VIVEIRO 

O venres, 30 de setembro de 2022.

O Club Baloncesto Viveiro nunca se olvida de nós, este curso recibimos novamente unha visita dun dos seus entrenadores para amosarnos este deporte e o traballo do Club. Esta vez a actividade programada foi para o alumnado de terceiro e cuarto de Primaria. Realizamos unha sesión de iniciación ao baloncesto na que suamos e corrimos a partes iguais.

Damos as gracias ao entrenador Carlos e esperamos volver a vernos moi pronto.

ABRIMOS A BIBLIOTECA POLAS TARDES

A partir do luns 24 de outubro a biblioteca estará aberta de 4 a 6 da tarde os martes, mércores e xoves para uso de nenos, nenas e familias.

Non estará dispoñible a posibilidade de préstamos, xa que estes realízanse en horario lectivo.

Recordamos que os nenos e nenas de Educación Infantil terán que acudir acompañados dun adulto.

Esperámosvos!

 

4ª EDICIÓN DE SUPERARTE

Durante a semana do 17 ao 23 de outubro celébrase a IV Edición de SUPERARTE cun amplo programa de actividades para dar visibilidade ás persoas con diversidade funcional.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria do noso colexio recibiu unha "charla informativa" sobre as enfermidades raras, escoitaron un conto moi emocionante e puideron facer moitas preguntas para resolver moitas dúbidas.

Estas actividades serven para plantar a semente da inclusión tan necesaria desde pequenos.

Agradecemos ao Concello de Viveiro esta aportación e desexamos que sexa moi exitosa esta nova Edición de SUPERARTE.

 

 

Día das Escritoras 2022

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VII Edición celébrase este ano 2022  o 17 de outubro baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, comisariada pola escritora Carmen Domingo . “Un ano máis recuperamos a palabra de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mulleres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas”.

O lema deste ano é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”.

Dende a Bibliosoños facemos visible a obra de escritoras en galego e castelán cunha pequena exposición.

A orixe da nosa lingua guapa

A orixe da nosa lingua guapa é un filme producido pola Real Academia Galega a partir dunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey, autora dunha morea de historias que levan cativado a varias xeracións de nenas e nenos. Damián Varela foi o director da orquestra a partir do guión asinado por Casalderrey e Fátima R. Ruibal, que é ademais a meiga-mestra que protagoniza esta película xunto ás verdadeiras estrelas: os nenos e as nenas do CPI Santa Lucía de Moraña que se converteron en actores e actrices para a ocasión.


Convocatoria do programa Radio na Biblio para o curso 2022/23

Convocatoria do programa Radio na Biblio

para o curso 2022/23

Imos solicitar a participación no programa RADIO NA BIBLIO para este curso 22-23, a través da convoctoria que realiza a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Xa vimos participando desde o ano 2018 e foron moitas as alumnas e alumnos que pasaron polo estudo da nosa RADIO realizando moitos programas que se poden ver na PÁXINA DA RUFOSOÑOS.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut