Skip to Content

Recomendacións

Asma e Educación Física

ACTIVIDADE FÍSICA EN NENOS E NENAS CON ASMA

Hoxe en día son moi frecuentes os casos de asma en nenos e nenas, polo que no momento de practicar actividade física débese ter en conta.

 

Sen embargo, dar por sentado que cando se ten asma non se pode facer exercicio físico, non é de todo certo. Esta doenza debe estar controlada, co tratamento axeitado, e debe ser notificada ao profesorado de Educación Física, quen deberá ser coñecedor da situación e telo en conta no momento de planificar as actividades.

 

O exercicio físico habitual e controlado nestes casos vai traer consigo moitos beneficios, entre eles o fortalecemento da musculatura torácica e o aumento da capacidade pulmonar, co conseguinte incremento da tolerancia ao deporte.

 

Tamén temos que ter en conta que co exercicio supervisado os alumnos e alumnas terán a posibilidade de aprender a recoñecer mellor os primeiros síntomas de unha crise, favorecendo o seu autocontrol e mellorando a súa autoestima.

 

Deste xeito, nas sesións de EF, o profesorado terá en conta sempre que alumnado padece esta doenza, traballando máis que os exercicios en si, o control do seu propio esforzo e cómo actuar ante os primeiros síntomas.

 

É convinte unha boa comunicación familia-profesorado para poder ter en conta cando non é aconsellable realizar esforzos (estado de saúde, climatoloxía, sobrecarga de actividade…).

 

Cabe salientar a importancia de manter unha dieta equilibrada e evitar o sobrepeso, xa que o control do peso pode axudar a mellorar o control do asma, obxetivándose ca diminución de peso unha melloría da función pulmonar, da calidade de vida e unha menor necesidade de fármacos para o control da enfermidade.

 

As recomendacións da Sociedade Española de Inmunoloxía Clínica, Alergoloxía e Asma Pediátrica (SEICAP) e a Sociedade de Española de Neumoloxía fan fincapé nos beneficios da actividade física regular pero coñecendo e respectando as propias limitacións de cada un. Resaltan a importancia dun bó control dos doentes con asma que deberán levar consigo o tratamento prescrito para poder empregalo no caso dunha crise. Poderán parar sempre que o precisen e é importante o quecemento suave e progresivo. Deberá respirar polo nariz e nos días de frío pode empregar un pano ou prenda que lle permita tapar a boca e o nariz. Debe evitar realizar actividade física con resfriados ou cando amose dificultade para respirar.

 

Recomendamos de seguido algunhas páxinas con información sobre esta doenza:

¿Pueden hacer deporte las personas que tienen asma?

Cuáles son los mejores deportes para las personas con asma

7 claves de la práctica del deporte en niños con asma

Agradecemos á colaboración ao servizo de pediatría do Centro de Saúde de Carnota.

Na rede

Moitas veces atópase información interesante na rede.

Consideramos relevante este artigo da revista Consumer de Eroski sobre a obesidade infantil.  Clica para ver o artigo.

Recomendacións


Para o mellor aproveitamento do horario de Educación Física do seu fillo ou filla, agradecería que tivesen en conta as seguintes recomendacións:

    • INDUMENTARIA:Procure que o alumno/a asista a clase coa indumentaria axeitada (roupa cómoda -pantalón largo-, e calzado de tipo deportivo -evite botas e zapatillas co piso moi delgado e sobre todo chanclas ou similares- e gorra os días soleados). Como o patio ten o asfalto solto, convén que o pantalón sexa largo. É importante que muden o calzado ao voltar a casa xa que irá sudado, aínda que poden traer consigo un calzado para mudalo no colexio.

Calzado: deberá ser cómodo, flexible e que protexa o pé pero deixe libre o nocello. Nos máis pequenos, si non saben atar os cordóns, recoméndase peche tipo velcro (dalles máis autonomía e resulta menos perigoso)

  • Si no horario as sesións coinciden á entrada na mañá, procure que sexa puntual na entrada ó colexio (comézase a sesión con exercicios de quecemento que non debería perderse).

  • Si por calquera motivo estiman que o neno ou nena non deber traballar con normalidade envíen unha nota por el/ela ou avise por teléfono.

  • Si estivese con gripe lembre que, agás cando chove, normalmente as clases de Ed. Física desenvólvense no patio.

  • Lembren que para falar comigo poden vir os días asignados no horario do profesorado á atención de pais e nais (luns de 17.30 a 18.30 e de non poder facelo nese horario tenten porse en contacto comigo para buscar un momento que nos conveña.

 

FUTBOL
Distribuir contido


by Dr. Radut