Skip to Content

Proposta de contos para Educación Infantil: 5º e 6º

Bos días,

Hoxe a proposta que vos fago é sobre diferentes contos que lles podedes ler aos nenos/as se os tendes en formato libro ou visualizar a través de YouTube:

 

Cocorico. A través del, podemos traballar tamén a alimentación, destacando a importancia de que sexa variada, equilibrada e saudable. Ademais, danos pé a elaboración dun biscoito en familia fixándonos nos ingredientes, cantidades, pasos a realizar,…

https://www.youtube.com/watch?v=VtyHS-t-laM

 

Mariluz avestruz. Con este conto, desenvolvemos a temática dos animais fixándonos nas súas características.

https://www.youtube.com/watch?v=iBtUNd4DTbg

 

A casa da mosca chosca. Neste conto, os protagonistas tamén son os animais, podendo falar deles, pero tamén se incorporan os números ordinais, pois trátase dun conto acumulativo.

https://www.youtube.com/watch?v=CfzEpFwj1_E

 

Paco papán. Coa lectura da súa historia, podemos traballar os días da semana, os oficios,…

https://www.youtube.com/watch?v=X8Bl9HY55sk

 

Elmer. Trátase dun conto onde se mostra a importancia da diversidade e de que é positivo ser todos diferentes.

https://www.youtube.com/watch?v=T3u0AoA-E-s

 

Por cuatro esquinitas de nada. A través do seu argumento, desenvolvemos valores como a diversidade.

https://www.youtube.com/watch?v=DBjka_zQBdQ

 

Corre, corre, cabaciña. Este conto preséntovolo porque lles encanta aos pequenos/as.

https://www.youtube.com/watch?v=Z5Dc0oAxIls

 

Daniela pirata. Coa historia de Daniela, traballamos a igualdade entre homes e mulleres, tan importante logo de conmemorar o 8 de marzo.

https://www.youtube.com/watch?v=iMJVWcLJcTs&t=138s

 

¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? Co argumento deste conto, seguimos traballando a igualdade, eliminando actos discriminatorios como a cor a usar segundo o xénero, actividades estereotipadas,…

https://www.youtube.com/watch?v=e-dPVYwrHyk

 

A vaca que puxo un ovo. Con este conto, podemos traballar tamén o tipo de reprodución dos animais: ovíparos e vivíparos.

https://www.youtube.com/watch?v=qhVefk9RKps

 

Outros contos que son moi interesantes de ler son:

Once damas atrevidas

Que llega el lobo!

A montaña de libros máis alta do mundo

La cosa que más duele en el mundo

A noite das mudanzas

Rosa Caramelo

 

Espero que vos gusten!

Un saúdo!

 



page | by Dr. Radut