Skip to Content

Programación de actividades en torno ao 25N, día internacional para a Eliminación da violencia contra a muller

Como cada curso en torno ao 25 de Novembro, día internacional para a Eliminación da violencia contra a muller, o centro levará a cabo en tódolos niveis educativos actuacións de prevención e sensibilización en torno a esta temática. Deixámosvos un pequeno resumen da programación para o curso 21-22:

Educación infantil:

- Rompendo estereotipos. Actividades de reflexión e ruptura dos roles e estereotipos de xénero vixentes, empregando como núcleo temático o conto Iriña Bailarina. O colofón porao a representación para todo o alumnado da etapa da versión teatralizada da historia de Iriña por parte de Teatro Ghazafelhos. Unha experiencia única, cun elenco teatral de excepción, que chega da man da Federación Provicinal de Anpas, co inestimable apoio económico e de xestión da ANPA do colexio.

 

Portada Iriña Bailarina Ghazafelhos

Educación primaria:

- Talleres pola igualdade. Talleres de deconstrución de roles de xénero e modelos de relación tradicionais e de promoción de de novos roles de identidade e modelos de relación igualitarios. Os talleres son deseñados e impartidos a través dunha colaboración entre o Departamento de Orientación e a entidade Aquelar Psicoloxía e Educación, promovidos e financiados polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Carnota.

- Slogans pola igualdade. Durante a realización dos talleres, iranse recollendo aportacións do alumnado que conviden á reflexión con perspectiva de xénero. Co financiamento do concello, imprimiranse en vinilos e colocaranse no frontal dos chanzos das escaleiras de acceso ás aulas e no rodapé da rampa de acceso á biblioteca.

- Scape Room para traballar en igualdade de xeito cooperativo. As aulas do 2º e 3º ciclo participarán nun Scape Room de prevención da violencia de xénero, organizado polo Departamento de Orientación a partir dos materiais fornecidos pola campaña De Fronte da Deputación, á que o centro está adherido.

Logo De Fronte

Intervencións de centro:

- Canción contra a violencia de xénero, composta e ensaiada dende a área de Educación Musical a partir do lema oficial do 25N.

- Exposición temática da biblioteca no corredor do centro.

- Reparto de materiais de sensibilización da campaña De Fronte da Deputación entre o alumnado.



page | by Dr. Radut