Proposta de actividades dende Educación Física para o 3º trimestre:
Estimadas familias e querido alumnado:
Pretender que neste tempo que queda de curso aprendades algo novo ten pouco sentido. Xa o faremos no curso que ven e os de sexto xa levades repasado o temario. No terceiro trimestre iamos traballar os xogos populares, repasar o que traballamos no primeiro e segundo trimestre e comprobar a mellora nas capacidades e destrezas coas probas finais que eran as mesmas que facemos a comezos de curso, e que tamén faremos a comezos do curso que ben.
Polo tanto, a proposta que quero facer é que sigades a movervos tódolos días, cada quen dentro das posibilidades de espazo e tempo que teña e como descanso do resto de tarefas, a poder ser un total dunha hora ao día.
Os que sabedes que algo non se vos daba ben, pois aproveitar para entrenalo.
O importante é que vos movades pero ao mesmo tempo que vos sirva de relaxación e respiro, así que as primeiras recomendacións de facelo como descanso do resto de tarefa segue a servir.
Algunhas ideas son que adiquedes tempo a entrenar coa peonza, saltar á comba, xogar coa pelota tanto co pé como coas mans (control da pelota, puntería, tiro a canastra, tirar a parede e recoller,…), practiquedes saltos, volteretas, correr, etc.
Pensade que ao estar na maioría dos casos sós, non se traballas aspectos importantes como o xogo en equipo, a oposición e colaboración e a resolución de conflitos a través do diálogo.
Ao mesmo tempo, lembrade que calquera cousa que supoña moverse xa é exercicio físico, e nisto estamos a falar de actividades como son facer a cama, limpar na casa, recoller as cousas, subir e baixar as escaleiras, ..., así que non vale dicir que tedes que facer exercicio como disculpa para non axudar na casa.
Por sorte neste curso tentei ir adiantando materia e prácticamente vimos todo o que había que tratar nos distintos cursos, así que, como xa dixen, so queda que pensedes en que tedes que mellorar e vos poñades a elo. Como xa enviei por ABALAR, podedes contactar comigo no correo electrónico mdepanches@gmail.com para calquera dúbida ou para contarme como ides mellorando mentres non poidamos volver a vernos no colexio.
Moito ánimo