Skip to Content

Orientación

CONTOS PARA FACILITAR A ADAPTACIÓN Á ESCOLA

O momento de ir á escola por primeira vez pode ser tan emocionante como estresante, tanto para os nenos e nenas como para os papás e mamás. Dende a Biblioteca e o Departamento de Orientación, preparamos unha selección de contos pensados para facilitar un pouco ese gran paso do comezo da escola ou da reincorporación despois dun periodo vacacional longo como é o verán. Serán un pequeno aliciente á hora de afrontar os primeiros días de clase e facilitarán a adaptación.

 

 

 

 

CONCURSO-EXPOSICIÓN LOGOS E LEMA 25N

Deixámosvos aquí a información sobre o Concurso-Exposición de logos e lemas do Día Internacional da eliminación da violencia contra mulleres e nenas así como recursos e vídeos relacionados con esta conmemoración.

Ademais animámosvos a vir cunha prenda ou cunha parte visible do corpo pintada de laranxa (iniciativa proposta pola ONU) porque a cor laranxa simboliza un mundo mellor e libre de violencia. (Clicade na imaxe)

 

 

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

O próximo domingo, día 20 de novembro, cellébrase o Día Universal da Infancia.

Dende o departamento de orientación elaborouse este tríptico onde se nos recorda o importante que é esta etapa así como os dereitos e obrigas que, como calquera persoa, teñen os nenos e as nenas. (Picar na imaxe)

Pautas para previr condutas agresivas

Moitas veces observamos nos nenos e nenas condutas con máis o menos resposta agresiva. O control das emocións é algo que se vai aprendendo coa idade, pero é importante ensinar aos nenos e nenas pautas para xestionar as emocións e evitar as reaccións agresivas.

Desde o Departamento de Orientación creamos un pequeno manual para orientanos sobre como recoñecer e actuar ante este tipo de condutas que cremos pode ser de utilidade para as familias.

Podedes descargalo clicando neste texto

Actividades conmemorativas do 8M, Día Internacional da Muller

Ao longo da primeira quincena do marzo, levamos a cabo diferentes actividades para reflexionar sobre as condicións de vida e traballo en relación co xénero e desenvolver competencias para adoptar formas de relacionarse en condicións de igualdade. Destacamos algunhas delas:

Receitas pola igualdade:

· Un puñado de nenas e nenos.

· Saber compartir.

· Cubrir cunha capa de igualdade de oportunidades.

· Misturar todo o lume baixo e deixar que se faga.

Despois de reflexionar con diferentes dinámicas en primeira persoa sobre como, a pesar de que temos moi clara a igualdade formal, existen aínda desigualdades manifestas tanto a nivel laboral como familiar, elaboramos todo un receitario de sinxelas receitas para a igualdade.

Obradoiros de regulación emocional con perspectiva de xénero:

Da man de Aquelar Psicoloxía e Educación e co financiamento do Departamento de Servizos Sociais do concello de Carnota, o alumnado traballou en diferentes estratexias de regulación emocional. O traballo partiu da lectura de contos a partir dos cales xurdiu a reflexión sobre como nos sentimos en diferentes situacións e reaccionamos antes esas emocións e a posta en prácticas de novas ferramentas de xestión emocional. Na aula quedaron algunhas destas ferramentas para o seu uso no día a día, coma o ioga da calma ou a caixa dos medos e inseguridades.

Expresamos as nosas emocións.   O ioga da calma  A caixa dos medos e inseguridades.

Así relatou a experiencia o alumnado de 5º de primaria dentro do blog de aula (elaborado no marco do proxecto Edixgal):

Slogans contra a guerra

Dende o CEIP de Carnota sumámonos na xornada do mércores 9 de marzo á convocatoria feita dende o Concello en mostra de solidariedade co pobo de Ucraína e de rexeitamento á invasión do país. No centro gardamos un minuto de silencio contra a guerra en cada aula e o alumnado elaborou diferentes carteis con lemas contra a guerra que serán expostos publicamente no concello nos vindeiros días e podedes ver na presentación que se achega.

 

Guías de lectura e de xoguetes educativos

Nesta época de agasallos, os equipos de Biblioteca e Orientación elaboraron os seguintes trípticos con recomendacións de lecturas e xoguetes educativos por idades. Agardamos sexan do voso interese.

Baixo o mesmo paraugas. Día Internacional das Persoas con discapacidade

No Mundial das Persoas con Discapacidade, sumámonos, con preto de 90 entidades sociais de toda Galicia, cos nosos paraugas, á acción simbólica convocada para reivindicar unha sociedade máis xunta e igualitaria para todas as persoas.

 

#BaixoOMesmoParaugas#ParaugasPolaDiscapacidade

Programación de actividades en torno ao 25N, día internacional para a Eliminación da violencia contra a muller

Como cada curso en torno ao 25 de Novembro, día internacional para a Eliminación da violencia contra a muller, o centro levará a cabo en tódolos niveis educativos actuacións de prevención e sensibilización en torno a esta temática. Deixámosvos un pequeno resumen da programación para o curso 21-22:

Educación infantil:

- Rompendo estereotipos. Actividades de reflexión e ruptura dos roles e estereotipos de xénero vixentes, empregando como núcleo temático o conto Iriña Bailarina. O colofón porao a representación para todo o alumnado da etapa da versión teatralizada da historia de Iriña por parte de Teatro Ghazafelhos. Unha experiencia única, cun elenco teatral de excepción, que chega da man da Federación Provicinal de Anpas, co inestimable apoio económico e de xestión da ANPA do colexio.

 

Portada Iriña Bailarina Ghazafelhos

Educación primaria:

- Talleres pola igualdade. Talleres de deconstrución de roles de xénero e modelos de relación tradicionais e de promoción de de novos roles de identidade e modelos de relación igualitarios. Os talleres son deseñados e impartidos a través dunha colaboración entre o Departamento de Orientación e a entidade Aquelar Psicoloxía e Educación, promovidos e financiados polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Carnota.

- Slogans pola igualdade. Durante a realización dos talleres, iranse recollendo aportacións do alumnado que conviden á reflexión con perspectiva de xénero. Co financiamento do concello, imprimiranse en vinilos e colocaranse no frontal dos chanzos das escaleiras de acceso ás aulas e no rodapé da rampa de acceso á biblioteca.

- Scape Room para traballar en igualdade de xeito cooperativo. As aulas do 2º e 3º ciclo participarán nun Scape Room de prevención da violencia de xénero, organizado polo Departamento de Orientación a partir dos materiais fornecidos pola campaña De Fronte da Deputación, á que o centro está adherido.

Logo De Fronte

Intervencións de centro:

- Canción contra a violencia de xénero, composta e ensaiada dende a área de Educación Musical a partir do lema oficial do 25N.

- Exposición temática da biblioteca no corredor do centro.

- Reparto de materiais de sensibilización da campaña De Fronte da Deputación entre o alumnado.

Mensaxes pola Igualdade, 8M

Presentámosvos estas “chulísimas” chapas, que reproducen unha selección dos mellores slogans pola igualdade elaborados polo alumnado das aulas de 5º e 6º para a conmemoración do 8M. A tiraxe foi realizada coa colaboración da Concellería de servizos sociais, igualdade, benestar, xuventude e infancia do Concello de Carnota. Alumnado e equipo docente recibirán cadansúa chapa coa que espallar as mensaxes pola igualdade.

 

 

 

ADEUS COLE!, OLA INSTITUTO!

Este curso non puidemos realizar a visita ao IES Lamas de Castelo para coñecer as instalacións,  coñecer ao  profesorado, que compañeiros e compañeiras nos expliquen un pouco máis do instituto... e tomar un tentempé na cafetería, que é o que adoita facernos máis ilusión..... Este ano a visita é virtual.... Dende o Departamento de orientación do IES achégannos esta presentación que de sEguro che aclara moitas dúbidas. Sorte na nova etapa!!! Imos botarvos moito de menos.

Pincha no adxunto para vela.

Para reflexionar en familia

O 17 de maio, ademais do día das letras galegas é o día internacional contra a homofobia, transfobia e bifobia. Por que esa data? Para conmemorar a eliminación da homosexualidade da lista de enfermidades mentais por parte da asemlea xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), que tivo lugar o 17 de maio de 1990. 

No adxunto  tedes unha selección de curtametraxes que abordan a realidade da transexualidade na infancia. Recomendámosvos o seu visionado e reflexión en familia. 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut