INICIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2021-2022
Estimadas familias:
O vindeiro MÉRCORES, día 13 de OUTUBRO de 2021, COMEZAN as ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.
Segundo o protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19, informámoslles daqueles aspectos máis importantes que deberán ter en conta e pedimos a súa colaboración para conseguir, entre todos, un bo funcionamento das mesmas.
- O USO DA MÁSCARA SERÁ OBRIGATORIO.
- ENTRADAS ÁS ACTIVIDADES:
O alumnado NON USUARIO do SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR, tanto de E. Infantil como de E. Primaria entrará ás 15.45 HORAS polo PORTALÓN GRANDE que dá acceso ao patio e dirixirase ao PAVILLÓN POLIDEPORTIVO. Os monitores e monitoras das distintas actividades que se desenvolvan ese día agardarán dentro do pavillón polos seus respectivos alumnos e alumnas. O alumnado ENTRARÁ SÓ no recinto. NON SE PERMITE A ENTRADA DOS PROXENITORES NO CENTRO EDUCATIVO.
- SAÍDA DAS ACTIVIDADES:
A SAÍDA realizarase A PARTIR DAS 16.55 HORAS.
NON HABERÁ SERIZO DE AUTOBÚS.
AS FAMILIAS AGARDARÁN SEMPRE FÓRA DO RECINDO ESCOLAR, DIANTE DO SEU RESPECTIVO PORTAL DE SAÍDA, EN FUNCIÓN DA ACTIVIDADE QUE TEÑA ESE DÍA O SEU FILLO OU FILLA (Cadro Anexo).
Cada monitor/a ACOMPAÑARÁ AO ALUMNADO DA SÚA ACTIVIDADE ATA O SEU RESPECTIVO PORTAL DE SAÍDA para entregarllo a súa familia, que estará agardando fóra.
AGRADECEMOS A SÚA COLABORACIÓN!
SAÍDA | ACTIVIDADES |
PORTAL 1 |
RITMO E BAILE BAILE MODERNO TEATRO COSTURA ARTE E PINTURA MANUALIDADES INFORMÁTICA |
PORTAL 2 |
GUITARRA ROBÓTICA XIMNASIA RÍTMICA CONTACONTOS |
PORTAL 3 |
BALONMÁN FUTBITO BALONCESTO TENIS BAILE GALEGO |
AXUDAS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
Estimadas familias:
A través do seguinte enlace atoparán a información para solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2021-2022.
O prazo remata o 30 de setembro.
ORGANIZACIÓN DO CENTRO SEGUNDO O PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19
Segundo o protocolo de protección e o plan de adaptación do CEIP do Castrillón - Coiro, á
situación COVID-19, informamos dos aspectos máis significativos de organización do centro.
Solicitamos ás familias do alumnado que lean detidamente as instrucións dadas, clicando no
documento adxunto.
Revista "A Gamela"
Boas a todos e todas!
A nosa revista "A Gamela" volve despois dun pequeno letargo!!! Volve con moita forza e con ganas de informar. Nela podedes ver algunhas das cousiñas que os nenos e nenas do Castrillón fixemos neste curso 20/21.
Esperamos que disfrutedes tanto dela como nós ao facela.
Un saúdo e bo verán.
Para poder ver a revista clica no link.
Relación de libros de texto curso 2021/2022
Relación de libros de texto
Curso 2021/2022
Curso |
Área |
Título, colección, editorial |
ISBN |
3 anos A |
Inglés |
Daisy, Robin & Me! Green Starter Class Book Pack . Oxford U. P. |
9780194806626 |
3 anos B |
Inglés |
Daisy, Robin & Me! Green Starter Class Book Pack . Oxford U. P. |
9780194806626 |
4 anos A |
Inglés |
Daisy, Robin & Me! Green A Class Book Pack . Oxford U. P. |
9780194806435 |
4 anos B |
Inglés |
Daisy, Robin & Me! Green A Class Book Pack . Oxford U. P. |
9780194806435 |
5 anos A |
Inglés |
Daisy, Robin & Me! Green B Class Book Pack . Oxford U. P. |
9780194806534 |
5 anos B |
Inglés |
Daisy, Robin & Me! Green B Class Book Pack . Oxford U. P. |
9780194806534 |
1º E. Prim. |
Matemáticas |
Proyecto Zoom, 1 Primaria. Ed. Vicens Vives |
9788468254692 |
|
Matemáticas |
Proyecto Zoom, PRACTICAMAT 1. Ed. Vicens Vives |
9788468258737 |
|
Lingua Galega |
Proxecto Zoom, ACTIVIDADES de REFORZO 1. Ed. Vicens Vives |
9788468259390 |
|
Lingua Galega |
Proxecto Zoom, COMPRENDER E APRENDER 1. Ed. Vicens Vives |
9788468232119 |
|
Inglés |
Go! 1, Student’s Pack. Ed. Richmond |
9788466829205 |
2º E. Prim. |
- |
Licencia Snappet INICIO |
9788494420535 |
|
Matemáticas |
Proyecto Zoom, 2 Primaria. Ed. Vicens Vives |
9788468254869 |
|
Matemáticas |
Proyecto Zoom, PRACTICAMAT 2. Ed. Vicens Vives |
9788468258744 |
|
Lingua Galega |
Lingua Galega 2. ACTIVIDADES LINGUA. Ed. Vicens Vives |
9788468230207 |
|
Inglés |
Go! 2, Student’s Pack, Ed. Richmond |
9788466826242 |
3º E. Prim. |
- |
Licencia Snappet INICIO |
9788494420535 |
|
Lingua Galega |
Lingua 3, Peza a peza, Ed. Anaya |
9788469866931 |
|
Matemáticas |
Matemáticas 3, Saber Hacer Contigo, Ed. Santillana |
9788414111864 |
|
C. Sociais |
C. Sociais 3, Peza a peza, Ed. Anaya |
9788469867150 |
|
C. da Natureza |
C. da Natureza 3, Peza a peza, Ed. Anaya |
9788469867051 |
|
Inglés |
Go! 3, Student’s Pack, Ed. Richmond |
9788466825405 |
4º E. Prim. |
- |
Licencia Snappet INICIO |
9788494420535 |
|
Lengua Cast. |
Lengua Castellana 4, Saber Hacer, Ed. Santillana |
9788468029566 |
|
Lingua Galega |
Lingua 4, Aprender é crecer en conexión, Ed. Anaya |
9788467880137 |
|
Matemáticas |
Matemáticas 4, Saber Hacer, Ed. Santillana |
9788483056097 |
|
C. Sociais |
Sociais 4, Aula activa, Ed. Vicens Vives |
9788468228983 |
|
C. da Natureza |
Naturais 4, Aula activa, Ed. Vicens Vives |
9788468228433 |
|
Inglés |
Wonder 4, Student’s Pack 4, Ed. Richmond |
9788466817974 |
Castrillón-Coiro, 15 de xuño de 2021
IMPORTANTE:
Na relación de libros para o alumnado de 2º, 3º e 4º de E. Primaria figura unha licencia
SNAPPET. A libraría xestionará este código ISBN como calquera dos outros que figuran na lista.
As licencias serán enviadas directamente ao colexio a principios do mes de setembro a través de
Snappet.
As familias de 4º de E. Primaria que non resulten beneficiarias no fondo solidario de libros de
texto do libro de inglés WONDER 4, NON TEÑEN QUE MERCALO.
(*) As librarías de Cangas teñen copia da lista dos libros de texto.
E ti, que desexas?
Para conmemorar o Día Internacional do Medio Ambiente, este venres o alumnado de 1º e 2º de educación primaria escribiron desexos e mensaxes de amor cara o noso planeta azul.
Entre todos e todas, temos que coidar del!
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
NORMA |
ORDE do 6 de maio de 2021 (DOG do 20 de maio de 2021) |
Pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022. |
|
CÓDIGO de PROCEDEMENTO: ED330B |
DESTINATARIOS |
|
|
Fondo solidario de libros de texto |
3º e 4º de E. Primaria |
|
Axudas para adquirir libros de texto |
1º e 2º de E. Primaria |
|
Axudas para adquirir material escolar |
Alumnado de E. Primaria (De 1º a 6º) |
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
|
PRAZO |
Desde o 21 de maio ata o 22 de xuño (incluído) |
FORMAS DE PRESENTACIÓN |
Poderán presentar as solicitudes os pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumnado. |
A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/2022. |
|
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados Anexo I e Anexo II,dispoñibles na aplicación informática Fondolibros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros |
|
Unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude e, posteriormente, poderán optar polas seguintes formas de presentación: - Na Sede Electrónica (https://sede.xunta.gal): Para a presentación por esta vía poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) - Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados) xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).
Así mesmo, poñemos a súa disposición o formulario normalizado de Solicitude (Anexo I e II) para que poidan descargalo. Unha vez decargado, deberán cumprimentalo e poderán presentalo no centro.
Tamén temos á súa disposición os formularios de solicitude (Anexo I e Anexo II) en Secretaría para que poidan cubrilos e presentalos no centro.
O horario de atención ao público na Secretaría do centro para este procedemento será de 09.30 a 14:00. Aconséllase en ambos casos pedir previamente CITA PREVIA nos seguintes teléfonos: 886 110 173, 886 110 172, 886 110 170. As franxas horarias nas que se pode facer entrega da documentación son:
|
|
Alumnado 6º E.P. |
O alumnado que está actualmente en 6º, poderá presentar a solicitude por vía electrónica ou no INSTITUTO onde vaia estar matriculado no curso 2021/2022. |
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA |
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. -Certificado ou volante de convivencia. -Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello.
|
RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR |
Será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Na declaración do IRPF do exercicio fiscal 2019, sumaranse o recadro 435 + o recadro 460 e dividirase o resultado entre o número de membros computables da unidade familiar a 31 de decembro de 2019. Á hora de dividir computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas. |
MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR |
-Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, os titores do alumnado. -Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados, ou os/as fillos/as en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo. -Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade. -Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar. -Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común. -A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida. -Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles. |
MEMBROS NON COMPUTABLES |
Non terá a consideración de membro computable: -A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida. -O agresor nos casos de violencia de xénero. |
CONTÍA DAS AXUDAS |
|||
|
Renta per cápita familiar |
||
|
Menor ou igual a 6.000 € |
Maior de 6.000 e menor ou igual a 10.000 € |
Menor ou igual a 6.000 € |
|
LIBROS DE TEXTO |
MATERIAL |
|
1º e 2º de E. Primaria |
210 € |
140 € |
50 € |
3º e 4º de E. Primaria |
Fondo: 6 libros (1) |
Fondo: 4 libros (1) |
|
5º e 6º de E. Primaria |
Proxecto E-DIXGAL |
Proxecto E-DIXGAL |
|
|
(1) O número de libros que se indica é o mínimo garantido, pero poderá incrementarse se houbera existencias suficientes no centro. |
PUBLICACIÓN |
|
Publicación de listaxes provisionais> |
Ata o 09.07.2021 |
Reclamación ás listaxes provisionais> |
2 días seguintes á publicación |
Publicación das listaxes definitivas> |
O 20.07.2021 |
As listaxes publicaranse única e exclusivamente no TABOLEIRO DE ANUNCIOS situado no porche da entrada de E. Primaria. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a chave 365 ou o certificado dixital da FNMT. |
ENTREGA DE LIBROS E VALES |
A entrega dos libros de texto do Fondo Solidario do curso 2021/2022 para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizarase no mes de SETEMBRO, xunto co documento de “ENTREGA” que terá a sinatura da persoa tiltular da dirección, o selo do centro e a sinatura do/da representante legal do alumnado, a quen se lle entregará unha copia.
Os VALES para adquirir libros de texto para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e dos VALES para adquirir material escolar destinados ao alumnado matriculado en E. Primaria entregaranse na semana comprendida entre o 5 e 9 de xullo de 2021. |
LETRAS GALEGAS 2021:Xela Arias
Enviado por Anónimo o Dom, 16/05/2021 - 13:00Este ano 2021 as Letras Galegas adícanse á poeta Xela Arias.
O alumnado do CEIP Castrillón quere homenaxeala recitando poemas duha das súas obras, Darío a Diario,que escribiu co nacemento do seu fillo Darío.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!
IMAXE DE SABELA CARBALLO
Concurso de Portada de "A Gamela"
Xa temos portada e contraportada para a nosa revista "A Gamela".
Depois dunha votación moi axustada as gañadoras son a nº11 e a nº 17. Noraboa aos gañadores/as e moitas grazas a todos/as que participastes.
Saúdos.
Letras Galegas: Xela Arias.
Enviado por lauvicente o Mar, 11/05/2021 - 11:49Este ano 2021 as Letras Galegas están adicadas a Xela Arias.
Como cada ano son moitas as actividades que se propoñen nas redes para traballar persona a que se lle adica o 17 de Maio.
Actividades para Educación Infantil
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!!!
INFORMACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO
INFORMACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO
CURSO 2021/2022
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2021/2022, informamos
que todo o alumnado que solicitou praza no noso centro foi admitido.
As listaxes co alumnado admitido están publicadas no taboleiro situado no porche interior do edificio de E. Primaria.
RECURSOS PARA A PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR
Desde o Departamento de orientación elaborouse un documento onde se recollen algúns recursos que poden resultar interesantes para traballar a prevención do acoso escolar.
Nel atoparedes bibliografía, curtametraxes e dinámicas que pretenden fometar o respecto, o traballo en equipo e a tolerancia.
Esperamos que sexa da vosa axuda.
CANTO VOA O TEU AVIÓN?
Hoxe, o alumnado de 5º de E. Primaria puxo en práctica os contidos aprendidos durante este trimestre sobre as medidas de lonxitude. Cada un deles fixo voar o seu avión para despois medir a distancia alcanzada.
Cal deles chegaría máis lonxe?
Aquí vos deixamos algunhas fotografías da divertida competición.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »