Recomendacións

Na rede

Moitas veces atópase información interesante na rede.

Consideramos relevante este artigo da revista Consumer de Eroski sobre a obesidade infantil.  Clica para ver o artigo.

Recomendacións


Para o mellor aproveitamento do horario de Educación Física do seu fillo ou filla, agradecería que tivesen en conta as seguintes recomendacións:

  • INDUMENTARIA:Procure que o alumno/a asista a clase coa indumentaria axeitada (roupa cómoda -pantalón largo-, e calzado de tipo deportivo -evite botas e zapatillas co piso moi delgado e sobre todo chanclas ou similares- e gorra os días soleados). Como o patio ten o asfalto solto, convén que o pantalón sexa largo. É importante que muden o calzado ao voltar a casa xa que irá sudado, aínda que poden traer consigo un calzado para mudalo no colexio.

  • Calzado: deberá ser cómodo, flexible e que protexa o pé pero deixe libre o nocello. Nos máis pequenos, si non saben atar os cordóns, recoméndase peche tipo velcro (dalles máis autonomía e resulta menos perigoso)

  • Si no horario as sesións coinciden á entrada na mañá, procure que sexa puntual na entrada ó colexio (comézase a sesión con exercicios de quecemento que non debería perderse).

  • Si por calquera motivo estiman que o neno ou nena non deber traballar con normalidade envíen unha nota por el/ela ou avise por teléfono.

  • Si estivese con gripe lembre que, agás cando chove, normalmente as clases de Ed. Física desenvólvense no patio.

  • Lembren que para falar comigo poden vir os días asignados no horario do profesorado á atención de pais e nais (martes de 17.30 a 18.30 e de non poder facelo nese horario tenten porse en contacto comigo para buscar un momento que nos conveña.

 

FUTBOL

Powered by Drupal - Design by artinet