Skip to Content

Ed. Infantil, EI 3 anos, EI 4 anos, EI 5 anos

BENVIDOS/AS!!

BENVIDAS FAMILIAS!

Comparto con vós o horario escolar deste ano para a aula de cinco anos.

 

 

 

Un saudiño Sorriso

BENVIDOS/AS!!

BENVIDAS FAMILIAS!

Comparto con vós o horario escolar deste ano para a aula de catro anos.

 

 

 

Un saudiño Sorriso

BENVIDOS/AS!!

BENVIDAS FAMILIAS!

Comparto con vós o horario escolar deste ano para a aula de tres anos.

 

 

 

Un saudiño Sorriso

BENVIDOS/AS!!

BENVIDOS/AS FAMILIA!!

Bos días familia! Comparto con vós o horario da nosa aula:

 

UN SAUDIÑO!

Risa

 

 

 

BENVIDOS/AS!!

BENVIDOS/AS FAMILIA!!

 

Bos días familia! Comparto con vós o horario da nosa aula:

 

 

UN SAUDIÑO!

Risa

 

 

BENVIDOS/AS!!

BENVIDOS/AS FAMILIA!!!

 

Bos días familia! Comparto con vós o horario da nosa aula:

 

 

UN SAUDIÑO!

Risa

 

BENVIDAS FAMILIAS!

Esta primeira entrada do curso académico 2020/2021 ten como finalidade darvos a benvida a todos e a todas! Seguramente este ano sexa un pouco estraño e con confusións nalgún momento, pero intentarei facelo o mellor posible. Ademais, os pequenos/as seguro que se adaptan mellor ca nós, como o están a demostrar estes primeiros días!

A continuación, preséntovos o horario de aula, o cal é o seguinte:

Finalmente, comentarvos que aínda que vos dei en papel o protocolo COVID-19 adaptado a nosa aula, así como algunhas pautas para o transcorrer do curso, adxúntovolo tamén nesta entrada.

 

UN SAÚDO ENORME! 

Blog de Educación Infantil: 5º e 6º

Bos días,

Coa intención de non saturar á páxina web do centro de entradas, vendo que esta corentena pódese alongar máis do previsto e coa finalidade de estar todas as propostas xuntas, creei esta mañá un blog chamado A CATIVADA DE CARNOTA. Neste figuran todas as entradas anteriores xunto cunha nova. Concretamente, o que subín hoxe é unha lista de cancións para os nenos/as, a maioría das cales escoitamos na aula diariamente. 

A súa ligazón é:

https://acativadadecarnota.blogspot.com/

 

Espero que vos guste!

Un saúdo.

Proposta de contos para Educación Infantil: 5º e 6º

Bos días,

Hoxe a proposta que vos fago é sobre diferentes contos que lles podedes ler aos nenos/as se os tendes en formato libro ou visualizar a través de YouTube:

 

Cocorico. A través del, podemos traballar tamén a alimentación, destacando a importancia de que sexa variada, equilibrada e saudable. Ademais, danos pé a elaboración dun biscoito en familia fixándonos nos ingredientes, cantidades, pasos a realizar,…

https://www.youtube.com/watch?v=VtyHS-t-laM

 

Mariluz avestruz. Con este conto, desenvolvemos a temática dos animais fixándonos nas súas características.

https://www.youtube.com/watch?v=iBtUNd4DTbg

 

A casa da mosca chosca. Neste conto, os protagonistas tamén son os animais, podendo falar deles, pero tamén se incorporan os números ordinais, pois trátase dun conto acumulativo.

https://www.youtube.com/watch?v=CfzEpFwj1_E

 

Paco papán. Coa lectura da súa historia, podemos traballar os días da semana, os oficios,…

https://www.youtube.com/watch?v=X8Bl9HY55sk

 

Elmer. Trátase dun conto onde se mostra a importancia da diversidade e de que é positivo ser todos diferentes.

https://www.youtube.com/watch?v=T3u0AoA-E-s

 

Por cuatro esquinitas de nada. A través do seu argumento, desenvolvemos valores como a diversidade.

https://www.youtube.com/watch?v=DBjka_zQBdQ

 

Corre, corre, cabaciña. Este conto preséntovolo porque lles encanta aos pequenos/as.

https://www.youtube.com/watch?v=Z5Dc0oAxIls

 

Daniela pirata. Coa historia de Daniela, traballamos a igualdade entre homes e mulleres, tan importante logo de conmemorar o 8 de marzo.

https://www.youtube.com/watch?v=iMJVWcLJcTs&t=138s

 

¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? Co argumento deste conto, seguimos traballando a igualdade, eliminando actos discriminatorios como a cor a usar segundo o xénero, actividades estereotipadas,…

https://www.youtube.com/watch?v=e-dPVYwrHyk

 

A vaca que puxo un ovo. Con este conto, podemos traballar tamén o tipo de reprodución dos animais: ovíparos e vivíparos.

https://www.youtube.com/watch?v=qhVefk9RKps

 

Outros contos que son moi interesantes de ler son:

Once damas atrevidas

Que llega el lobo!

A montaña de libros máis alta do mundo

La cosa que más duele en el mundo

A noite das mudanzas

Rosa Caramelo

 

Espero que vos gusten!

Un saúdo!

 

Actividades para estas semanas sin cole

Bos días! Como xa fixen por ABALARmándovos algunhas actividades que podedes facer estes días sin cole , é importante seguir coas RUTINAS para que a volta non sexa un problema:

-Calendario:Marcar no calendario o día da semana no que estamos(Exemplo:martes 17)Mirar as letras que ten e falar de elas,despois falar do número,contar ata 17,mirar que ten un 1 e un 7.Miramos o tempo que fai,podemos facer un debuxo do tempo ao lado do número,así,ando rematen estes días ,podemos contar os días que fixo sol,choiva,sol con nubes... .

-Contos:Ler un conto,falar do que pasaba no conto ,que personaxes había...e facer un debuxo relacionado con él.

-Cancións ,adiviñas ,trabalínguas...

-Abecedario:Traballar as letras cos seus nomes e os dos seus compañeiros.(P de Pablo,D de Daniel,L de Lía,Luana e Leo... )

-Números : Recoñecemento dós cardinais 1,2,3(Moit@s xa recoñecen máis).Facer conxuntos de 1,2 e 3 elementos.Buscar 1,2 e 3 cousas.

-Cores:Repasar as cores.Buscar 2 obxectos amarelos,1 verde,3 vermellos... .

-Conceptos: Arriba-Abaixo                Moitos- poucos

                  Dentro-fora                   Máis que- menos que

                   Arredor                       Cheo -baleiro

                 Diante-Detrás                 Tantos como

                Un lado-Outro lado           Un máis

- Figuras Xeométricas:Círculo ,cadrado ,triángulo.

-Puzzles.

-Xogos de mesa:Oca,Uno....

-Plastilina.

-Xogo simbólico:casiñas,médicos,coches....

-Construccións.

En Inglés traballar as cancións que mandou a profe o comezo do curso.

Vémonos pronto,mentras,a aprender xogando

Xogos de sopro

Propoñemos dende a aula de Audición e linguaxe un xogo de sopro que podedes facer vós mesmos dende a casa.

(Recollido da páxina: http://logoptando.blogspot.com/2017/02/juegos-de-soplo.html

Precisaremos:

  • Palliña
  • Vaso de cartón ou plástico
  • Guante
  • Rotulador para decorar

A continuación amosamos en imaxes como funciona o experimento.

             

Actividades para Educación Infantil: 4 e 5 anos

Bos días, 

Neste documento que se adxunta, aparecen as actividades a realizar durante a corentena todas as xuntas para facilitarvos a súa visualización. Ademais destas, a mestra de inglés recórdavos que vexades as cancións que se traballan na aula para practicar inglés.

 

Mencionarvos tamén a importancia de establecer unha rutina diaria. Un exemplo de organización de rutinas é:

9.00 Levantámonos

10.00 Traballo da escola

11.30 Merendamos (froita)

12.00 Limpeza

13.00 Comida

14.00 Descanso

15.00 Manualidade

16.00 Actividade física

17.00 Merenda

18.00 Xogo libre

19.00 Recoller /cociñar

20.00 Baño

21.00 Cea e a durmir

 

Finalmente e, como actividades relaxantes moi importantes nestes días, están as de ioga, as cales facemos todos os días na aula. Para poder velas, buscades en YouTube YOGIC e xa aparecen varios vídeos. Algúns deles son:

https://www.youtube.com/watch?v=MI1S5rM0ou0

https://www.youtube.com/watch?v=sIbdc-lNXjU

https://www.youtube.com/watch?v=LmzfT6Gv4fo

Distribuir contido


by Dr. Radut