Saltar navegación.
Inicio

O alumnado de Castrillón, contribuíndo coa igualdade e a inclusión.

O pasado venres 21 de xaneiro, o alumnado de 2º EP A presentou na Morada de Buli a primeira remesa de libros adaptados por eles, coa axuda da súa mestra Susana.

Estes libros contan co título transcrito en Braille, así como un código QR que, tras escanealo, permite escoitar o conto lido pola rapazada. Desta forma, fan máis accesible a lectura para aquelas persoas que aínda non len ou que se achegan a ela de forma diferente.

        

 

 

 

 

CONCURSO DE DEBUXO

Anímate a participar! Tes ata o 24 de xaneiro para entregar o teu debuxo!Risa

  

Gañadores dos Concursos de Nadal

Os gañadores dos Concursos de Nadal organizados pola biblioteca "A Morada de Buli" son os seguintes:

  • Categoría EI e 1º EP "Debuxa a Buli no Nadal": André Ferral Outeiral (6º EI B).
  • Categoría 2º e 3º EP: Noa Pedrido Varela, Mar Sanmartín Lorenzo, Enzo Soage Rodríguez e Mathías Toubes Mendoza, de 3º EP A (relato cooperativo).
  • Categoría 4º - 6º EP: Marcos Rivas Dacruz (4º EP A).

Parabéns a tódolos premiados!

BO NADAL

 

 

Estreamos o Bookflix!

Hoxe, o alumno de 4º E.P.- A Lucas Moral foi o primeiro alumno dos cursos 4º - 6º E.P. en completar a lectura cinco libros emprestados da nosa biblioteca, polo que foi o primeiro en colocar a reseña do libro que máis lle gustou dos cinco que leu no Bookflix da Morada de Buli. En breve recibirá tamén un pequeno agasallo.

Parabéns!

 

Concursos de Nadal

Videocontos de Nadal

 

Queridas familias, é o voso momento!

Facédelles chegar aos titores os vosos videocontos de Nadal a través dun pen-drive, a ser posible en galego, antes do 15 de decembro. Visionarémolos entre o 16 e o 21 de decembro nas horas de lectura nas clases dos vosos fillos.

Animádevos a participar!

Día do Pixama 2021

Hoxe no CEIP Castrillón Coiro celebramos o Día do Pixama, unha iniciativa de ASEAF (Asociación Estatal de Acogimiento Familiar) para celebrar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. 

No noso cole, ademais de vir en pixama, o alumnado trouxo o seu libro favorito e posou nun photocall montado para a ocasión na Morada de Buli. Deixámosvos por aquí unha pequena mostra e proximamente subiranse tódalas fotos á Galería.

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL.

Xúntase en arquivos adxuntos a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E) xunto co formulario de solicitude (ANEXO I e II).

Terá dereito a esta axuda o alumnado que fose beneficiario de axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22. Este alumnado NON TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE.

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

Poderá acceder tamén a esta axuda o alumnado que pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ no exercicio fiscal de 2019, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

NESTE CASO, A SOLICITUDE TENSE QUE FACER DE FORMA PRESENCIAL NA SECRETARÍA DO CENTRO. Os impresos poden descargarse nos enlaces que figuran ao pé desta nota ou poden recollerse no propio colexio. Non é necesario solicitar cita previa.

O prazo para presentar as solicitudes vai desde o día 15 ata o día 26 de novembro de 2021.

 

O centro informará a través de Abalar do procedemento de distribución das máscaras.

 

Orde do 20 de outubro de 2021 (DOG 12 de novembro de 2021)

 

ANEXO I e II-Máscaras (Procedemento ED330E)

 

 

Horario de biblioteca pola tarde

Estimadas familias:

Lembrámosvos que a biblioteca está aberta para préstamos os luns, mércores, xoves e venres durante o horario de actividades extraescolares (15:45 - 17:00).

Así mesmo, lembrade que vós tamén podedes facervos socios da biblioteca e así poderedes levar máis contos para ver cos vosos fillos na casa (ou libros para o voso propio tempo de lecer).

Unha buliaperta.

 

O equipo de Biblioteca - A Morada de Buli.

DÍA DO PIXAMA

Este curso participamos na iniciativa da ASEAF, pincha na imaxe para obter máis información.

 

Magosto

Chegou o momento de recuperar o noso querido Magosto Risa

Grazas a todas e todos por facelo posible!

Pincha na foto:

 

TÚNEL DO TERROR

Polo Samaín vivimos unha experiencia terrorífica. Quen se atreve a entrar no noso túnel do terror?

Pincha na imaxe e adéntrate con nós Risa

RECEITAS DE OUTONO.

29/10/2021 09:39

Ola a todos e todas!

O outono xa está aquí e con el ricos froitos para elaborar deliciosas receitas.

Fai un vídeo no que aparezas elaborando unha receita para traer ao cole. 

Deben aparecer os ingredientes e os pasos da elaboración.

Animádevos masterbuliños!!!!

 

 

Festa de Samaín

Distribuir contido