Skip to Content

Cursos e grupos, Ed. Infantil, 1º A, 2º , 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso A, EI 3 anos, EI 4 anos, EI 5 anos, Programacións, EI , Sexto B

Horarios

HORARIOS CURSO 2022-2023 (EN ELABORACIÓN)

4º E. INFANTIL 5º E. INFANTIL
6º E. INFANTIL  
1º E. PRIMARIA 2º E. PRIMARIA
3º E. PRIMARIA 4º E. PRIMARIA
5º E. PRIMARIA  6º E. PRIMARIA
Educación Física Inglés
Música

Relixión/Valores/

Proxecto comp.

Plástica  

 Proposta de Horarios pendente de aprobación por Inspección Educativa

SOCIAIS: LIÑA DO TEMPO

Imos comezar a estudar Sociais pola parte da historia

Observade   esta  "liña do tempo" coas etapas da historia.

 

HORARIO CURSO 2020- 2021

Ola chicos e chicas!

Este curso  xa non temos o blog do ano pasado. Agora imos utilizar a páxina web do cole para ir pondo cousiñas e máis adiante cando aprendamos , tamén usaremos  a aula virtual.

Vouvos por o horario porque este ano, máis que nunca, é importante que cada día levedes ao cole os libros e o material que necesitedes, a non poder compartir nada cos compañeiros e compañeiras.

Todos e todas debemos cumprir as normas do protocolo Covid para  ver se así evitamos un confinamento.

Ánimo e sorte!

 

 

 

DIVIDIMOS ENTRE DÚAS E ENTRE TRES CIFRAS

Espero que vos sirvan de axuda . Ánimo, todo é cuestión de práctica!


HORARIO 5º E.P. CURSO 2020-2021

 

Este curso temos que prestar especial atención ao horario. Xa sabedes que en previsión de posibles confinamentos temos que ter todo o material na casa, e só traeremos ao colexio o que precisemos cada día: libros, libretas, estoxo, ...

Recordade tamén que as normas para controlar a Covid impiden que podamos compartir material ou libros. Así que tedes que traer cada día todo o  que vaiades precisar. Eu estou segura que uns alumnos e alumnas tan competentes e responsables coma vós non han ter problema en preparar cada tarde a mochila con todo o necesario para o día seguinte. A que non?  Ánimo, valentes, que a vós non hai desafío que se vos reista! Guiño

 

BENVIDAS FAMILIAS!

Esta primeira entrada do curso académico 2020/2021 ten como finalidade darvos a benvida a todos e a todas! Seguramente este ano sexa un pouco estraño e con confusións nalgún momento, pero intentarei facelo o mellor posible. Ademais, os pequenos/as seguro que se adaptan mellor ca nós, como o están a demostrar estes primeiros días!

A continuación, preséntovos o horario de aula, o cal é o seguinte:

Finalmente, comentarvos que aínda que vos dei en papel o protocolo COVID-19 adaptado a nosa aula, así como algunhas pautas para o transcorrer do curso, adxúntovolo tamén nesta entrada.

 

UN SAÚDO ENORME! 

HORARIO 3ºEP

Lembrade que todas as tarde debedes preparar a mochila cos materiais do día seguinte! Recordade...libro e libreta das materias que toquen.

Por se algún día tedes dúbidas déixovos recollido o que necesitamos neste primeiro trimestre:

MATEMÁTICAS: libreta de cadros e libro 3.3

LINGUA: libreta de raias e libro do primeiro trimestre

LENGUA: libreta de raias e libro do primeiro trimestre

CIENCIAS SOCIAIS e CIENCIAS DA NATUREZA: libreta de cadros e libro

 

 

MATERIAL E HORARIO PARA 6º B - Curso 2020 /2021

Déixovos aquí o horario (aínda pode sufrir algunha modificación) e a lista de material para este curso.

 

Lista de material:

  • PLÁSTICA: lápis, goma,cores (de cera ou de lápis), caderno de debuxo (aproveitamos o do curso pasado), tesoiras e pegamento.
  • MÚSICA:lápis, goma,cores (de cera ou de lápis), tesoiras e pegamento, libreta pentagramada grande (tamaño A4), carpeta de cartón/plástico (tamaño A4), frauta escolar. (A libreta , a frauta e a carpeta valen as do curso pasado)
  • INGLÉS: bolígrafo, lápis, goma,cores (de cera ou de lápis), tesoiras e pegamento, carpeta e libreta (valen as do curso pasado).
  • RELIXIÓN: carpeta e libreta (valen as do curso pasado).
  • TITORÍA: bolígrafo azul e vermello, lápis, goma,cores (de cera ou de lápis), tesoiras e pegamento, arquivador (o do curso pasado), fundas plásticas taladradas, recambio de follas para o arquivador (se xa estaban agotadas), paquete de 500 follas tamaño A4 marca NAVIGATOR  (non é necesario que merquedes un cada un. Podedes mercar un paquete entre dúas ous tres persoas). Non imos usar libretas.

Como vedes usaremos O QUE TEMOS DO ANO PASADO, e cando necesitemos algo novo, pois xa o mercaremos. Xa vedes que o material de uso diario (boli,lápis,goma,cores, tesoira, pegamento.... é común para todas as materias)

 

Os carnosáns

        •    Os carnosáns, comen froita rica e sá

RUTINA SAUDABLE

Aínda que estemos en cuarentena debemos levar unha rutina hixiénica.

 

Aquí veredes uns pasos hixiénicos imprescindibles para esta cuarentena:

 

  • Lavar as mans frecuentemente, isto é moi importante xa que hai un virus tan perigoso.

     

  • Lavar os dentes tres veces ao día para manter unha boa hixiene.

     

  • Tomar moitas verduras e cinco pezas de froita ao día para ser uns bós carnosáns.

     

  • Facer moito deporte, mínimo media hora ao día, a poder ser ao aire libre, podemos xogar ao fútbol, correr, etc, pero sempre antes disto estirar un pouco.

  • Tomar un pouco o sol, xa que aporta enerxía e o corpo produce vitamina D cando se expón á luz do sol.

     

  • Durmir entre oito e dez horas para estar preparados para un longo día.

     

  • Para entreternos un pouco, estar actualizados e adquirir máis coñecementos leemos algún libro, revista, reportaxe...

  • E por último manter unha atitude positiva, polo tanto a sorrir. Guiño

 

Taller Creativo de 6º. Traballos do alumnado.

Esta páxina é unha fiestra para os traballos do Taller Creativo de 6º. 

Iremos poñendo ao comezo os links aos vosos traballos. Avisade de que xa está rematado para facelo.

A idea era ser capaces de facelo por equipos e despois na aula de informática subilos os propios equipos á páxina web, polo que sería cuestión de crear catro usuarios, un por equipo e cunha breve explicación subilo.

De tódolos xeitos, aínda estamos a tempo de intentalo pero individualmente. 

Agora vai un manual en pdf de como facelo.(Clica para descargar).

De seguido, un video, que tedes que perdoar a calidade, pero doutra maneira "pesa moito". Non se ven as xanelas emerxentes para insertar imaxe, pero o tedes todo no manual en pdf.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarnota/system/files/Titorial%20crear%20p%C3%A1xina%20alumnado%20web.mp4

 

 

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

2 de abril: Día do autismo

A pesares do confinamento, coa colaboración do noso alumnado dende as súas casas elaboramos o seguinte video para o Día Internacional do Autismo
 
 

CADERNO ACTIVIDADES "LA CALESA"

A Editorial La Calesa pon a vosa disposición un caderniño (está en castelán)  con actividades de ortografía, comprensión lectora, expresión escrita, matemáticas e cálculo.

Clicade na imaxe para velo ou descargalo.

Distribuir contido


by Dr. Radut