Skip to Content

Actividades conmemorativas do 8M, Día Internacional da Muller

Ao longo da primeira quincena do marzo, levamos a cabo diferentes actividades para reflexionar sobre as condicións de vida e traballo en relación co xénero e desenvolver competencias para adoptar formas de relacionarse en condicións de igualdade. Destacamos algunhas delas:

Receitas pola igualdade:

· Un puñado de nenas e nenos.

· Saber compartir.

· Cubrir cunha capa de igualdade de oportunidades.

· Misturar todo o lume baixo e deixar que se faga.

Despois de reflexionar con diferentes dinámicas en primeira persoa sobre como, a pesar de que temos moi clara a igualdade formal, existen aínda desigualdades manifestas tanto a nivel laboral como familiar, elaboramos todo un receitario de sinxelas receitas para a igualdade.

Obradoiros de regulación emocional con perspectiva de xénero:

Da man de Aquelar Psicoloxía e Educación e co financiamento do Departamento de Servizos Sociais do concello de Carnota, o alumnado traballou en diferentes estratexias de regulación emocional. O traballo partiu da lectura de contos a partir dos cales xurdiu a reflexión sobre como nos sentimos en diferentes situacións e reaccionamos antes esas emocións e a posta en prácticas de novas ferramentas de xestión emocional. Na aula quedaron algunhas destas ferramentas para o seu uso no día a día, coma o ioga da calma ou a caixa dos medos e inseguridades.

Expresamos as nosas emocións.   O ioga da calma  A caixa dos medos e inseguridades.

Así relatou a experiencia o alumnado de 5º de primaria dentro do blog de aula (elaborado no marco do proxecto Edixgal):



page | by Dr. Radut