Skip to Content

Educación Física, Horario, Actividades, Recomendacións

O recuncho da Educación Física

Benvidos e benvidas a este recuncho sobre a área de Educación Física no Ceip de Carnota

Tentaremos ofertar información sobre o horario e sobre aspectos relevantes a ter en conta para o mellor funcionamento das sesións de Educación Física

 Nova sección sobre xogos populares.

Xogos e deportes alternativos

Recomendacións Horario EF
   Xogos populares  blog pasodebolaegua
   Novo blogue Agueiro

 

 

Os Pelouros

 

O xogo dos Pelouros.

 

 

Trátase dun xogo popular e tradicional, moi estendido, aínda que as fases ou figuras poden cambiar. Algúns poden facelo coincidir co xogo das tabas, onde se empregaba unha pelota saltarina e os osos de xeonllo dos cordeiros, con forma de dados que había que cambiar de posición.

No caso que vos falo, é como xogaba eu de pequeno. Empregaba cinco pedras, a poder ser algo redondeadas (das que hai na ribeira ou nos ríos) pequenas, de tal xeito que as cinco collesen ben nunha man. De pequeno había ata sete fases ou etapas no xogo, tiñas que ilas superando (como fas nos videoxogos) e si cometías un erro tocáballe quenda ao teu rival.

Basicamente consiste en manexar con destreza as pedras, sendo capaz de lanzar unha e recollela antes de que caia ao chan e no medio facer unha tarefa como pode ser recoller as outras de unha en unha, pasalas por baixo de dous dedos da outra man,..., vamos, que coma en tódolos xogos divertidos, había que ter moita práctica.

Paso a explicar algúns dos pasos, tal e como recordo.

  • Primeiras: sóltanse cunha man as pedras no chan. Escollemos unha que será a que empreguemos como lanzadeira. Lanzamos a lanzadeira ao aire e mentres, coa mesma man, recollemos unha do chan e antes de que a lanzadeira caia a recollemos. Soltamos unha e volvemos a lanzar e recoller ata que teñamos recollido as catro do chan. Si erramos, seguimos na mesma fase e tócalle a outro xogador. Non podemos volver a intentalo ata que nos volva tocar.
  • Segundas: neste caso recóllense de dúas en dúas. Pódese lanzar e recoller a lanzadeira sen lograr coller dúas xuntas e aproveitar para pór as do chan de dúas en dúas e así recollelas con éxito.
  • Terceiras, facer un montón de tres, collelas e despois a que queda.
  • Cuartas, xuntar as catro e recollelas todas xuntas. Lembrade que si a lanzadeira non vos cae podedes seguir intentando collelas sen perder vez.
  • Agora toca unha figura da que non lembro o nome. Antón Cortizas, que estivo de mestre no CEIP de Carnota, recolleu para este xogo a versión de Carnota no seu libro Chirlosmirlos, e a esta chámalle “Paxarela”. Consiste en lanzar unha pedra ao aire e recollela no dorso da man, entre os dedos índice e anular, baixando o medio un pouco. Despois, sen que nos caia esa pedra recollemos facendo pinza co dedo polgar e o medio, unha das do chan e impulsando a man cara arriba facemos que a lanzadeira saía cara arriba e a recollemos xunto coa outra na palma da man.
  • O pozo. É moi parecida á paxarela, pero agora, a que recollemos facendo pinza non a soltamos e temos que conseguir que a lanzadeira pase polo oco que deixa a outra pedra, o índice, o polgar e a man.
  • A seguinte figura trátase da ponte. Facemos coa man non dominante (a que non soemos empregar) unha especie de ponte apoiando o índice e o polgar no chan e mentres lanzamos coa outra man a lanzadeira, empurramos as outras catro pedras intentando que pasen por debaixo desa ponte. Poden ir de unha en unha ou varias xuntas, mesmo en varios intentos, pois si a lanzadeira non nos cae podemos seguir co intento.

 

Antón Cortizas cita tamén o Zapateiro, figura que tampouco lembraba como se chamaba, pero coido que coas anteriores tedes abondo.

Como todos os xogos, a cuestión é a práctica. Cada quen, en función de si lle gusta, pode intentar ir superando as figuras ou fases que vos comento.

Achego tamén enlaces a videos que gravei, nos que eu tamén erro na xogada, para que vos sirvan para ver as figuras.

Video nº1: Primeiras

 

 

Video nº 2: Segundas
 
Video nº 3: Cuartas
 
Video nº4: Paxarela
 
 
Video nº 5: O Pozo
 
Video nº 6: A Ponte
 

Como construir unha indiaca

Boas. Espero que agora que se pode sair esteades recuperando a forma. Xa falamos de estirar, xogos populares, baile e agora fágovos unha proposta, parte manualidades e parte xogo. Trátase da indiaca, que os de 5º e sexto xa saben como é. Igual os máis pequenos necesitades algo de axuda para facela, pero os materiais son moi sinxelos e despois seguro que vos divertides.

Neste video podedes ver como se construe unha indiacahttps://www.youtube.com/watch?v=mRA4CFbQV98

Agora que xa tedes unha indiaca a xogar. Trátase de golpeala coa palma da man e que non caia ao chan, tentando dar o maior número de golpes seguidos. Si tedes con quen xogar, podedes pasala golpeando coa palma da man a ver cantas veces lle dades sin que caia ao chan. Tamén se pode golpear co xeonllo, co pé pero sempre facendo que suba, non que vaia so hacia adiante pois iría ao chan. A divertirse.

Outro video de como facelas si cos globos é moi complicado: https://www.youtube.com/watch?v=utxgGx9Eknc

Algúns xogos por parellas: https://www.youtube.com/watch?v=7ajLC_b_6w8

 

Educación Física e Letras Galegas

Ola.

Esta semana empezarían as actividades no noso centro ao redor das Letras Galegas. Dende as titorías faranse varias propostas, pero dende Educación Física quero facervos unha: Seredes capaces de aprender un paso básico da Muiñeira (xa sei que hai auténticas expertas) dende a casa?

Póñoves neste link un video de Youtube sobre Pasos Básicos da Muiñeira da canle Educación Galicia. Animádevos a intentalo.

Taller creativo de 6º. Tarefa para o terceiro trimestre

Ola alumnado de 6º de E Primaria.

Para o terceiro trimestre somentes teredes que facer unha tarefa, pero como non podemos estar na aula, teredes que facela de xeito individual. Tedes toda a información nun arquivo que podedes descargar clicando debaixo deste texto no enlace. Moito ánimo

Clica aquí para descargar a información sobre o traballo do terceiro trimestre do Taller Creativo

A idea era ser capaces de facelo por equipos e despois na aula de informática subilos os propios equipos á páxina web, polo que sería cuestión de crear catro usuarios, un por equipo e cunha breve explicación subilo.

De tódolos xeitos, aínda estamos a tempo de intentalo pero individualmente. 

Agora vai un manual en pdf de como facelo.(Clica para descargar).

De seguido, un video, que tedes que perdoar a calidade, pero doutra maneira "pesa moito". Non se ven as xanelas emerxentes para insertar imaxe, pero o tedes todo no manual en pdf.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarnota/system/files/Titorial%20crear%20p%C3%A1xina%20alumnado%20web.mp4

 Neste enlace está a páxina da web adicada a titoriais e videotitoriais de axuda

 

Neste enlace poderedes ver os traballos que xa están rematados

Agora un pequeno videotitorial de como entrar e crear unha páxina na web do cole.

(Podedes descargalo, pois vai como adxunto ou clicando neste link)

 

 

Móvete connosco na casa

Dende o portal da Consellería fannos propostas de movemento na casa para este estado de confinamento. Desde o blogue Pasodebolaegua (Clica aquí)  podedes ver a información e enlaces, á páxina e directamente aos videos que hai ata o momento publicados.

Sen ser obrigatorio facer todo o dos videos, si que é aconsellable, e cando menos miradeos que seguro que sacades algunha idea. 

Moito ánimo.

Recomendacións Educación Física 3º trimestre

Proposta de actividades dende Educación Física para o 3º trimestre:

Estimadas familias e querido alumnado:

Pretender que neste tempo que queda de curso aprendades algo novo ten pouco sentido. Xa o faremos no curso que ven e os de sexto xa levades repasado o temario. No terceiro trimestre iamos traballar os xogos populares, repasar o que traballamos no primeiro e segundo trimestre e comprobar a mellora nas capacidades e destrezas coas probas finais que eran as mesmas que facemos a comezos de curso, e que tamén faremos a comezos do curso que ben.

Polo tanto, a proposta que quero facer é que sigades a movervos tódolos días, cada quen dentro das posibilidades de espazo e tempo que teña e como descanso do resto de tarefas, a poder ser un total dunha hora ao día.

Os que sabedes que algo non se vos daba ben, pois aproveitar para entrenalo.

O importante é que vos movades pero ao mesmo tempo que vos sirva de relaxación e respiro, así que as primeiras recomendacións de facelo como descanso do resto de tarefa segue a servir.

Algunhas ideas son que adiquedes tempo a entrenar coa peonza, saltar á comba, xogar coa pelota tanto co pé como coas mans (control da pelota, puntería, tiro a canastra, tirar a parede e recoller,…), practiquedes saltos, volteretas, correr, etc.

Pensade que ao estar na maioría dos casos sós, non se traballas aspectos importantes como o xogo en equipo, a oposición e colaboración e a resolución de conflitos a través do diálogo.

Ao mesmo tempo, lembrade que calquera cousa que supoña moverse xa é exercicio físico, e nisto estamos a falar de actividades como son facer a cama, limpar na casa, recoller as cousas, subir e baixar as escaleiras, ..., así que non vale dicir que tedes que facer exercicio como disculpa para non axudar na casa.

Por sorte neste curso tentei ir adiantando materia e prácticamente vimos todo o que había que tratar nos distintos cursos, así que, como xa dixen, so queda que pensedes en que tedes que mellorar e vos poñades a elo. Como xa enviei por ABALAR, podedes contactar comigo no correo electrónico mdepanches@gmail.com para calquera dúbida ou para contarme como ides mellorando mentres non poidamos volver a vernos no colexio.

Moito ánimo

Proposta de actividade física para o confinamento

"Movémonos"

Propostas de traballo na casa.

Establecer unha rutina de movemento no programa que cada familia estableza para os días de confinamento dentro da casa, como pode ser tarefas de 10 a 20 minutos segundo a idade que supoñan movemento: xogos coa consola que supoñan moverse ("just dance" ou similar), saltar á comba, xogar no patio da casa coa pelota, patinete,...). Tamén establecer xogo manipulativo (tipo construccións lego, recortar,...) para a motricidade fina. Se contamos con espazo arredor da casa camiñar ou montar en bici por ese espazo. Ao final desta páxina tedes un pdf con algúns links que pode ser útiles (ou descargar directamente clikando aquí).

Os temas a traballar: Na área de EF imos traballar no terceiro trimestre, entre outros temas, os xogos populares e  tradicionais. En 5º e 6º de primaria, o alumnado deberá traer un traballo sobre un xogo popular e tradicional propio da zona, onde recolla o nome do xogo, regras (número de xogadores, material necesario, espazo necesario - medidas, tipo de espazo, porterías, ...-, xeito de rifar, cantinela,...). Contará cunha portada a poder ser feita a man, e o texto poderá ser feito co ordenador en tamaño 12, a 1,5 espazo interlinea, como moito 4 carillas a maiores da portada. Poderán entregalo nun Pendrive ou envialo ao correo do centro, ou tamén no momento de retornar as actividades lectivas de xeito impreso. Dito traballo deberán presentalo despois ao  resto do grupo.

Clicando aquí teredes un montón de videos deIOGA e ZUMBA para facer na casa, non vaia ser que nos oxidemos.

En todo caso, lembrade que o importante é o confinamento, e que ter previstas actividades que impliquen actividade física axudarán a liberar tensión e a queimar enerxías. Ánimo.

 

Asma e Educación Física

ACTIVIDADE FÍSICA EN NENOS E NENAS CON ASMA

Hoxe en día son moi frecuentes os casos de asma en nenos e nenas, polo que no momento de practicar actividade física débese ter en conta.

 

Sen embargo, dar por sentado que cando se ten asma non se pode facer exercicio físico, non é de todo certo. Esta doenza debe estar controlada, co tratamento axeitado, e debe ser notificada ao profesorado de Educación Física, quen deberá ser coñecedor da situación e telo en conta no momento de planificar as actividades.

 

O exercicio físico habitual e controlado nestes casos vai traer consigo moitos beneficios, entre eles o fortalecemento da musculatura torácica e o aumento da capacidade pulmonar, co conseguinte incremento da tolerancia ao deporte.

 

Tamén temos que ter en conta que co exercicio supervisado os alumnos e alumnas terán a posibilidade de aprender a recoñecer mellor os primeiros síntomas de unha crise, favorecendo o seu autocontrol e mellorando a súa autoestima.

 

Deste xeito, nas sesións de EF, o profesorado terá en conta sempre que alumnado padece esta doenza, traballando máis que os exercicios en si, o control do seu propio esforzo e cómo actuar ante os primeiros síntomas.

 

É convinte unha boa comunicación familia-profesorado para poder ter en conta cando non é aconsellable realizar esforzos (estado de saúde, climatoloxía, sobrecarga de actividade…).

 

Cabe salientar a importancia de manter unha dieta equilibrada e evitar o sobrepeso, xa que o control do peso pode axudar a mellorar o control do asma, obxetivándose ca diminución de peso unha melloría da función pulmonar, da calidade de vida e unha menor necesidade de fármacos para o control da enfermidade.

 

As recomendacións da Sociedade Española de Inmunoloxía Clínica, Alergoloxía e Asma Pediátrica (SEICAP) e a Sociedade de Española de Neumoloxía fan fincapé nos beneficios da actividade física regular pero coñecendo e respectando as propias limitacións de cada un. Resaltan a importancia dun bó control dos doentes con asma que deberán levar consigo o tratamento prescrito para poder empregalo no caso dunha crise. Poderán parar sempre que o precisen e é importante o quecemento suave e progresivo. Deberá respirar polo nariz e nos días de frío pode empregar un pano ou prenda que lle permita tapar a boca e o nariz. Debe evitar realizar actividade física con resfriados ou cando amose dificultade para respirar.

 

Recomendamos de seguido algunhas páxinas con información sobre esta doenza:

¿Pueden hacer deporte las personas que tienen asma?

Cuáles son los mejores deportes para las personas con asma

7 claves de la práctica del deporte en niños con asma

Agradecemos á colaboración ao servizo de pediatría do Centro de Saúde de Carnota.

Día do Peón

Un ano máis sumámonos á convocatoria de Brinquedia organizando para o día 11 de Novembro e coincidindo co MAGOSTO,  a apertura do tempo do Peón no noso centro.

Para elo, traballaremos dende a área de Ed. Física o Peón no 1º ciclo de e falaremos do tema no resto dos ciclos, convidando para o día 11 a que todos e todas traian o seu peón.

Ese día, despois de comer as castañas faremos que todos os peóns enchán por un momento o patio, dando así por comezado o tempo do peón.

Esperamos que non esquezades o peón ese día e que este vos acompañe no voso tempo de lecer.

Nesta mesma web do cole tés actividades LIM sobre os Xogos populares e mesmo sobre o peón - trompo - buxaina - sevillana -...

Na rede

Moitas veces atópase información interesante na rede.

Consideramos relevante este artigo da revista Consumer de Eroski sobre a obesidade infantil.  Clica para ver o artigo.

Xogos e deportes alternativos

Podedes visitar neste link un blog sobre os xogos e deportes alternativos. Ademais dos que se propoñen tedes que investigar un pouco e escoller un para plantexar na clase. Si é doado polo en práctica dedicarémoslle unha sesión no mes de xuño.

Xogos Populares: actividades e información para ampliar

bolos celtas

 

Para curiosear un pouco e aprender algo, enlazo aquí algúnhas actividades, blogs e webquest que poden ser de utilidades.

Podedes visitar o blog Pasodebolaegua con información sobre os bolos celtas e o xogo de canicas o Guá

Tamén podedes probar coas actividades lim que xa hai nesta páxina do cole:

Xogos populares II

Xogos populares I

Un xoguete moi bailón

Agora ánimo.

Actividade LIM - xogos populares 2

Outra actividade máis sobre os xogos populares.

 

 

Actividade sobre xogos populares

 
 

Esta é unha actividade multimedia interactica. Ten información e actividades. Clica na frecha e irás avanzando páxina. Comproba o resultado clicando en Podes voltar a páxina anterior ou deixar páxinas sen resolver

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut